Igor Diakonoff

Igor Mikhailovich Diakonoff (en ruso И́горь Миха́йлович Дья́конов), nado en Petrogrado o 12 de xaneiro de 1915 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1999, foi un lingüista e asiriólogo ruso.

Igor Diakonoff
Nacemento30 de decembro de 1914
 San Petersburgo
Falecemento2 de maio de 1999
 San Petersburgo
SoterradoBogoslovskoe cemetery
NacionalidadeImperio Ruso, República Socialista Soviética Federativa de Rusia, Unión Soviética e Rusia
Alma máterFaculty of Philology of Saint Petersburg State University
Ocupaciónlingüista, historiador, armenologist e tradutor
PremiosOrde da Estrela Vermella
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun empleado de banca e dunha doutora. De 1922 a 1929 a súa familia vivíu na cidade de Oslo onde se forma como bacharel en noruego. A familia de Diakonoff consta cunha enorme notoriedade no campo académico, seu irmán Mikhail Dyakonoff, foi unha autoridade en estudos iraníes, a súa sobriña Elena Dyakonova é tradutora de xaponés antigo. A súa muller Nina Dyakonova historiadora e crítica do romanticismo inglés de comezos do século XIX, ou os seus fillos Mikhail Igorevich Dyakonov, laureado doutor en física e matemáticas pola URSS e Dmitry Igorevich Dyakonov, doutor en física e cabeza do programa de física teórica en altas enerxías.

TeoríaEditar

Na facultade de Historia de Leningrado ingresa no grupo de asirioloxía do profesor A.P.Riftin. Traballa facendo inventario da colección de Nikolay Likhachyov de táboas en escritura cuneiforme, chegando a memorizalas e clasificándoas por tipos e xéneros. Doutórase en relacións da rexión de Asiria. No 1944 é alistado na guerra contra os alemáns, liderando un comando de liberación en Kirkenes grazas ao seu bilingüísmo. De volta ao rexime civil no 1946 comeza a traballar no libro O desarrollo das relacións territorias en Asiria [Развитие земельных отношений в Ассирии] (Leningrad 1949)

Nas décadas posteriores concéntrase nunha tarefa de longa duración, descifrar e editar os documentos das Fortalezas Partas de Nisa. Traballo comezado na década do 1940 xunto con V.A.Livshits e o seu irmán máis vello, M.M.Diakonoff. A tarefa levalles máis de vinte anos (o primeiro paper foi publicado no ano 1951) e, en 1970, estréase a extensa edición do Corpus Inscriptionum Iranicarum, Pt. I-III, Vol. II. Parthian Economic Texts from Nisa. Ed. D.N. MacKenzie. L., Lund Humphries, 1979. Tralo decifrado os editores adoptan e publican o consenso de que o texto está escrito en idioma parto con heterogramas arameos.

En paralelo, Diakonoff , publica Historia de Media desde os primeiros tempos até o século 4º A.C. [История Мидии от древнейших времен до конца IV в. до н. э.] (Moscow—Leningrad 1956). Traballo no que consultou e decifrou documentos do persa antigo.[1]

Bibliografía

  • 1946. The Development of Land Relations in Assyria [Развитие земельных отношений в Ассирии] (Leningrad 1949)
  • 1965. Semito-Hamitic Languages. Moscow: Nauka.
  • 1984. A estratificación social da sociedade antiga. Ed. Naovka. Moscú.
  • 1984. Traballo conxunto con V.P. Neroznak. Phrygian. Delmar, New York: Caravan Books.
  • 1985. "On the original home of the speakers of Indo-European." Journal of Indo-European Studies 13, pp. 92–174.
  • 1986. Traballo conxunto con Sergei A. Starostin. Hurro-Urartian as an Eastern Caucasian Language. Munich: R. Kitzinger.
  • 1988. Afrasian Languages. Moscow: Nauka.
  • 1992. Traballo conxunto con Olga Stolbova e Alexander Militarev. Proto-Afrasian and Old Akkadian: A Study in Historical Phonetics. Princeton: Institute of Semitic Studies.
  • 1995. Archaic Myths of the Orient and the Occident. Acta universitatis gothoburgensis.
  • 1999. The Paths of History. Cambridge: Cambridge University Press.

NotasEditar