IES n°1 de Señorín

instituto público de secundaria en Señorín, O Carballiño

Coordenadas: 42°25′32″N 8°04′18″O / 42.4255443, -8.0715988


O IES nº 1 de Señorín é un centro público de ensino secundario da vila do Carballiño.

IES nº 1 de Señorín
Fachada principal do instituto
Enderezo
Señorín, O Carballiño
Datas
Inauguración1976
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
Xestión
Tipopúblico
TitularidadeXunta de Galicia
Na rede
Web

Historia editar

O 29 de marzo de 1969 o Pleno do Concello do Carballiño, presidido por Javier Perea, cedeu uns terreos de monte comunal da parroquia de Señorín, no monte da Pena ou da Moa, ao Ministerio de Educación e Ciencia. O 27 de xuño de 1976 o centro foi inaugurado polos reis de España Xoán Carlos e Sofía. Até entón, o alumnado debía desprazarse até Ourense ou Ribadavia para facer o ensino secundario. Ao longo a da historia do Instituto houbo varios intentos de cambiar o nome do Centro, pero nunca se deu chegado a un consenso.

No primeiro curso tivo arredor de 190 alumnos e alumnas, cifra que foi aumentando progresivamente ata chegar a contar a comezos da década de 1990 con máis de 850 alumnos. Desde entón a cifra foi minguando, até uns 300 alumnos aproximadamente. Chegou a haber, nalgúns casos, arredor de 40 alumnos por aula. Actualmente nas aulas hai unha media de 25 alumnos por aula.

Instalacións editar

Aulas de informática, aulas de tecnoloxía con sección de robótica e impresión 3D, unha biblioteca con máis de 14.000 volumes, aulas grandes con pantallas dixitais e proxector, pavillón de deportes e ximnasio así como cunha cafetería. Ao longo da súa historia foi sendo obxecto de distintas ampliacións e melloras. Existe tamén unha mellora a calefacción, o saneamento e a fontanería. Outra ampliación foi a zona para construír o pavillón de deportes.

Xunta directiva editar

José Antonio Barge, quen exerceu como Director durante 18 anos aproximadamente. Outros docentes que estiveron longo tempo no centro foron José Luis García (Cátedra de Lingua Castelá) , Gisleno Otero Nóvoa (Cátedra de Matemáticas) e Xulio Álvarez Crespo alias O Biólogo de Señorín (Bioloxía)

Actividades e proxectos editar

O centro contou con distintos equipos deportivos en distintas especialidades como fútbol, baloncesto, atletismo ou bádminton.

Ao longo da historia no centro publicáronse varias revistas escolares. Unha das primeiras foi a revista Avelaíña. En 1989 será cando se publique a revista Diseño, que á súa vez sería o antecedente da revista Portátil, da que se levan publicado máis de 35 números nos últimos 28 anos.

O alumnado participa en concursos de distinto tipo, algúns cun carácter interno e outros que teñen unha dimensión máis ampla. Alumnos e alumnas do Centro foron gañadores de concursos como o de Coca Cola, Concurso de Regueifas, Club de Debate[1]etc., todos eles a nivel autonómico. Os obxectivos que se perseguen, entre outros, son os de mellorar a capacidade creativa, a capacidade de improvisación ou a capacidade para pensar e razoar do alumnado.

Ao longo de cada curso organízanse actividades complementarias e extraescolares como: competicións deportivas para celebrar os magostos, festivais como o de Nadal, con actuacións de teatro, canto etc. Non faltan tampouco as excursións a distintos lugares de Galicia ou a lugares tan dispares como: Madrid, Granada, Roma, París etc. No IES leváronse a cabo moitos proxectos de todo tipo e relativos a diversos ámbitos. Un dos moitos proxectos de recoñecido prestixio constituíuno a “Aula da Natureza e da Experimentación”, pola que o Centro recibiu no ano 1992 o primeiro premio nacional á educación ambiental e defensa da natureza. O proxecto xiraba arredor de dous eixes fundamentais: a conservación do medio ambiente e a astronomía.

No que concirne ás cualificacións do alumnado, este instituto sempre se situou como un dos mellores da provincia e mesmo de Galicia cun alto índice de aprobados[2] (máis dun 90% no curso 2017-2018, por exemplo)[3] e cuns excelentes resultados tanto nas antigas probas de Selectividade coma nas actuais ABAU, colocándose nos últimos anos entre os 4 ou 5 centros de referencia de Galicia con notas que fluctuan arredor do 7.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar