Hydrochous gigas

especies de aves
(Redirección desde «Hydrochous»)

Hydrochous gigas
Salangana xigante
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Hydrochous
Brooke, 1970
Especie: H. gigas
Nome binomial
Hydrochous gigas
(Hartert & Butler, 1901)
Sinonimia
  • Véxase o texto

Hydrochous gigas, coñecida vulgarmente como salangana xigante, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[2] a única do monotípico xénero Hydrochous.[3][4][5]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1901 polo ornitólogo alemán Ernst Hartert e o zoólogo británico Arthur Gardiner Butler, especializado en ornitoloxía, co nome de Collocalia gigas.[6]

Variacións taxonómicas editar

Posteriormene foi clasificada dentro do xénero Hydrochous, descrito en 1970 por Richard Kendall Brooke, en Durban Mus. Novit. 9: 13-24.[7]

Etimoloxías editar

A do xénero, deriva do nome Hydrochous, nome latino da constelación de Acuario, derivado do deus da mitoloxía grega Udrokkoos, o vertedor de auga; aludindo á asociación de H. gigas coas fervenzas.[8]

O epíteto específico, gigas está tirado do latín Gigas, -gantis, un dos Xigantes da mitoloxía grega, fillos da Terra (Xea) que querían destronar a Xúpiter (Zeus).[9] Literamente: "xigante".

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

Características editar

Hydrochrous gigas ten unha característica distintiva en relacición cos outros membros do seu grupo: ten envergadura alar máis grande (150 mm) en comparación coas outras salanganas.[11] É unha salangana bastante grande, que pode chegar até os 16 cm de lonxitude e acadar un peso de 37 g nos machos, e de 35 a 39 g nas femias.[12] A diferenza doutras salanganas, a maneira principal de soporte de seu niño é que está construído sobre unha superficie plana e horizontal, pero non se mantén unido a ela pola saliva.[13]

Distribución, hábitat e costumes editar

A salangana xigante encóntrase en Indonesia e Malaisia, e os seus hábitats naturais son os bosques e os ríos e montaña húmidos tropicais e subtropicais.[1] Non é totalmente nocturno, pero pode orientarse visualmente con pouca luz.[14]

A especie vive sobre todo nas selvas tropicais, en zonas montañosas escarpadas, e depende en gran medida das fervenzas como lugares de reprodución. Os límites de altitude en que habita son pouco coñecidos, pero existen rexistros de 800 m na península Malaia, 440 m en Sumatra e de 300 a 1 500 m en Xava. Aínda que esta especie carece de ecolocalización, ten unha visión aguda con pouca luz e pode alimentarse nos crepuscúlos, o que pode contribuír á escaseza de rexistros.[15]

Estado de conservación editar

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie, pouco coñecida, ten unha pobloación disxunta e probabelmente pequena, e que se cre que está en declive debido á perda e degradación dos bosques da súa área de distribución, polo que actualmente considérase como NT (case ameazada), polo que se necesitan urxentemente enquisas máis detalladas para aclarar o seu status.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2017): Hydrochous gigas na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 22 de outubro de 2019.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  3. Ver Hydrochous na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 22 de outubro de 2019.
  4. Hydrochous Brooke, 1970 no ITIS.
  5. Hydrochous gigas. Swift waterfall na ADW.
  6. 6,0 6,1 Hydrochous gigas en Wikispecies.
  7. Ver Apodidae en Zoonomen.
  8. Hydrochous, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  9. gigas, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  10. Salangana Gigante. Hydrochous gigas (Hartert & Butler, 1901) en AviBase.
  11. Somadikarta, Soekarja (Outubro de 1968). "The giant swiftlet, Collocalia gigas, Hartert and Butler" (PDF). Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  12. "Waterfall Swift (Hydrochous gigas)". www.hbw.com. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  13. Lee, Patricia L. M.; Clayton, Dale H.; Griffiths, Richard; Page, Roderic D. M. (9-07-1996). "Does behavior reflect phylogeny in swiftlets (Aves: Apodidae)? A test using cytochrome b mitochondrial DNA sequences". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 93 (14): 7091–7096. ISSN 0027-8424. doi:10.1073/pnas.93.14.7091. 
  14. Medway, Lord; Wells, D. R. (1110-1969). "Dark Orientation by the Giant Swiftlet Collocalia gigas". Ibis 111 (4): 609–611. ISSN 1474-919X. doi:10.1111/j.1474-919X.1969.tb02570.x. 
  15. Joseph del Hoyo, Andrew Elliot & Jordi Sargatal 1999.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar