Illote do Castelo

illote en Ponte Sampaio, Pontevedra

O illote do Castelo é unha illa galega situada na desembocadura do río Oitavén, na enseada de San Simón. Pertence á parroquia de Ponte Sampaio, do concello de Pontevedra. Localízase a escasos metros da costa, de xeito que durante a baixamar é posíbel a comunicación por terra co illote, nunha zona de baixos limosos, empregados adoito para o marisqueo.

Modelo:Xeografía físicaIllote do Castelo
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPontevedra, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPonte Sampaio Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°20′47″N 8°36′52″O / 42.346261, -8.614456
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata

A illa atópase deshabitada, e non se conserva ningún vestixio de construción agás un cruceiro e unha estatua, ambas as dúas do século XX. A vexetación é a mesma que a da costa galega, isto é, na súa meirande parte matogueiras, piñeiros e eucaliptos.

Etimoloxía

editar

Neste illote existiu unha pequena fortificación, o castelo de San Paio de Luto[1]. De aspecto circular, no punto máis elevado da illa apreciaríase unha estrutura cuadrangular que poderían formar os alicerces dun antigo castelo.

No século XVII o Padre Sarmiento teorizaba sobre a illa ao suxerir a posibilidade de que existise unha pequena construción defensiva para a protección de Ponte Sampaio.[2]

Galería de imaxes

editar
  1. Castellum Sancti Pelagii de Luto na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Alonso de Dios, Alberto. Galicia Máxica, ed. "Illote do Castelo". Consultado o 19 de maio de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar