Orde da Estrela Vermella

A 'Orde da Estrela Vermella (Орден Красная Звезды) foi unha condecoración da Unión Soviética outorgada a persoal do Exército Vermello, creada o 6 de abril de 1930 en recoñecemento do valor na batalla e polos éxitos na defensa da Patria en tempos de guerra e paz, na seguridade do Estado, a promoción e o desenvolvemento da ciecia militar.

Imaxe da estrela

Tamén foi concedida por ter cumprido un servizo prolongado.

Está formada por unha estrela de prata de 44 mm co interior esmaltado en vermello. No centro da estrela, hai unha medala de prata cun soldado que porta un rifle con baioneta e no reverso, a inscrición "Пролетарии всех стран соединяйтесь" (Proletarios do mundo, unídevos!) e "CCCP (URSS)" en caracteres cirílicos.

Entre as dúas puntas inferiores está o símbolo da fouce e martelo, tamén en prata.