Historia dos Montreal Canadiens

Os Montreal Canadiens son un equipo profesional de hóckey sobre xeo, formalmente Le Club de Hockey Canadien, foi fundado o 4 de decembro de 1909 na cidade de Montreal, Quebec (Canadá). Os Canadiens son a franquía de hóckey profesional máis antiga do mundo.[1] Creado como membro fundador da National Hockey Association (NHA) coa finalidade de apelar á poboación francófona de Montreal, os Canadiens xogaron o seu primeiro partido o 5 de xaneiro de 1910, e conquistaron a súa primeira Stanley Cup en 1916. O equipo deixou a NHA e axudou a fundar a National Hockey League (NHL) en 1917. Regresaron ás finais da Stanley Cup en 1919, mais a súa serie contra os Seattle Metropolitans foi cancelada sen un gañador debido á epidemia de gripe española que matou o defensa Joe Hall. Os Canadiens gañaron a Stanley Cup 24 veces: unha vez cando formaba parte da National Hockey Association (NHA), e 23 veces como membros da NHL. Con 25 títulos da NHL en xeral, son o equipo máis exitoso na historia da liga.

Os Canadiens na tempada 1909–10.

A casa dos Canadiens, o Montreal Arena, foi destruído polo lume en xaneiro de 1918. O equipo trasladouse ao Jubilee Arena, que foi posteriormente reducido ás cinzas en 1919. Despois de pasar sete tempadas no Mount Royal Arena, os Canadiens trasladáronse ao Montreal Forum en 1926, compartíndoo cos seus rivais locais, os Maroons, ata 1938. Logo de 72 anos no Forum, os Canadiens trasladáronse ao Centre Bell en 1996. O club loitou durante a Gran Depresión, case trasladando a Cleveland (Ohio, Estados Unidos) en 1935, e contemplou suspender as súas operacións en 1939. As súas fortunas rebrotaron despois da segunda guerra mundial, cando chegaron ás finais da Stanley Cup cada ano desde 1951 ata 1960, gañando seis campionatos, incluíndo un rexistro cinco títulos consecutivos desde 1956 a 1960.

Maurice "Rocket" Richard xurdiu como a estrela do equipo na década de 1940, e durante a tempada 1944–45 converteuse no primeiro xogador na historia da NHL en anotar 50 goles nunha soa tempada. Richard acendeu o chamado Richard Riot en marzo de 1955, cando foi suspendido por atacar a un xuíz de liña. O incidente fixo medrar as tensións entre o Quebec francés e o Canadá inglés, e é considerado como unha das primeiras manifestacións da Revolución Tranquila do Quebec. En 1959, Jacques Plante revolucionou o xogo cando se converteu no primeiro porteiro en levar unha máscara durante xogo. Da man do director xeral Sam Pollock, os Canadiens gañaron nove campionatos entre 1964 e 1978. O equipo da tempada 1976–77, a miúdo considerado como o máis grande na historia de NHL, gañou 60 partidos fronte a tan só 8 derrotas, un récord de menos derrotas nunha tempada de 80 partidos.[2][3][4] Coa entrada dos Quebec Nordiques da World Hockey Association (WHA) na NHL en 1979, unha rivalidade medrou entre os Canadiens e os Nordiques, culminando en 1984, cando os Canadiens eliminaron os Nordiques en seis partidos, mais antes da Batalla de Venres Santo non dera titulares.

Liderados polo porteiro Patrick Roy, os Canadiens gañaron a súa 23ª Stanley Cup en 1986 e a súa 24ª en 1993. Roy gañou o Conn Smythe Trophy como o xogador máis valioso dos play-offs as dúas veces. O equipo de 1993 rexistrou un novo récrod na NHL con 10 vitorias consecutivas na prórroga nun play-off, e é o equipo canadense que máis recentemente gañou a Stanley Cup. En 2003, Montreal participou no primeiro partido ao aire libre de liga regular na historia da NHL, derrotando aos Edmonton Oilers no Heritage Classic.

O Hockey Hall of Fame introduciu ao redor de 50 antigos xogadores dos Canadiens, así como dez executivos. O equipo retirou 15 números en honor a 17 xogadores, e honrou a dez personalidades fora do xeo denominada categoría de "Construtores".

Fundación

editar
 
Os Montreal Canadiens posan para unha foto de equipo, 1912–13.

En novembro de 1909, o industrial Ambrose O'Brien, de Renfrew, Ontario, estaba en Montreal para adquirir subministracións para un contrato ferroviario. A petición do equipo de hóckey Renfrew Creamery Kings, O'Brien asistiu ás reunións da Eastern Canada Hockey Association (ECHA), que tiveron lugar no Hotel Windsor, para representar a Renfrew na súa solicitude para unirse á liga. Na reunión, os donos dos equipos da ECHA rexeitaron a solicitude de Renfrew.[5] Máis tarde ese día os donos da ECHA decidiron disolver a súa liga e formar a Canadian Hockey Association (CHA) nunha oferta para excluír aos Montreal Wanderers, que trastornaran aos outros donos cando se trasladaron a un pavillón máis pequeno que reduciría a venda de entradas do equipo visitante.[6] No vestíbulo do hotel, O'Brien coñeceu a Jimmy Gardner, director dos Wanderers, e falou de formar unha liga nova que incluiría a Renfrew, aos Wanderers, e a dous equipos que O'Brien posuía nas cidades mineiras de Ontario de Cobalt e Haileybury.[7] Gardner suxeriu que O'Brien arrancara un equipo de xogadores francófonos radicado en Montreal, formando unha rivalidade cos Wanderers.[6] Como resultado, o 2 de decembro de 1909 fundouse a National Hockey Association (NHA), e Les Canadiens foron creados dous días máis tarde, inicialmente financiados por O'Brien co intento de transferir a propiedade a deportistas francófonos de Montreal canto antes.[8][9]

Naquel tempo, os equipos francófonos non eran considerados suficientemente bos para xogar cos equipos anglófonos: o Montreal Gazette advertiu aos seareiros potenciais do novo equipo de que non se entusiasmaran demasiado, ya que "os xogadores franco-canadenses de clase non son numerosos".[10] Os Canadiens abasteceronse con estrelas francófonas, entre as que salientaban Newsy Lalonde, Georges Poulin e Didier Pitre. Antes de que se lle permitira xogar, Pitre tivo que resolver un preito cos Montreal Nationals, cos que tiña contrato.[11]

1910–17: National Hockey Association

editar
 
Newsy Lalonde axudou a liderar aos Canadiens á súa primeira Stanley Cup en 1916.[12]

Os Canadiens xogaron o seu primeiro partido o 5 de xaneiro de 1910, adestrados por Jack Laviolette. Ante un pavillón cheo con 3.000 espectadores, derrotaron a Cobalt por 7 goles a 6 na prórroga.[13] A vitoria foi borrada dos libros de historia pouco despois, cando a CHA colapsou despois de tan só dúas semanas de competición, e a NHA escolleu reiniciar a tempada despois de absorber aos Ottawa Senadores e aos Montreal Shamrocks da CHA.[14] O primeiro partido dos Canadiens da nova tempada foi disputado o 19 de xaneiro, cunha derrota 9–4 fronte aos Renfrew Creamery Kings.[15] Perderon tres partidos antes de conseguir finalmente a súa primeira vitoria da nova tempada o 7 de febreiro, cando derrotaron ao Haileybury Hockey Club por un marcador de 9–7.[16] Gañaron só dous dos seus 12 partidos da tempada, e acabaron na última posición da liga de oito equipos.[17]

George Kennedy, dono do Club Athlétique Canadien (CAC), reclamou os dereitos do nome do equipo aos "Canadiens" a tempada seguinte.[18] Resolveu a disputa comprando o equipo a O'Brien por 7.500 dólares.[19] Ese mesmo ano, o equipo adoptou o seu agora famoso xersei vermello cunha raia azul a través da fronte. No medio da raia estaba un "C" vermello alongado abarcando un A vermello para representar ao CAC.[20]

Os Canadiens chegaron aos play-offs por primeira vez na tempada 1913–14, cando empataron cos Toronto Blueshirts na cabeza da liga con 26 puntos. Os dous equipos xogaron unha serie de dous partidos para alzarse co campionato, co gañador decidido polos goles totais. Georges Vézina consegui un shutout fronte aos Blueshirts 2–0 no primeiro partido, mais os Canadiens foron derrotados por 6–0 no segundo e perderon a serie.[21] Dous anos despois, na tempada 1915-16, os Canadiens gañaron o seu primeiro título da NHA, a O'Brien Cup, cun rexistro de 16 vitorias, 7 derrotas e un empate, tres vitorias mellor que os segundos clasificados, os Senators. O título conseguido polos Canadiens outorgoulles a súa primeira presenza nas finais da Stanley Cup, onde se enfrontaron aos Portland Rosebuds da Pacific Coast Hockey Association (PCHA). Coa serie ao mellor de cinco partidos empatada a dúas vitorias, o partido decisivo xogouse no Westmount Arena en Montreal o 30 de marzo de 1916. Goldie Prodgers marcou o gol gañador de Montreal con menos que catro minutos por xogar, dando aos Canadiens a súa primeira Stanley Cup.[22]

En 1916, o CAC enfrontouse a dificultades financeiras logo dun lume que en xaneiro destruíu o seu ximnasio e o equipo de lacrosse dos Montreal Canadians suspendeuse. Kennedy separou o club de hóckey do CAC e incorporouno en marzo de 1916 como "Le club de Hóckey Canadien". Os Canadiens mudaron o seu logo por un "C" vermello entrelazado cun "H" branco.[23] O "H" no logo significaba "hóckey," aínda que durante moito tempo pensouse que era polos "Habitants", o que levou ao equipo a ser alcumado "os Habs".[24]

A NHA viu o seu final no inverno de 1917 logo de varias longas disputas entre o dono dos Blueshirts Eddie Livingstone e os outros catro equipos da liga sobre quen posuía os dereitos de varios xogadores.[25] A Kennedy non lle gustaba especialmente Livingstone, e os dous case chegaron ás mans varias veces durante as reunións da liga.[26] Con todo, Canadiens, Wanderers, Senators e Quebec Bulldogs descubriron que mentres estiveran unidos no seu desacordo con Livingstone, a constitución da liga non lles permitiría sinxelamente votalo fóra. Para solucionar este problema, o 26 de novembro crearon unha liga nova, a National Hockey League (NHL), e non convidou a unirse a Livingstone. Eles nominalmente seguiron a ser membros da NHA e houbo bastantes votos para suspender as operacións da liga, deixando efectivamente a Livingstone nunha liga dun equipo. Kennedy era a forza dominante na nova liga; non só posuíu aos Canadiens, senón que presentou a Tommy Gorman os cartos que empregou para mercar aos Senators.[27] Con todo, os catro equipos comprenderon que sería impensable non ter un equipo de Toronto na súa liga. Tamén necesitaron un cuarto equipo para equilibrar a táboa logo das dificultades económicas que forzaron a desaparición dos Bulldogs (como se viu despois, non tomarían o xeo ata 1919). Con isto en mente, concederon unha franquía "temporal" á Toronto Arena Company, a cal finalmente evolucionou cara aos rivais dos Canadiens, os Toronto Maple Leafs.[28]

1917–32: primeiras tempadas na National Hockey League

editar
 
Georges Vezina xogou 16 tempadas nos Montreal Canadiens entre 1910 e 1925. O Vezina Trophy foi nomeado no seu honor.

Joe Malone anotou cinco goles para os Canadiens no seu debut na NHL o 19 de decembro de 1917, unha vitorioa sobre os Senators,[29] no seu camiño a liderar a liga esa tempada con 44 goles.[30] A liga do equipo novato estivo a piques de rematar o 2 de xaneiro de 1918, logo de que un incendio destruíra o Montreal Arena, a casa tanto dos Wanderers como dos Canadiens.[31] Os Canadiens trasladáronse ao Jubilee Arena, un pavillón con capacidade para 3.000 espectadores, mais os Wanderers cesaron as súas operacións, reducindo a NHL a tres equipos.[32] Xogando un renovado calendario de tempada, Montreal gañou a primeira metade do título, mais perdeu o título de liga na segunda metade fronte a Toronto por 10-7 nunha serie a dobre partido decidida por goles totais.[33]

Os Canadiens gañaron o título da NHL fronte aos Senators na tempada 1918-19, e viaxaron ao oeste para enfrontarse aos campións da PCHA, os Seattle Metropolitans, para conquistar a súa primeira Stanley Cup.[34] As series son máis recordadas pola súa cancelación debido á epidemia de gripe española.[35] Varios xogadores de ambos os dous equipos enfermaron, levando ás autoridades sanitarias de Seattle a cancelar o sexto e decisivo partido.[34] Con todo o seu equipo ben no hospital ben na cama, Kennedy tentou pedir xogadores ao equipo da PCHA Victoria Aristocrats, mais a petición foi rexeitada polo presidente da PCHA Frank Patrick.[36] Sen xeito de formar equipo, Kennedy anunciou que perdera o partido -e a Copa- aos Metropolitans. Con todo, os Metropolitans o rexeitaron; o adestrador Pete Muldoon sentiu que cos Canadiens decimados pola gripe, non sería deportivo reclamar o título.[37] O defensa estrela Joe Hall nunca se recuperou, e morreu o 5 de abril de 1919.[38]

Durante o verán seguinte, o Jubilee Arena ardeu, forzando aos Canadiens a construír o Mount Royal Arena para remprazalo.[39] O equipo tamén perdeu ao seu xogador estrela Malone, que fora cedido polos Bulldogs cando estaban inactivos, e que regresou ao seu equipo cando os do Quebec regresaron á liga na tempada 1919-20.[40] Kennedy morreu en 1921; nunca se recuperou da gripe de 1919.[41] A súa viúva vendeulle o equipo a Leo Dandurand, ao ex xogador Joseph Cattarinich e Louis A. Letourneau.[42]

Considerado como unha das primeiras superestrelas da NHL, Howie Morenz fixo o seu debut na tempada 1923–24 ao lado de Aurel Joliat.[43] O club colocou segundo na liga tras Ottawa, mais derrotou os Senators nos play-offs para gañar o campionato de liga e chegar á final da Stanley Cup. Montreal acolleu as finais da Stanley Cup de 1924 fronte aos Calgary Tigres da Western Canada Hockey League (WCHL). Os Canadiens gañaron a serie ao mellor de tres encontros en dous xogos, conseguindo a súa segunda Stanley Cup. Morenz era a estrela ofensiva da serie, anotando un hat trick no primeiro partido e un gol no segundo.[44]

O Montreal Forum, que nas décadas seguintes se converteu en sinónimo dos Canadiens, foi aberto en 1924 para aloxar ao equipo de expansión dos Montreal Maroons.[45] Os Canadiens foron convidados para inaugurar a pavillón, xa que a superficie de xeo natural do Mount Royal Arena non estaba preparada para acoller partidos da NHL.[46] O equipo xogou o primeiro partido da historia de Forum o 29 de novembro de 1924, unha vitoria por 7–1 sobre os Toronto St. Patricks. Os Canadiens tomaron o Forum como pavillón local en 1926, compartíndoo cos Maroons ata que estes cesaron as súas operacións en 1938.

Para a tempada1924–25, os Canadiens celebraron o seu status de campión mundial cun deseño especial para o seu xersei. O equipo pasou o seu logo CH ás súas mangas e xogou cun gran globo do mundo no frontal dos seus xerseis.[20] Montreal finalizou na terceira posición da clasificación da liga e derrotou a Toronto nas semifinais. Os principais xogadores dos Hamilton Tigers rexeitaron participar nunha serie dosplay-offs se non se lles pagaban 200$ adicionais a cada un. Ao non ceder nas súas exixencias, o presidente da NHL Frank Calder suspendeu ao equipo enteiro, e declarou campiónde liga aos Canadiens.[47] Así, os Habs viaxaron á costa do Pacífico para xogar contra os Victoria Cougars da WCHL nas finais da Stanley Cup de 1925. Os Cougars gañaron os series ao mellor de cinco encontros por 3 a 1; esta foi a última vez que un equipo que non fora da NHL gañou a Stanley Cup.[48]

Georges Vezina colapsou durante o primeiro partido da tempada 1925–26. Foi diagnosticado con tuberculose e nunca volveu xogar, sucumbindo á enfermidade en marzo de 1926.[49] Na súa honra, o equipo doou un novo premio á liga, o Vezina Trophy, para ser entregado ao porteiro que conseguira encaixar menos goles ao longo da tempada.[50] O primeiro xogador en recibir o trofeo foi o seu sucesor, George Hainsworth. Vezina foi introducido no Hockey Hall of Fame cando este se creou en 1945.[51]

Durante a tempada 1927–28, Morenz converteuse no primeiro xogador da historia da NHL en conseguir 50 puntos nunha soa tempada.[52] Morenz foi o primeiro xogador que anotouun segundo gol gañador da Stanley Cup, coa vitoria dos Canadiens nas finais de 1930 fronte aos Boston Bruins.[53] O Bruins, que acabaron cun rexistro de 38–5–1 e nun momento na tempada chegaron a rexistrar 23 partidos sen perder, perderon consecutivamente os partidos fronte a Montreal nas finais, 3-0 e 4-3.[54] Os Canadiens convertéronse no cuarto equipo na historia da Stanley Cup en repetir como campións, derrotando aos Chicago Black Hawks en cinco partidos para gañar o título da Stanley Cup en 1931.[55]

1932–46: Howie Morenz e Rocket Richard

editar
 
Os Canadiens en 1942.

A asistencia estaba en declive en toda a liga cando tivo lugar a Gran Depresión.[56] Os Habs rexistaron un balance perdedor na tempada 1932–33, o que levou a unpúblico máis reducido.[57] Promediando só 2.000 espectadores por partido, o equipo vendeu a Morenz aos Chicago Black Hawks en 1934 como parte dun esforzo por recurtar custos.[58] O movemento non foi un popular, e os seareiros expresaron a súa opinión do trato dándolle a Morenz unha ovación en pé cando anotou contra os Canadiens no último día da tempada 1934–35.[59]

Con perdas de 60.000$ sobre as dúas tempadas anteriores, os Canadiens foron postos temporalmente á venda en 1935.[60] Dandurand e Cattarinich entrou en negociacións para vender o club e trasladalo a Cleveland (Ohio, Estados Unidos), mais un sindicato local de homes de negocios de Montreal liderado por Maurice Forget e Ernest Savard deu un paso adiante para comprar o equipo e evitar a transferencia.[61] Os Canadiens loitaron no xeo, finalizando co peor rexistro da liga na 1935–36. Os novos propietarios pediron a Cecil Hart que adestrara ao equipo, coa esperanza de que levaría aos Habs de novo á respectabilidade. Hart concordou cunha condición: que os Canadiens recuperaran a Morenz.[62] O equipo estivo de acordo, e adquiriu a un radiante Morenz nun traspaso cos New York Rangers.[62]

 
Maurice "Rocket" Richard foi a estrela dos Canadiens desde 1942 ata 1960 e foi o primeiro xogador que anotou 50 goles en 50 partidos.

O regreso de Morenz a Montreal durou menos dunha tempada: en xaneiro de 1937, mentres era revisado por Earl Seibert de Chicago, o seu patín enganchouse no xeo e rompeu a perna por catro sitios.[59] Nunca se recuperou, e morreu dunha embolia coronaria o 8 de marzo.[63] Aurel Joliat ofreceu unha explicación diferente da súa morte:[64]

A Howie gustáballe xogar ao hóckey máis do que a ninguén nunca lle gustou, e cando se deu conta de que nunca volvería xogar, non puido vivir sen elo. Eu creo que Howie morreu polo corazón roto.

O día do seu funeral, 50.000 persoas desfilaron ante o féretro de Morenz no centro do xeo do Montreal Forum para presentar os seus últimos respetos ao home que os medios chamaron "the Babe Ruth of hockey".[63] En novembro de 1937 xogouse un partido benéfico que recadou 20.000$ para a familia de Morenz, no que o NHL All-Stars derrotou aos Montreal Canadiens por 6 goles a 5.[65] Morenz foi un dos primeiros xogadores elixidos polo Hockey Hall of Fame cando este foi creado en 1945.[66]

Os Canadiens continuaron a rematar preto das últimas posicións da clasificación da liga durante varias tempadas. A menor puntuación chegou na tempada 1939–40: Babe Siebert, que fora nomeado adestrador dos Habs logo da súa retirada como xogador en 1939, morreu afogado antes de que comezara a tempada,[67] e Pit Lepine foi nomeado como seu substituto. Cun equipo envellecido, os Canadiens só gañaron 10 partidos. A porcentaxe de vitorias do 26% é aínda a peor da historia da franquía. Cun envellecemento roster, o Canadiens acabou último, gañando só 10 xogos. Que o equipo é .260 porcentaxe gañadora é aínda o peor en historia de franquía. En gran parte debido ao mal xogo do equipo, os Canadiens só promediaron 3.000 espectadores por partidoo, levando a Savard e aos seus socios a considerar a suspensión de operacións polo menos durante a segunda guerra mundial. Por contra, venderon a franquía ao propietario do equipo, a Canadian Arena Company.[68]

Neste punto, o alivio chegou dun inesperado propietario dos Maple Leafs. A Depresión forzara xa a tres equipos a pechar ou suspender operacións para non regresar. Ademais, os New York Americans foran tutelados pola liga desde 1936, e considerábase que era cuestión de tempo que desapareceran (así foi finalmente en 1942). Smythe non quixo ver desaparecer aos Canadiens, e suxeriu que Arena Company contrata ao ex-adestrador dos Maple Leafs, Dick Irvin.[69] Irvin era un gañador probado, liderando aos Maple Leafs a sete finais e unha Copa en nove anos. Arena Company aceptou de bo grao a suxestión de Smythe, e volveuse a Irvin para liderar a revitalización do equipo.[70]

En 1943, o esforzo da guerra tivo un efecto devastador en moitos cadros de xogadores. Os Detroit Red Wings perderon a nove xogadores e os Maple Leafs perderon seis para o exército.[71] Os Rangers perderon a dez xogadores e tiveron que ser persuadidos polos outros equipos non para suspender as súas operacións.[72][73] En contraste, os Canadiens perderon tan só a un xogador chave en Ken Reardon. O novo fenómeno Maurice Richard tentou alistarse, mais foi rexeitado debido á súa historia médica.[72] O director xeral dos Canadiens Tommy Gorman segundo os informes asegurou que os seus xogadores obtiveron traballos en industrias chave no tempo da guerra para evitar o servizo militar.[74]

Liderados pola "Punch Line" de Richard, Toe Blake e Elmer Lach, os Habs gañaron a súa quinta Stanley Cup en 1944, perdendo tan só cinco partidos na liga regular.[75] Na tempada 1944–45, o equipo gañou 38 partidos e perdeu só oito,[75] e Richard era o foco dos medios de comunicación e seareiros cando tentou ser o primeiro xogador na historia da liga en conseguir 50 goles nunha tempada de 50 partidos. Richard conseguiu un récord de anotación nun só partido, anotando cinco goles e tres asistencias na vitoria por 9 goles a 1 fronte a Detroit o 28 de decembro de 1944.[76] Posteriormente rompeu o récord de goles anotados de Joe Malone cando anotou o seu 45º gol, despois do cal os equipos contrarios fixeron todo o posible para evitar que conseguira a marca de 50 goles. Foi reducido, déronlle cos cóbados, xa que ningún equipo quería ser coñecido como o que lle outorgou o gol da inédita marca.[77] Richard finalmente anotou o seu 50º gol en Boston no minuto 17:45 do terceiro período do último partido da tempada de Montreal.[78] O récord, anteriormente considerado case imposible de conseguir, elevou a Richard ao status de heroe provincial no Quebec.[79]

1946–67: o Original Six

editar

Antes da expansión da NHL de 1967, a liga foi reducida a seis franquías, estas serían coñecidas despois de 1967 polo nome de "Original Six". Frank J. Selke substituíu a Tommy Gorman como director xeral dos Canadiens en 1946, e mantívose no posto ata 1964.[80] Selke pasou varios anos tentando asinar á estrela adolescente Jean Béliveau para xogar nos Canadiens. Béliveau xogou períodos breves cos Habs en 1950 e 1952, mais a súa lealdade aos Quebec Aces da Ligue de hockey senior du Québec (LHSQ) levouno a rexeitar aos Canadiens repetidamente cando lle meteron presión para trasladarse a Montreal a tempo completo.[81] Os Canadiens finalmente mercaron toda a LHSQ en 1953 e a converteron en profesional para levar a Béliveau ao rego,[80] que asinou un contrato de cinco ano por 100.000$. Béliveau pasou os 18 anos da súa carreira nos Habs.[81]

En marzo de 1955, Richard foi suspendido para o resto da tempada, incluídos os play-offs, logo de recibir unha sanció durante un partido por atacar a Hal Laycoe de Boston e posteriormente agredir a un xuíz de liña que interveu.[82] A suspensión provocou unha onda de ira contra o presidente da liga Clarence Campbell, que foi advertido de que non asistira ao partido programado en Montreal logo de ter recibido numerosas ameazas de morte, principalmente por parte de franco-canadenses que o acusaban de parcialidade antifrancesa.[83] Campbell desoíu as advertencias e asistiu ao partido do 17 de marzo como estaba planeado. A súa presenza no partido foi percibida por moitos seareiros como unha provocación e a xente berroulle e foi alcanzado por ovos e froita.[84] Á hora do partido, un seareiro tirou unha bomba de gas lacrimóxeno en dirección a Campbell, facendo que os bombeiros tiveran que limpar o edificio.[83] Os seareiros que saían do Forum foron recibidos por unha multitude crecente de manifestantes que sobrepasaron aos 250 policías que se encontraban alí e reveláronse nos arredores do Forum. Setenta persoas foron arrestadas, 37 persoas resultaron feridas, 50 tendas foron saqueadas e 100.000$ en danos á propiedade foron o resultado dos disturbios, que foron coñecidos como Affaire Richard.[84] O incidente destacou o oco cultural crecente entre o Quebec francés e o Canadá inglés, e o disturbio é a miúdo descrito como unha manifestación temperá da Revolución Tranquila do Quebec.[84][85]

 
Máscara orixinal de Jacques Plante. Foi o primeiro porteiro na historia da NHL que empregou unha máscara regularmente.

Ao día seguinte, Richard foia a unha emisora de radio en lingua francesa de Montreal para pedir aos seareiros que deixaran os disturbios e en lugar diso apoiaran aos Canadiens nos play-offs. Tamén dixo que aceptaría o seu castigo e que regresaría ao ano seguinte para gañar a Copa. Mentres os Canadiens eran derrotados nas finais da Stanley Cup de 1955, Richard liderou a Montreal ás finais da Stanley Cup de 1956 como prometera.[84]

A tempada 1955-56 foi a primeira de Toe Blake como adestrador xefe, que foi contratado para axudar a controlar o temperamento de Richard.[86] A vitoria de 1956 inicizou unha racha de cinco Stanley Cups consecutivas sen precedentes para os Canadiens entre 1956 e 1960; a final de 1960 foi a décima participación consecutiva de Montreal nas series polo campionato era Montreal décima aparencia consecutiva na serie de campionato.[87] Richard, o primeiro xogador en anotar 500 goles na súa carreira na historia da NHL, retirado en 1960 con 544 goles na súa carreira, foi introducido no Hockey Hall of Fame en 1961. O período de espera habitual de tres anos foi dispensado en honor aos seus logros.[82]

Goaltender Jacques Plante levou unha máscara durante os adestramentos durante algún tempo, mais non a levou durante os partidos debido ás obxeccións de Blake e Selke, que tiñan a visión tradicional de que os xogadores non debían levar protección facial.[88] Iso cambiou o 1 de novembro de 1959, despois de que recibira un golpe na cara ao principio dun partido no Madison Square Garden. Como os equipos non tiñan porteiros de reserva, o partido atrasouse 20 minutos mentres os médicos cosían freneticamente a Plante. Cando Blake preguntoulle se estaba preparado para volver xogar, Plante rexeitou regresar ao xeo se non podía levar unha máscara.[88] Blake estaba furioso, mais aceptou só se Plante se quitaba a máscara cando sanaran as feridas da súa cara. Levando a máscara, Plante levou aos canadiens a unha racha de 18 partidos sen perder.[89] Finalmente quitouse a máscara a instancias de Blake e de inmediato perdeu o seguinte partido. Derrotado, Blake cedeu. A máscara de Blake converteuse nun elemento permanente mentres guiaba aos Canadiens á súa sétima Stanley Cup consecutiva. Outros porteiros seguiron o exemplo de Plante pouco despois.[90]

Cando a NHL instituíu o draf amateur en 1963, concedéuselles aos Canadiens a opción de substituír a súa primeira elección con dous "Cultural Picks" que podía ser utilizado para escoller a dous xogadores franco-canadenses antes de que calquera outro equipo fixera as súas seleccións. O equipo utilizou unha destas eleccións en 1968, e ambos en 1969, cando seleccionou a Réjean Houle e Marc Tardif, dúas altas perspectivas. Esta opción foi eliminada despois do draft de 1969.[91]

Selke retirouse en 1964 e foi sucedido por Sam Pollock.[92] Frecuentemente nomeado o mellor director xeral da historia da NHL, Pollock levou aos Canadiens a nove campionatos da Stanley Cup nos seus 14 anos ao temón do equipo.[93] Unha das súas tácticas chave foi traspasar a vellas estrelas aos equipos de expansión a cambio de eleccións no draft, o que levou ao equipo a elixir aos futuros Hall of Famers Guy Lafleur, Larry Robinson e Ken Dryden.[93] Os Canadiens gañaron dous títulos consecutivos en 1965 e 1966, e chegou á final de 1967 fronte a Toronto como gran favorito.[94] A cidade de Montreal confiaba tanto nos Canadiens que construíra un espazo para a Stanley Cup no recinto da Expo 67, mais os Canadiens caeron fronte aos Maple Leafs na última final da NHL da época do Original Six.[95]

1967–79: era das expansións

editar
 
Larry Robinson, retratado en 2008, xogou 17 estacións en Montreal, gañando seis campionatos.[96]

A NHL dobrou o seu tamaño a 12 equipos na tempada 1967–68 e organizouse en dúas divisións: a División Leste, cos seis equipos orixinais, e a División Oeste, na que se encadraron as seis franquías de expansión. O formato dos play-offs foi construído de xeito que un equipo constituído se enfrontara a un equipo de expansión nas finais da Stanley Cup.[97] Os Canadiens recuperáronse da súa derrota en 1967 para varrer aos St. Louis Blues por catro partidos a cero tanto en 1968 como en 1969 para conseguir o seu 15º e 16º títulos.[98]

Os Canadiens quedaron fóra dos play-offs na tempada 1969–70, perdendo a última praza para as series no Leste nun desempate. No último día da tempada, os New York Rangers derrotaron aos Detroit Red Wings por 9–5, empatando con Montreal en puntos e obtendo unha vantaxe de cinco goles sobre Montreal en goles totais anotados na tempada. Montreal precisaba gañar no seu último partido aos Chicago Black Hawks, ou anotar canto menos cinco goles para clasificarse para as series. Perdendo por 5-2 con oito minutos por xogar, o adestrador en xefe Claude Ruel trocou ao seu porteiro por un xogador extra e viu a Montreal sucumbir con cinco goles a porta baleira e sen anotar ningún gol máis, perdendo finalmente por 10-2, entregando a última praza para os play-offs aos Rangers.[99] Foi a única vez entre 1948 e 1995 na que os Canadiens non conseguiron clasificarse para os play-offs.[100]

O equipo recuperouse na tempada 1970–71, gañando a súa 17ª Stanley Cup. Rookie Ken Dryden xogara tan só seis partidos na súa carreira na NHL cando foi nomeado porteiro titular para os play-offs. El liderou ao equipo nas vitorias nas series fronte a Boston, Minnesota e Chicago, gañando o Conn Smythe Trophy ao xogador máis valioso dos play-offs.[101] O capitán do equipo Jean Beliveau, o cuarto xogador na historia da liga en anotar 500 goles na súa carreira,[101] anunciou a súa retirada despois da tempada.[102] A pesar do seu triunfo, Al MacNeil foi cesado como adestrador despois de tan só unha tempada en medio de conflitos con varios xogadores, entre eles Henri Richard, que describiu a MacNeil como "incompetente" durante os play-offs.[103] MacNeil foi substituído por Scotty Bowman, un nativo de Montreal e antigo adestrador dos Blues.[104] Bowman adestrou aos Canadiens durante oito tempadas, gañando cinco Stanley Cups, incluíndo catro consecutivas entre 1976 e 1979.[105]

Seguindo o éxito das Summit Series en 1972, organizáronse unha serie de partidos de exhibición entre equipos da NHL e a Liga Soviética coñecidos como Super Series. Na véspera do Aninovo de 1975, os Canadiens enfrontáronse ao Exército Vermello Soviético nun partido que é considerado como un dos mellores xogados nunca.[106] Un concurso entre os dous mellores equipos de hóckey do mundo,[107] o partido finalizou con empate a 3 goles logo do rendemento do porteiro soviético Vladislav Tretiak, que conseguiu 35 paradas.[106]

Os Canadiens da tempada 1976–77 gañaron 60 partidos nunha liga de 80 partidos, perdendo tan só oito partidos, e tan só un na súa casa.[2] Guy Lafleur liderou a liga en anotación, e gañou os trofeos Hart, Lester B. Pearson, Art Ross e Conn Smythe; Dryden gañou o Vezina Trophy, Bowman o Jack Adams Award e Larry Robinson o James Norris Memorial Trophy.[3] Os Canadiens eran tan dominantes que Dryden queixouse a The Hockey News de que estaba "un pouco aburrido" pola falta de competitividade.[4] Os Canadiens da tempada 1976–77 son amplamente considerados o mellor equipo da historia da NHL,[2][3][4][108] aínda que existen argumentos tamén para os equipos dos Canadiens das tempadas 1955–56 e 1975–76.[109]

A tempada 1978–79 coroou a racha de catro campionatos consecutivos dun xeito dramático. Enfrontándose aos Bruins no sétimo partido das semifinais da liga, Montreal perdía 4-3 con menos de dous minutos por xogar cando o adestrador xefe de Boston, Don Cherry puxo accidentalmente demasiados xogadores na pista durante un troco,[110] debuxando a que se convertería nunha das sancións máis famosas na historia da NHL,[111] e finalmente lle custaría a Cherry o seu traballo.[112] Durante o power play posterior, Lafleur anotou un gol que empatou o partido a 74 segundos para concluír o tempo regulamentario, e Yvon Lambert anotou na prórroga para gañar o partido e a serie.[110] Os Canadiens derrotaron despois na final aos Rangers en cinco partidos para alzarse de novo coa Stanley Cup.[111]

O dominio dos Canadiens a finais da década de 1970 debeuse en parte á presenza da liga rival World Hockey Association (WHA) (que se iniciara en 1972) — os Canadiens tiveron moito máis éxito en comparación con outros equipos da NHL na resistencia aos esforzos da WHA por atraer aos mellores talentos. Os Canadiens xogaron un papel central na fusión de 1979 coa WHA, que fixo que os Edmonton Oilers, Hartford Whalers, Quebec Nordiques e Winnipeg Jets se uniran á NHL. Logo de anos de negociación, chegouse a un acordo de fusión entre as dúas ligas, mais os dirixentes da NHL rexeitaron o acordo por un voto. A maioría dos equipos estadounidenses da NHl estaban a favor da fusión, en parte porque pensaban que os axudaría a desafiar ao dominio de Montreal, mentres que en contra do acordo se manifestaron os Canadiens, que, xunto cos Vancouver Canucks e os Toronto Maple Leafs, opúñanse á división dos dereitos televisivos da Hockey Night in Canada entre seis equipos en lugar de tres.[113] Ao escoitar o resultado da votación, os seareiros de Edmonton, Quebec e Winnipeg iniciaron un boicot aos produtos vendidos por Molson, os propietarios dos Canadiens dende 1978.[2][113] O boicot, xunto coa presión da Cámara dos Comúns do Canadá, levaron a Montreal e Vancouver a revertir as súas posicións cando se produciu unha nova votación o 22 de marzo de 1979, que finalmente permitiría a fusión das dúas ligas.[113]

1980–96: transicións

editar
 
Vincent Damphousse liderou aos Canadiens en anotación nos play-offs de 1993, conseguindo 23 puntos en 20 partidos.

Os Canadiens entraron na década de 1980 en transición, cando Dryden, Lemaire e o capitán do equipo Yvan Cournoyer anunciaron as súas retiradas en 1979,[114] e Serge Savard seguiu os seus pasos en 1981.[115] Un traspaso durante a tempada 1982–83 mandou a Rod Langway e Doug Jarvis aos Washington Capitals.[116] Entre os seus substitutos estaban a estrela sueca Mats Näslund e o dianteiro Guy Carbonneau. Bob Gainey foi designado para suceder a Savard como capitán do equipo.[116] Guy Lafleur permaneceu como estrela ofensiva do equipo, conseguindo o punto 1.000 da súa carreira en 1981 en tan só 720 partidos, converténdose no xogador en acadar antes este rexistro na historia da NHL, e un récord que permaneceu ata que Wayne Gretzky o rompeu en 1984.[117]

Doug Wickenheiser foi seleccionado polos Canadiens no primeiro posto do draft de 1980. A decisión foi moi controvertida, xa que os seareiros de Montreal esperaban que o equipo tivera escollido á estrela francófona Denis Savard.[118] A transición de Wickenheiser á NHL foi difícil; a súa popularidade foi danada polas comparacións das súas loitas co éxito inmediato de Savard cos Black Hawks. Foi traspasado aos Blues a mediados da tempada 1983–84.[119]

Gainey explicou o cambio na sorte da franquía a continuación da súa derrota nos play-offs a mans dos Nordiques en 1982:[120]

Non podemos poñer os xerseis sen máis e esperar gañar

O mito dos Canadiens rompeuse polas consecutivas derrotas nos play-offs fronte aos novatos Minnesota North Stars, os Oilers e os Nordiques. A derrota fronte a Quebec en 1982 foi a culminación dunha serie atroz na que os xogadores tentaron ferir e intimidar aos seus opoñentes, mentres os medios de comunicación discutiron sobre que equipo era o mellor representante francófono de .[120] A crecente rivalidade entre Montreal e Quebec alcanzou o seu punto máximo en 1984 cando eliminaron os Nordiques en seis partidos, mais non antes de que a Bataille du Vendredi saint fora noticia. Un golpe do xogador do Quebec Dale Hunter sobre o porteiro de Montreal Steve Penney desencadeou unha pelexa ao final do segundo período.[121] Unha segunda pelexa, na que participaron mesmo xogadores que foran expulsados a raíz da primeira, estoupou antes do inicio do terceiro período.[122] Dez xogadores foron expulsados do partido, e repartíronse 198 minutos de penalización como resultado dos incidentes, que resultou un punto de inflexión no xogo de Montreal, que marcou cinco goles no terceiro tempo para gañar o partido.[121]

O porteiro novato Patrick Roy guiou aos Canadiens ao seu 23º campionato da Stanley Cup en 1986 sobre os Calgary Flames na primeira final canadense dende 1967.[123] Os Canadiens de 1986 eran novos e estaban liderados polo adestrador xefe novato Jean Perron e o dianteiro Claude Lemieux,[124] amais de Roy, que se converteu no xogador máis novo na historia da NHL en gañar o Conn Smythe Trophy.[125] Brian Skrudland, outro novato, anotou o gol gañador aos nove segundos da prórroga do segundo partido das finais - o gol na prórroga máis rápido na historia da NHL.[123] Os dous equipos encontráronse de novo nas finais da Stanley Cup de 1989, a final canadense máis recente, na que os Flames saíron vitoriosos en seis partidos. Esa foi a única vez na que un equipo visitante derrotou aos Canadiens para gañar a Copa no xeo do Forum.[126]

A Stanley Cup celebrou o seu 100 aniversario en 1993, regresando de novo ao Canadá coa 24ª vitoria dos Canadiens,[127] o campionato da NHL máis recente gañado por un equipo canadense.[128] Despois de perder o primeiro partido da súa semifinal da Adams Division fronte aos Quebec Nordiques na prórroga, os Canadiens gañaron dez partidos na prórroga no seu camiño ao título, establecendo un récord de máis vitorias consecutivas na prórroga nun play-off na NHL.[129] Ao igual que no campionato de 1986, o equipo foi liderado por Roy, que gañou o seu segundo Conn Smythe Trophy.[127] O momento decisivo das finais da Stanley de 1993 tivo lugar no segundo partido, con menos de dous minutos por xogar e Montreal por detrás na serie 1-0 e no partido 2–1. Tentando gañar vantaxe para o seu equipo, o adestrador xefe Jacques Demers pediu unha medición do stick do dianteiro de Los Angeles Kings Marty McSorley. O árbitro Kerry Fraser determinou que a pá tiña unha curva ilegal, aplicando unha sanción a McSorley. Montreal anotou na superioridade, e logo gañou na prórroga 3–2, para empatar a serie.[130] Montreal gañou tamén o terceiro e cuarto partidos na prórroga antes de eliminar os King no quinto partido, 4–1.[131] A celebración viuse empañada por un dos peores disturbios da historia de Montreal, nos que os seareiros causaron máis 2,5 millóns de dólares en danos á propiedade no centro da cidade e 168 feridos.[132]

 
Montreal Canadiens locker room in the Bell Centre

Os Canadiens non puideron repetir o seu éxito na tempada 1993–94, cando o equipo caeu eliminado en sete partidos polos Bruins. A derrota de Montreal no sexto partido foi o último partido das series eliminatorias no Montreal Forum.[133] O equipo non foi quen de clasificarse para os play-offs na tempada 1994–95, sendo a primeira vez en 25 anos que os Canadiens non se clasificaron, e a terceira vez en 55 tempadas.[134] Montreal reucuperouse para regresar aos play-offs na tempada 1995-96, mais o futuro do equipo alterouse o 2 de decembro de 1995, cando os Canadiens foron humillados 11-1 polos Red Wings.[135] Patrick Roy concedeu nove goles en 26 disparos antes de retirarse no segundo período ante as mofas da multitude de Montreal.[136] Roy estaba furioso, e sentiu que o adestrador xefe Mario Tremblay o sentara deliberadamente para avergonzalo. Logo de chegar ao banco, deixou atrás a Tremblay e dirixiuse ao presidente dos Canadiens Ronald Corey, que estaba sentado na primeira fila, e declarou:[137]

Este é o meu último partido en Montreal.

Catro días despois, Roy foi traspasado aos Colorado Avalanche xunto con Mike Keane a cambio de Jocelyn Thibault, Martin Ručinský e Andrei Kovalenko.[135] O acordo alzou aos Avalanche, os antigos Nordiques, á Stanley Cup de 1996. Roy gañou outro título cos Avalanche en 2001 xunto cun terceiro Conn Smythe Trophy antes de retirarse en 2003 con máis vitorias que calquera outro porteiro da NHL.[137][138] Os Canadiens, mentres, caeron nun longo período de mediocridade,[135] perdendose os play-offs en catro das súas dez tempadas seguintes e non conseguiron pasa á segunda rolda ata 2010.[137] A falta de éxito nos play-offs do equipo puxo fin á racha de gañar unha Stanley Cup en cada década dende os anos 1910 aos 1990.

Os cambios na economía deportiva levou aos Canadiens a construír un novo pavillón en 1996 para incrementar os seus ingresos.[139] O último partido no Forum tivo lugar o 11 de marzo de 1996, unha vitoria por 4–1 sobre os Dallas Stars.[140] Logo do partido, realizouse unha cerimonia con moitos membros destacados da franquía dando a benvida á pista. A resposta máis sonora foi reservada a Maurice Richard, que recibiu unha ovación do público en pé durante dez minutos.[141] Finalmente, Émile Bouchard, o capitán do equipo vivo máis vello, chegou ao xeo portando un facho aceso, e iniciou un pase simbólico a través de todos os capitáns da historia dos Canadiens: Bouchard pasoulla a Richard, quen lla cedeu a Jean Beliveau, e así en orde cronolóxica ata o capitán do equipo na época, Pierre Turgeon.[140] En 72 years no Forum, os Canadiens gañaron máis de 1.500 partidos e 22 Stanley Cups.[140]

1996-2009: casa nova e donos novos

editar
 
Os Canadiens fronte aos Bruins durante a tempada do seu centenario.

Cinco días despois do peche do Montreal Forum, os Canadiens xogaron o seu primeiro partido no Molson Centre (agora rebautizado Centre Bell). Con capacidade para 22.500 espectadores, o Centre Bell pretende ser o estadio cuberto máis grande de América do Norte.[142] No partido inaugural, Montreal derrotou aos Rangers 4–2, co primeiro gol marcado por Vincent Damphousse.[143] Os Canadiens pelexaron por conseguir éxito nos play-offs no novo pavillón: en 2002, tan só conseguiran superar unha rolda dos play-offs dende o seu campionato de 1993.[144]

Montreal rematou na última posición da Northeast Division na tempada 1998–99 e perdeuse os play-offs.[144] Os seus 75 puntos foron o seu peor rexistro total en 40 anos.[145] A tempada concluíu con rumeres de que o equipos sería vendido e trasladado se non recibía axudas do goberno para axudar a aliviar as presións do sistema tributario do Quebec e o valor mínimo histórico do dólar canadense. Os Canadiens desmentiron o rumor, con todo Molson contratou ao banco de investimentos Morgan Stanley para examinar a súa futura implicación nos deportes.[144] Montreal non se clasificou para os play-offs nas seguintes dúas tempadas, e as perdas anuais de 10-12 millóns de dólares e o desexo de centrarse no seu negocio principal cervexeiro levou a Molson a poñer en venda a franquía no verán de 2001.[146]

Cando ningún comprador local xurdiu e o programa de axuda do goberno do Canadá proposto para os seis restantes equipos canadenses foi cancelado logo da desaprobación popular, temíase que os Canadiens seguiran o mesmo camiño que os Winnipeg Jets e os Quebec Nordiques en ser recolocados nos Estados Unidos.[146] O empresario estadounidense George N. Gillett Jr. mercou unha participación do 80,1% do equipo e o 100% do Molson Centre por 275 millóns de dólares.[147] Como parte do acordo, Molson mantivo o 19,9% do equipo e concedéuselle o dereito de rexeitar calquera futura venda por Gillett; ademais, a Xunta de Goberno da NHL está obrigada a aprovar por unanimidade calquera intento por trasladar o equipo a unha nova cidade.[148]

Antes da tempada 2001–02, o club anunciou que o capitán Saku Koivu fora diagnosticado cun linfoma non Hodgkin e se perdería a tempada completa. Koivu logrou regresar a falta de tres partidos para o final da liga regular, e xunto co porteiro José Théodore, que ese ano gañaría o Hart Trophy, guiou aos Canadiens aos play-offs por primeira vez en catro tempadas. Clasificados na oitava posición da Conferencia Leste, os Canadiens derrotaron aos Boston Bruins na primeira rolda, e Koivu liderou ao equipo en anotación durante os play-offs con 10 puntos en 12 partidos.[149] En recoñecemento á súa tenacidade no seu regreso do tratamento polo cáncer, a liga votou a Koivu como gañador do Bill Masterton Memorial Trophy pola súa dedicación e perseveranza.[150]

O primeiro partido de hóckey ao aire libre na historia da NHL, o Heritage Classic, foi celebrado o 22 de novembro de 2003 no Commonwealth Stadium de Edmonton, Alberta.[151] Os Canadiens derrotaron aos Oilers 4–3 ante unha audiencia récord na NHL de 57.167, que desafiaron temperaturas de −20 °C.[152] O éxito do Heritage Classic levou á creación do Winter Classic, un partido disputado ao aire libre cada ano dende 2008.[153]

O lockout da tempada 2004-05 canceelou a tempada completa. Despois de que a franquía dos Montreal Expos partira a Washington, D.C., en 2005, os Canadiens adquiriron a ex-mascota dos Expos, Youppi, para que fose a súa primeira mascota.[154] Logo de terse perdido os play-offs na tempada 2006–07, os Canadiens recuperáronse para gañar o seu primeiro título de división en 15 anos na tempada 2007–08, así como o seu primeiro título de campión de conferencia na liga regular dende 1989.[155]

Dende 2009: a familia Molson adquire o equipo

editar

A propiedade dos Canadiens pasou unha vez máis á familia Molson en 2009 logo de que Gillett vendera o equipo, o Centre Bell, e o Gillett Entertainment Group a unha alianza encabezada por Geoff Molson e na que estaban tamén os seus irmáns Andrew e Justin.[156] Estimouse o prezo de venda en máis de 600 millóns de dólares.[157] Ao contrario da era pre-Gillett, o equipo é agora propiedade privada da familia Molson e non da cervexeira Molson, que agora é unha división de Molson Coors. O prezo de venda reflixe un retorno á rendibilidade, debido tanto a un novo convenio colectivo logo do lockout da tempada 2004-05 que fixou os custos dos xogadores por ingresos, como a un aumento no valor do dólar canadense que o levou próximo á paridade co dólar estadounidense.

No xeo, o equipo chegou aos play-offs na tempada 2009-10 como oitavo clasificado por segundo ano consecutivo, eliminando ao campión da Conferencia Leste na ligra regular, os Washington Capitals e aos defensores do título, os Pittsburgh Penguins, nas dúas primeiras roldas.[158] Os Habs perderon nas finais da Conferencia Leste fronte aos Philadelphia Flyers.[159]

 
O McMahon Stadium durante o Heritage Classic 2011.

A NHL reviviu o concepto do Heritage Classic, cos Canadiens enfrontándose aos Calgary Flames no McMahon Stadium de Calgary o 20 de febreiro de 2011. Os Flames derrotaron aos Canadiens, por un marcador de 4–0, ante unha multitude de 41.022 espectadores.[160] O Heritage Classic 2011 foi o segundo partido disputado ao aire libre durante a tempada 2010-11, logo do 2011 NHL Winter Classic.[161]

Os Habs finalizaron a tempada 2011–12 na última posición da súa conferencia en máis de 80 anos, con lesións que decimaron ao equipo durante toda a tempada. Despois dunha tempada decepcionante, os Canadiens comezaron o traballo nos despachos. Cesaron ao director xeral Pierre Gauthier,[162] e Marc Bergevin foi nomeado novo director xeral o 2 de maio de 2012.[163] Entón comezou a busca dun novo adestrador xefe, e o 5 de xuño, Michel Therrien foi nomeado novo adestrador xefe. Esta sería a segunda vez que Therrien se faría cargo dos Canadiens logo de telos adestrado entre o 2000 e o 2003;[164] e Randy Cunneyworth e Randy Ladouceur foron relevados das súas funcións como adestradores asistentes.[165] O 15 de xuño, Gerard Gallant, J. J. Daigneault e Clément Jodoin sumáronse ao corpo técnico de Montreal como adestradores asistentes.

O equipo recuperouse na tempada 2012–13, acurtada polo lockout, pasando da 15ª posición á segunda, mais perdendo 4-1 fronte aos Ottawa Senators na primeira rolda dos play-offs. O defensa P. K. Subban recibiu o James Norris Memorial Trophy como mellor defensa da liga, o primeiro dende Chris Chelios en 1989. Na tempada seguinte, os Canadiens chegaron de novo aos play-offs logo dunha tempada de 100 puntos, eliminando na primeira rolda aos Tampa Bay Lightning en catro partidos. Logo enfrontáronse aos campións do Presidents' Trophy, os Boston Bruins, aos que eliminaron en sete partidos para chegar ás finais da Conferencia Leste por segunda vez dende a vitoria da Stanley Cup de 1993. Con todo, caeron eliminados polos New York Rangers en seis partidos.

Na tempada 2014–15, o equipo gañou o seu terceiro título de división dende 1992, eliminando aos Ottawa Senators na primeira rolda dos play-offs en seis partidos. Con todo, perderon na segunda rolda fronte aos Lightning en seis partidos. A tempada foi exitosa pola grande actuación do porteiro Carey Price, que sería despois nomeado para o Vezina Trophy, o Hart Memorial Trophy e o Ted Lindsay Award.[166]

Os Habs comezaron a tempada 2015–16 cunha racha de nove vitorias, e conseguiron un rexistro de 18-4-3 nos primeiros dous meses de competición. Con todo, logo de conseguir gañar 19 dos seus 26 primeiros partidos, o equipo comezou a perder moitos partidos e perdeu a numerosos xogadores, incluído Price, polas lesións. Finalmente os Canadiens finalizaron na sexta posición da Atlantic Division e non se clasificaron para os play-offs por primeira vez dende a tempada 2011-12. O equipo participou tamén ese ano por primeira vez no NHL Winter Classic, derrotando aos Boston Bruins.

Números retirados

editar
Xogador Data da retirada
1 Jacques Plante 7 de outubro de 1995
2 Doug Harvey 26 de outubro de 1985
3 Emile Bouchard 4 de decembro de 2009
4 Jean Beliveau 9 de outubro de 1971
5 Bernie Geoffrion 11 de marzo de 2006
5 Guy Lapointe 8 de novembro de 2014
7 Howie Morenz 2 de novembro de 1937
9 Maurice Richard 6 de outubro de 1960
10 Guy Lafleur 16 de febreiro de 1985
12 Dickie Moore 12 de novembro de 2005
12 Yvan Cournoyer 12 de novembro de 2005
16 Henri Richard 10 de decembro de 1975
16 Elmer Lach 4 de decembro de 2009
18 Serge Savard 18 de novembro de 2006
19 Larry Robinson 19 de novembro de 2007
23 Bob Gainey 23 de febreiro de 2008
29 Ken Dryden 29 de xaneiro de 2007
33 Patrick Roy 22 de novembro de 2008
 
Algúns dos números retirados dos Canadiens e bandeirolad de campionatos da Stanley Cup no teito do Bell Centre.

