Enderbury
Atol Enderbury
Datos
País Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 5´1 km²
Superficie lagoa 0´6 km²
Nº de illas 1
Coordenadas 3°8′S 171°5′O / -3.133, -171.083
Maior Altura 4 m.
Localización
Localización do atol Enderbury

A illa Enderbury é un atol pequeno e deshabitado situado a 63 km ESE da illa Kanton no océano Pacífico central. Forma parte do conxunto de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati.

Mide 1,6 km de ancho e 4,8 km de longo, cun arrecife que se estende cara a fóra entre 60 e 200 metros. A illa é plana e espida, con arbustos baixos e uns poucos grupos de árbores. A diferenza doutros atois, existe unha soa lagoa, a maior parte do atol é terra.

Historia editar

A illa foi descuberta en 1823 por unha expedición baleeira, e recibiu o seu nome (cun erro ortográfico) en honra a Samuel Enderby, dono dunha compañía baleeira británica. O primeiro interese en Enderbury foi en 1860, debido ao descubrimento dunha mina de guano. O Acta de Illas Guaneras de 1856 permitiu aos estadounidenses reclamar as illas con depósitos de guano; Enderbury foi unha delas.

Ao comezo, a extracción de guano foi un proceso lento, aínda que en 1870 alcanzou o seu punto máis alto, debido a que a Compañía Fénix de Guano tomou cartas no asunto. En 64 días, extraian e exportaban 6000 toneladas de guano. Os estadounidenses deixaron a illa en 1877, a cal foi ocupada na década de 1880 por unha empresa británica de guano, aínda que a produción foi máis pobre que a anterior.

Moi pouco ocorreu en Enderbury ata 1938, cando o presidente de Estados Unidos, Franklin Roosevelt, declarou as illas preto de Kanton, Enderbury inclusive, xurisdicións do Departamento do Interior dos Estados Unidos.

Estas illas foron consideradas como bos puntos estratéxicos para paradas de voos da aeroliña Pan Am entre Australia e Nova Zelandia, aínda que Enderbury nunca foi utilizada con este propósito. Reino Unido tamén reclamou as illas, e en 1939, asinouse un trato que establecía que as illas ían ser compartidas polos Estados Unidos e o Reino Unido nun condominio.

En 1938, catro colonos establecéronse na illa, para apoiar o dereito de soberanía sobre a illa que reclamaba os Estados Unidos, pero foron evacuados en 1942 durante a segunda guerra mundial. Todas as construcións das illas foron destruídas para previr que fosen utilizadas polos xaponeses.

Enderbury é o fogar de diversas especies de aves mariñas.

Galería de imaxes editar