Innokentii Smoktunovskii
Innokenty Mikhaylovich Smoktunovsky (en ruso: Иннокентий Михайлович Смоктуновский) nado co apelido Smoktunovich en Tatyanovska o 28 de marzo de 1925 e finado en Moscova o 3 de agosto de 1994, foi un actor soviético, aclamado como o "rei dos actores soviéticos". Foi nomeado Artista do Pobo da URSS en 1974 e Heroe do Traballo Socialista en 1990.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ru) Иннокентий Михайлович Смоктуновский ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ru) Иннокентий Михайлович Смоктунович ![]() 28 de marzo de 1925 ![]() Tatyanovka, Rusia (en) ![]() ![]() |
Morte | 3 de agosto de 1994 ![]() Kubinka, Rusia (en) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética Rusia ![]() |
Educación | Pushkin Drama Theatre (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor , actor de teatro , actor de cinema ![]() |
Período de actividade | 1946 ![]() ![]() |
Empregador | Tovstonogov Bolshoi Drama Theater (en) ![]() Teatro de Arte de Moscou (pt) ![]() Norilsk Polar Drama Theater named after Vladimir Mayakovsky (en) ![]() Chekhov Moscow Art Theatre (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua rusa ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Unión Soviética ![]() |
Conflito | Fronte Oriental (segunda guerra mundial) ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarSmoktunovskii naceu nunha vila de Siberia nunha familia de campesiños de orixe belarusa.[1] Rumoreouse que proviña dunha familia polaca, mesmo nobre,[2] mais o propio actor desaprobou esas teoría afirmando que a súa familia era belarusa e non nobre.[1] Serviu no exército soviético durante a segunda guerra mundial. En 1946, uniuse a unha compañía de teatro en Krasnoyarsk, e despois marchou a Moscova. En 1957, foi convidado por Georgy Tovstonogov para unirse ao teatro Bolshoi de Leningrado, onde abraiou o público coa súa dramática interpretación do príncipe en O idiota, de Dostoyevski. Un dos seus mellores papeis foi o protagonista de Tsar Fyodor Ioannovich de Aleksey Konstantinovich Tolstoy (Teatro Maly, 1973).
Carreira
editarA súa carreira no cinema foi lanzada polo filme de Mikhail Romm Девять дней одного года (1962). En 1964, foi escollido para o papel de Hamlet na versión cinematográfica de Grigori Kozintsev da obra de Shakespeare, que recibiu eloxios de Laurence Olivier ademais do premio Lenin. Moitos críticos ingleses mesmo consideran o Hamlet de Smoktunovskii por riba do de Olivier, nun momento no que o de Olivier se consideraba o definitivo. Smoktunovskii creou un retrato integral heroico, que mesturaba o que anteriormente parecía incompatible, a simplicidade masculina e a aristocracia exquisita, bondade e sarcasmo cáustico, unha mentalidade burlona e o autosacrificio.
Smoktunovskii fíxose máis célebre para o gran público como Yuri Detochkin na sátira de detectives de Eldar Ryazanov Beregis Avtomobilya (1966), que revelou os importantes dotes cómicos do actor. Máis adiante, interpretou a Petr Ilich Chaikovskii no filme Chaikovskii (1969), a Dyadya Vanya na versión de Andrei Konchalovsky da obra de 1970, o narrador de Zerkalo de Andrei Tarkovsky, o home vello en On Thursday and Never Again (1977), de Anatoly Efros e a Salieri na miniserie Маленькие трагедии (1979) de Mikhail Schweitzer baseada nas obras de Aleksandr Pushkin.
En 1990, Smoktunovskii gañou o premio Nika na categoría de mellor actor. Faleceu o mércores 3 de agosto de 1994 nun sanatorio, aos 69 anos.[3]
Epónimos
editarO planetoide 4926 Smoktunovskij foi bautizado na súa honra.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Dubrovsky, V. Ya. (2002) Иннокентий Смоктуновский. Жизнь и роли. B. M. Poyurovsky (ed.), Moscow: Iskusstvo. ISBN 5-210-01434-7.
- ↑ Герой Социалистического Труда Смоктуновский Иннокентий Михайлович :: Герои страны. Warheroes.ru. Consultado o 10 de maio de 2016.
- ↑ "I. Smoktunovsky, Russian Actor, 69". The New York Times. 4 de agosto de 1994. ISSN 0362-4331. Consultado o 1 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Innokentii Smoktunovskii |