Os Canadiens teñen retirado 15 números, homenaxeando a 18 xogadores.[167] O número 7 de Howie Morenz foi o primeiro en ser retirado, pouco despois da súa morte en 1937.[168] Seguiulle o número 9 de Maurice Richard en 1960; os seus 544 goles na súa carreira son un récord na franquía.[169] Henri Richard, irmán de Maurice, foi honrado en 1975 coa retirada do seu número 16, logo de 21 tempadas e 11 Stanley Cups cos Canadiens. Henri posúe o récord de partidos xogados coa franquía, cun total de 1256.[170]

O número 4 de Beliveau foi retirado en 1971 despois da súa retirada como o máximo goleador da historia dos play-offs da Stanley Cup. Ofreceuselle a Beliveau, mais rexeitou, o cargo de Gobernador Xeral do Canadá en 1994; é o único xogador de hóckey coñecido que foi proposto para servir nesta competencia.[171] O número 10 de Guy Lafleur seguiulle en febreiro de 1985 logo da súa primeira retirada. Lafleur foi seis veces All-Star cos Canadiens, e gañou tres títulos ao mellor anotador e tous ao xogador máis valioso.[172] Tamén en 1985, o dorsal número 2 de Doug Harvey foi elevado ao teito do estadio. O defensa gañou seis veces o Norris Trophy ao mellor defensa da NHL en sete anos entre 1955 e 1961.[173] O número 1 de Jacques Plante foi retirado o 17 de outubro de 1995. Plante revolucionou o estilo de xogo dos porteiros, e lidera aos Canadiens coas súas 314 vitorias na súa carreira.[174]

En preparación para o ano do seu centenario, os Canadiens retiraron os dorsais de varios xogadores. Comezaron con tres grandes ex xogadores durante a tempada 2005-06. Montreal retirou en primeiro lugar o número 12 en honor a Dickie Moore e Yvan Cournoyer.[175] Moore formou parte da dinastía dos Canadiens de 1956 a 1960, mentres que Cournoyer gañou dez títulos entre 1965 e 1979.[176] Bernie Geoffrion foi o terceiro xogador homenaxeado polos Canadiens. Alcumado "Boom Boom", Geoffrion foi considerado o innovador do slapshot. Morreu o 11 de marzo de 2006, o mesmo día que foi retirado o seu número 5.[177]

O número 18 de Serge Savard foi retirado o 18 de novembro de 2006. Coñecido polo "Savardian spin-a-rama", no que protexía o disco xirando ao seu redor para evitar aos opoñentes, Savard tamén desempeñou o cargo de general manager do equipo durante dez anos.[178] O número 19 do seu compañeiro defensivo Larry Robinson foi retirado un ano despois,[179] así como o número 23 de Bob Gainey. Gainey foi considerado un dos dianteiros defensivos de elite do xogo, gañando catro Selke Trophies e cinco Stanley Cups antres de ocupar os postos de adestrador e director xeral do equipo.[180] O número 33 de Patrick Roy retirouse da circulación o 22 de novembro de 2008. A retirada do xersei de Roy era un "retorno á familia dos Canadiens" do porteiro pertencente ao Hall of Fame, que non mantivera unha boa relación coa organización logo do seu traspaso en 1995.[181] O número 3 de Emile Bouchard, e o 16 de Elmer Lach foron retirados o 4 de decembro de 2009, como parte das celebracións do centenario do equipo.[182] (Lach xogou co número 16 antes de que o fixera Richard) Durante a tempada 2014-15 o equipo ertirou tamén o número 5 de Guy Lapointe.[183]

Builders Row

editar

Os Canadiens crearon en 2006 o chamado "Builders Row" para homenaxear aos membros do club que contribuíron ao éxito do club dende fóra do xeo. Inicialmente introducíronse a sete persoas: o fundador do equipo Ambrose O'Brien; os antigos propietarios Leo Dandurand, Joseph Cattarinich, Louis A. Letourneau e Hartland Molson; o antigo presidente do equipo Donat Raymond; así como o asesor especial William Northey.[184] En 2008, o equipo engadiu aos seus tres lendarios adestradores: Dick Irvin Sr., Toe Blake e Scotty Bowman. Os tres serbiron un total combinado de 36 anos no banco dos Canadiens entre 1940 e 1979.[70]

Membros do Hockey Hall of Fame

editar
 
Howie Morenz foi introducido no Hockey Hall of Fame no ano da súa creación, en 1945.
 
Scotty Bowman adestrou aos Habs para conquistar cinco Stanley Cups na década de 1970.

O Hockey Hall of Fame foi creado en 1945 con 12 personalidades introducidas inicialmente, entre as que se inclúen dóus ex xogadores dos Canadiens: Howie Morenz e Georges Vezina.[185] Morenz foi considerado a primeira superestrela do hóckey, e en 1950 foi elixido como o mellor xogador da primeira metade do século XX.[66] Vezina perfeccionou o estilo de porteiro "stand up" nunha época na que aos porteiros non se lles permitía caer de xeonllos para cubrir o puck, e esta técnica converteuse no estándar polo cal os futuros porteiros se guiaron.[51]

Maurice Richard, introducido en 1961, e Jean Beliveau, introducido en 1972, son dous dos dez xogadores para os cales o comité de selección renunciou ao período de espera obrigatorio de tres anos para que un xogador sexa elixible para a súa introdución.[186] O defensa Doug Harvey foi elixido por unanimidade en 1973, un ano despois de terlle sido denegada a entrada debido aos seus hábitos de consumo alcólico.[173] Anoxado polo desprezo,[173] Harvey rexeitou a súa introdución, indicando que planeaba ir pescar en lugar de asistir á cerimonia de introdución.[187][188] Guy Lafleur foi un dos tres xogadores na historia da NHL (xunto con Gordie Howe e Mario Lemieux) que volveu xogar despois de ser introducido.[186] Lafleur, que se retirou por primeira vez en 1984 logo de crecer frustrado co sistema focalizado na defensa dos Canadiens, regresou á liga días despois da súa elección en 1988, xogando para os New York Rangers e os Quebec Nordiques antres de retirarse definitivamente en 1991.[172]

En 2009, máis de 50 antigos xogadores dos Canadiens foran elixidos para entrar no Hockey Hall of Fame.[189]

