Ignacio Martín Amaro

político galego e senador

Ignacio Juan Martín Amaro, nado en Alacant o 15 de agosto de 1944 e finado o 19 de decembro de 2021, foi un político galego de centro-dereita.

Infotaula de personaIgnacio Martín Amaro
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata
Alacant, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empregado de banca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Casou para Ourense e empezou a traballar como xefe de persoal na fábrica que Barreiros tiña no polígono de San Cibrao[1]. Despois marchou a Vigo, á Citroën, pero logo volveu a Ourense, onde traballou a parte máis importante da súa vida profesional como empregado de banca en Caixa Ourense.

Resultou escollido senador nas Xerais de 1982 na lista da coalición AP-Partido Demócrata Popular. Ao remate desa lexislatura non volveu concorrer a unha candidatura ao Senado nin tampouco ao Congreso dos Deputados, se ben mantivo unha traxectoria política, ao ocupar diversos cargos de xestión internos no PPdeG en Ourense. Nos conflitos que sacudiron o PP nesa provincia, Martín Amaro estaba considerado unha persoa baltarista[2]. En 2015 encabezou as listas do PPdeG nas eleccións ao concello de Parada de Sil, e foi elixido concelleiro, aínda que non alcalde. Despois estivo en Cidadáns, partido co que chegou a concorrer nas eleccións xerais de 2019 na candidatura ao senado.

Activo no asociacionismo veciñal de Ourense, nos anos 2004 e 2005 mantivo un contencioso público co concello de Ourense, daquela gobernado por PSdeG-PSOE e BNG, polas obras das termas de Outariz[3].

Vida persoal editar

Casado, con tres fillos, é afeccionado aos deportes de aventura[4] e pescador, onde chegou por exemplo a presidir o Club de Pesca de Baños de Molgas.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar