Igón, A Ribeira, Cervantes
Igón é un lugar da parroquia da Ribeira no concello lugués de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o IGE[1], en 2013 tiña cinco habitantes (tres homes e dúas mulleres). Compóñeno tres casas: casa da Castañeira, casa de Mourádigo e casa da Casoa.
Igón | |
---|---|
Parroquia | A Ribeira |
Concello | Cervantes |
Coordenadas | 42°54′54″N 7°03′26″O / 42.915036917509, -7.0571684725648Coordenadas: 42°54′54″N 7°03′26″O / 42.915036917509, -7.0571684725648 |
Poboación | 5 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarA orixe do topónimo da aldea de Igón puido ser villa Iconi, nome xermánico dun posible fundador chamado Ico ou Igo. Nun documento que provén do mosteiro de Penamaior, en Becerreá, o nome da aldea aparece escrito como Ygon no 1309 e noutro do mosteiro de Carracedo do Bierzo como Eygon no 1384.
Tendo en conta o anterior, a antigüidade da aldea de Igón poderíase situar entre os séculos V e VII, durante o reinado suevo ou visigodo. O engadido do H en Higón é moi posterior e sen base etimolóxica, sendo probablemente castelanizado confundido por Higo (Figo).[2][3]
Lugares e parroquias
editarLugares da Ribeira
editarLugares da parroquia da Ribeira no concello de Cervantes (Lugo) | |
---|---|
Cabana | Drada | Igón | Orbán | Padornelo | San Martín | Seimeira | Souto | Tarnas | Valgos | Vilartatín |
Parroquias de Cervantes
editarNotas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ "Arqueoloxia dos Ancares". Arqueoloxia dos Ancares.
- ↑ "Igón Cervantes". Igón Cervantes.