Kanton
Atol Kanton
Datos
País Kiribati
Illa principal Kanton
Linguas
Poboación (2015) 20 hab.
Superficie 9´1 km²
Superficie lagoa 50 km²
Nº de illas 2
Coordenadas 02°48′38″S 171°40′32″O / -2.81056, -171.67556
Maior Altura
Localización
Localización do atol Kanton

Illa Kanton (tamén coñecida como Illa Canton ou Illa Abariringa) é a illa máis grande e máis ao norte do grupo de Illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. É un atol localizado no sur do océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Fidxi. A illa ten unha lonxitude de 33 km. A illa deshabitada de Enderbury é a máis próxima a Kanton, cunha distancia entre elas de 63 km. A capital de Kiribati, Tarawa, atópase a 1765 km de distancia. No censo do ano 2005, rexistrouse unha poboación de 41 persoas.

Proxección orográfica centrada na Illa Kanton

Historia e características editar

Kanton foi descuberta varias veces por barcos baleeiros estadounidenses; dos cales o primeiro foi anterior a 1820. Na década de 1850, Gran Bretaña reclamou a súa soberanía sobre a illa. Kanton recibiu o nome do navío baleeiro "Canton", o cal ancorou na illa o 4 de marzo de 1854.

O reclamo oficial británico comezou o 6 de agosto de 1936. Realizáronse visitas anuais á illa, e o 31 de agosto de 1937 emprazáronse 2 estacións de radio.

O 8 de xullo de 1937, Kanton foi o sitio dun eclipse solar total, e a illa foi ocupada por un breve período de tempo por científicos estadounidenses e neozelandeses, membros dunha expedición da National Geographic Society. O líder desta expedición foi o astrónomo Samuel Alfred Mitchell.

A pesar do reclamo británico, sete estadounidenses desembarcaron na illa o 7 de marzo de 1938. Ambas as nacións continuaron a ocupación da illa ata abril de 1939, cando Washington e Londres acordaron unha ocupación conxunta por outros 50 anos, conformando o condominio internacional das illas Kanton e Enderbury.

A aeroliña internacional estadounidense Pan American World Airways chegou á illa o 18 de maio de 1939 para construír instalacións para voos a Nova Zelandia. Este servizo comezou o 12 de xullo de 1940 co hidroavión Boeing 314 Clipper. O 4 de decembro de 1941, realizouse o primeiro e último voo civil antes da guerra con destino a Nova Caledonia.

Durante a segunda guerra mundial, a mariña dos Estados Unidos construíu unha pista de aterraxe no lugar; así, Kanton converteuse en punto de escala para o Servizo de Transporte Aéreo da Mariña entre Australia e Nova Zelandia. Tamén se utilizou como punto de ataque ás Illas Gilbert, ocupadas polo Xapón.

Logo da guerra, en novembro de 1946, Pan Am restableceu os servizos de voo entre Australia e Nova Zelandia vía Kanton con avións Douglas DC-4. O servizo continuou ata 1958, cando o DC-4 foi substituído polo Douglas DC-7C.

En 1960, unha estación de seguimento foi construída para o proxecto Mercurio. Foi utilizada durante novembro de 1965. O abandono pola NASA da illa fixo que se convertese nunha cidade pantasma. O aeroporto foi deixado a mans dun encargado, para que puidese ser utilizado en urxencias. 1968 marcou o final da presenza estadounidense na illa, o aeródromo foi abandonado e o encargado foi retirado. Os británicos tamén finalizaron a súa presenza, pechando a súa oficina de correos.

Tras a independencia e recoñecemento da soberanía de Kiribati, a oficina de correos foi reaberta, coa recolocación dunhas poucas persoas dos atois máis poboados das Illas Gilbert na illa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar