Illa da Insuíña
illa na desembocadura do río Verdugo no concello de Pontevedra
A illa da Insuíña, tamén coñecida coma illa de Medal, é unha illa galega situada na marxe dereita da desembocadura do río Verdugo, na ría de Vigo. Está unida á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio por unha pequena ponte, e ten 3.810 m².
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Pontevedra, España | |||
Localización | Ponte Sampaio | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Superficie | 3.810 m² | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
2010 | Renovación | |||
A illa pertenceu ao pintor Antonio Medal, e no seu momento serviu de lugar de encontro para persoeiros como Asorey, Laxeiro, Castelao, Valle-Inclán, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas.
No ano 2007 a illa foi adquirida polo Ministerio de Medio Ambiente por 184.104 €, sendo restaurada e acondicionada.
Ten diversos elementos arquitectónicos. Está rodeada por un muro de pedra con ameas, e conta cun pombal, un hórreo, e unha pérgola, todo feito con granito do país.
Galería de imaxes
editar-
Vista desde o ferrocarril, 2010
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Ponte Sampaio recupera A Insuíña para goce público", artigo en La Voz de Galicia, 5 de marzo de 2010 (consultado o 5 de marzo de 2010).