Xogadores
Xogador Posición Ano de introdución Xogador Posición Ano de introdución Xogador Posición Ano de introdución
Howie Morenz C 1945 Marty Barry C 1965 Ken Dryden G 1983
Georges Vézina G 1945 Toe Blake LW 1966 Jacques Lemaire C 1984
Aurel Joliat LW 1947 Émile Bouchard D 1966 Bert Olmstead RW 1985
Newsy Lalonde C 1950 Elmer Lach C 1966 Serge Savard D 1986
Joe Malone C 1950 Ken Reardon D 1966 Jacques Laperrière D 1987
Sprague Cleghorn D 1958 Roy Worters G 1969 Tony Esposito G 1988
Herb Gardiner LW 1958 Tom Johnson D 1970 Guy Lafleur RW 1988
Sylvio Mantha D 1960 Jean Beliveau C 1972 Bud O'Connor RW 1988
Joe Hall D 1961 Bernie Geoffrion RW 1972 Bob Gainey LW 1992
George Hainsworth G 1961 Doug Harvey D 1973 Guy Lapointe D 1993
Maurice Richard RW 1961 Tommy Smith C 1973 Steve Shutt LW 1993
Harry Cameron D 1962 Dickie Moore LW 1974 Larry Robinson D 1995
Jimmy Gardner F 1962 Gordie Drillon RW 1975 Denis Savard C 2000
Jack Laviolette D 1962 Jacques Plante G 1978 Rod Langway D 2002
Reg Noble F 1962 Henri Richard C 1979 Dick Duff LW 2006
Didier Pitre D 1962 Gump Worsley G 1980 Patrick Roy G 2006
Bill Durnan G 1964 Frank Mahovlich LW 1981 Doug Gilmour C 2011
Babe Siebert LW 1964 Yvan Cournoyer RW 1982 Chris Chelios D 2013
Directivos
Directivo Ano de introdución Directivo Ano de introdución Directivo Ano de introdución
William Northey 1947 Leo Dandurand 1963 Sam Pollock 1978
Donat Raymond 1958 Tommy Gorman 1963 Scotty Bowman 1991
Frank J. Selke 1960 Hartland Molson 1973 Pat Burns 2014
Ambrose O'Brien 1962 Joseph Cattarinich 1977
  1. (Kay 2009, p. 139)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 (Pincus 2006, p. 138)
  3. 3,0 3,1 3,2 "1976–1977 season" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2009. Consultado o 5 de xullo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 (Kay 2009, p. 107)
  5. (Jenish 2009, p. 8)
  6. 6,0 6,1 (McKinley 2006, p. 54)
  7. (Jenish 2009, pp. 9–10)
  8. (O'Brien 1971, p. 12)
  9. (O'Brien 1971, pp. 7–8)
  10. (McKinley 2006, p. 55)
  11. (McKinley 2006, pp. 56–57)
  12. "The Legends – Newsy Lalonde" (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  13. (McKinley 2006, p. 58)
  14. (McFarlane 1996, pp. 5–6)
  15. (Jenish 2009, p. 23)
  16. "The first victory" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  17. "The National Hockey Association" (en inglés). Edmonton Oilers Heritage Foundation. Archived from the original on 25 de maio de 2009. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  18. (Jenish 2009, p. 32)
  19. "George Kennedy" (en inglés). Library and Archives Canada. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  20. 20,0 20,1 "Jerseys and logos – 1909–1946" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  21. "A first playoff appearance" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2009. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  22. "Stanley Cup no. 1" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  23. (Jenish 2009, p. 42)
  24. (McFarlane 1996, p. 6)
  25. (Pincus 2006, p. 20)
  26. (Holzman & Nieforth 2002, p. 23)
  27. Hunter, Douglas (1997). Champions: The Illustrated History of Hockey's Greatest Dynasties (en inglés). Chicago: Triumph Books. ISBN 1-57243-213-6. 
  28. (McKinley 2006, p. 77)
  29. "Welcome to the NHL" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2009. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  30. "1917–18 NHL league leaders" (en inglés). The Internet Hockey Database. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  31. "To Rise from Ashes". Montreal Gazette (en inglés) (Library and Archives Canada). 3 de xaneiro de 1918. 
  32. McFarlane, Brian. "Early Leagues and the Birth of the NHL" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  33. (McFarlane 1990, p. 14)
  34. 34,0 34,1 (Pincus 2006, p. 23)
  35. "Stanley Cup winner—1918–19". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  36. "Even Division of Cup Funds". The Globe (en inglés). 3 de abril de 1919. p. 10. 
  37. (McFarlane 1996, p. 20)
  38. "The Legends—Joe Hall". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2005. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  39. "Arenas" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  40. "The Legends – Joe Malone". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  41. (Kay 2009, p. 32)
  42. (Kay 2009, p. 38)
  43. (Kay 2009, p. 42)
  44. (Sandor 2005, p. 33)
  45. (McKinley 2006, p. 102)
  46. "The Forum opens its doors" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  47. (McFarlane 1990, p. 20)
  48. "Victoria Cougars—1924–25 Stanley Cup". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  49. (Kay 2009, p. 46)
  50. "Vezina Trophy" (en inglés). National Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2006. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  51. 51,0 51,1 "The Legends – Georges Vezina". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  52. "Morenz makes it 50" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2009. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  53. "Stanley Cup no. 3" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  54. (McFarlane 1990, p. 27)
  55. "Stanley Cup no. 4" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2009. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  56. (Jenish 2009, p. 81)
  57. (Jenish 2009, p. 82)
  58. (McKinley 2006, p. 118)
  59. 59,0 59,1 (McKinley 2006, p. 119)
  60. (Jenish 2009, pp. 80–81)
  61. (Jenish 2009, pp. 84–85)
  62. 62,0 62,1 (Jenish 2009, p. 86)
  63. 63,0 63,1 (Pincus 2006, p. 50)
  64. (McKinley 2006, p. 120)
  65. (Diamond 1991, p. 74)
  66. 66,0 66,1 "The Legends – Howie Morenz". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  67. Kay 2009, p. 67
  68. (Jenish 2009, pp. 94–95)
  69. Hunter, Douglas (1997). Champions: The Illustrated History of Hockey's Greatest Dynasties (en inglés). Chicago: Triumph Books. p. 42. ISBN 1-57243-213-6. 
  70. 70,0 70,1 "Builders Row welcomes coaching greats" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. 28 de outubro de 2008. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  71. (Jenish 2009, p. 103)
  72. 72,0 72,1 (Jenish 2009, p. 104)
  73. (McFarlane 1990, p. 45)
  74. "Stanley Cup hero". Canadian Broadcasting Corporation (en inglés). Archived from the original on 04 de xuño de 2011. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  75. 75,0 75,1 (Kay 2009, p. 74)
  76. (McFarlane 1990, p. 47)
  77. (McKinley 2006, p. 140)
  78. (McFarlane 1996, p. 64)
  79. Simmons, Steve (31 de maio de 2000). "I can't borrow the memories". Toronto Sun (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  80. 80,0 80,1 "Selke takes control" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2009. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  81. 81,0 81,1 (Pincus 2006, p. 85)
  82. 82,0 82,1 "The Legends—Rocket Richard". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  83. 83,0 83,1 (McFarlane 2004, pp. 18–21)
  84. 84,0 84,1 84,2 84,3 (Pincus 2006, p. 86)
  85. ""Rocket" Richard: The Legend—The Legacy" (en inglés). Canadian Museum of Civilization. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  86. "The Legends – Toe Blake". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  87. (Kay 2009, p. 90)
  88. 88,0 88,1 (Pincus 2006, p. 94)
  89. "The Legends—Jacques Plante". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  90. (McKinley 2006, pp. 177–179)
  91. "Draft Pick History" (en inglés). hockeyDB.com. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  92. (McFarlane 1990, p. 86)
  93. 93,0 93,1 (Kay 2009, p. 95)
  94. (Pincus 2006, p. 116)
  95. (Pincus 2006, p. 117)
  96. "The Legends – Larry Robinson". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  97. (Diamond & Zweig 2003, p. xii)
  98. (Kay 2009, p. 99)
  99. "An old wound". National Post (en inglés). 5 de abril de 2007. ISBN 0-549-09609-4. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  100. "Montreal Canadiens seasons" (en inglés). The Internet Hockey Database. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  101. 101,0 101,1 (Kay 2009, p. 101)
  102. (McFarlane 1990, p. 109)
  103. "A roundup of the sports information this week". Sports Illustrated (en inglés). 21 de xuño de 1971. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2012. Consultado o 3 de agosto de 2009. 
  104. (McFarlane 1990, p. 106)
  105. (Kay 2009, pp. 102–109)
  106. 106,0 106,1 Shea, Kevin (10 de febreiro de 2004). "Pinnacle". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. ISBN 1-55817-624-1. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  107. "Canadiens vs. Soviet Red Army". Canadian Broadcasting Corporation (en inglés). 31 de decembro de 1975. Archived from the original on 04 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  108. Allen, Kevin (18 de xaneiro de 2008). "Rink Rap: '76–77 Canadiens were Patriots of their day". USA Today (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  109. Farber, Michael (24 de xuño de 2002). "The best team in history is ...". Sports Illustrated (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2008. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  110. 110,0 110,1 (McFarlane 1996, p. 153)
  111. 111,0 111,1 (Kay 2009, p. 109)
  112. (McFarlane 1996, p. 154)
  113. 113,0 113,1 113,2 (Willes 2004, p. 251)
  114. (McFarlane 1990, p. 178)
  115. (McFarlane 1990, p. 197)
  116. 116,0 116,1 (Kay 2009, p. 113)
  117. "Lafleur's quick ride to 1,000" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  118. (McFarlane 1990, p. 188)
  119. "Player Profile – Doug Wickenheiser". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Archived from the original on 05 de decembro de 2007. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  120. 120,0 120,1 (Jenish 2009, p. 244)
  121. 121,0 121,1 "The Battle of Quebec" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  122. O'Donnell, Chuck (Decembro de 2003). "Clint Malarchuk: the former Nordiques goalie recalls the day that the contentious Montreal-Quebec rivalry turned ugly". Hockey Digest (en inglés) (CBS Interactive). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2009. Consultado o 16 de agosto de 2009. 
  123. 123,0 123,1 (Kay 2009, p. 116)
  124. Kreiser, John (25 de maio de 2010). "Seven teams that surprised by winning the Stanley Cup" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  125. "Stanley Cup no. 23" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  126. Johnson, George (15 de abril de 2009). "Class of '89 split over Flames' latest quest for glory". Calgary Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2014. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  127. 127,0 127,1 (Kay 2009, p. 123)
  128. NHL (2009). "Stanley Cup Champions and Finalists" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  129. Swift, E. M. (14 de xuño de 1993). "Saving Grace". Sports Illustrated (en inglés). Archived from the original on 05 de novembro de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  130. Swift, E. M. (14 de xuño de 1993). "Stick it to 'em". Sports Illustrated (en inglés). Archived from the original on 13 de outubro de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  131. "Stanley Cup no. 24" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  132. (McFarlane 1996, pp. 200–201)
  133. (Kay 2009, p. 124)
  134. (Kay 2009, p. 125)
  135. 135,0 135,1 135,2 (Kay 2009, p. 126)
  136. "Roy, religion and the Habs". Canadian Broadcasting Corporation (en inglés). 22 de novembro de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  137. 137,0 137,1 137,2 Meagher, John (26 de decembro de 2005). "I've never been back there". Montreal Gazette (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  138. "The Legends – Patrick Roy". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  139. Chow, Kelvin (31 de xullo de 2009). "TSN25: The forum and the Gardens close their doors". The Sports Network (en inglés). Archived from the original on 05 de xaneiro de 2014. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  140. 140,0 140,1 140,2 "Farewell to the Forum" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  141. (McKinley 2006, p. 290)
  142. "Our History" (en inglés). Centre Bell. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  143. "1995–1996 season" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  144. 144,0 144,1 144,2 (Kay 2009, p. 129)
  145. "1998–1999 season" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  146. 146,0 146,1 (Kay 2009, p. 131)
  147. Todd, Jack (20 de xuño de 2001). "NHL board unanimous: Habs are Gillett's". Montreal Gazette (en inglés). pp. E.1. 
  148. Davenport, Jane; Gyulai, Linda (1 de febreiro de 2001). "'I'll restore Habs': New owner looks ahead to that 25th Stanley Cup". Montreal Gazette (en inglés). pp. A.1. 
  149. "The return of Saku" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  150. (Kay 2009, p. 133)
  151. (Pincus 2006, p. 200)
  152. "Habs edge Oilers in great outdoors". Canadian Broadcasting Corporation (en inglés). 22 de novembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2004. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  153. "NHL releases schedule; Canadiens, Leafs meet opening night". The Sports Network (en inglés). 15 de xullo de 2009. Archived from the original on 05 de novembro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  154. "Canadiens get Youppi! to be mascot". The Sports Network (en inglés). 16 de setembro de 2005. Archived from the original on 15 de abril de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  155. (Kay 2009, p. 138)
  156. "Habs' sale to Molson family approved". ESPN. Associated Press (en inglés). 1 de decembro de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  157. Hickey, Pat (10 de setembro de 2009). "Gillett passes Canadiens torch to Molson family". Montreal Gazette. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  158. Burnside, Scott (13 de maio de 2010). "'Awful ... that's how you explain it'". ESPN (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  159. Burnside, Scott (25 de maio de 2010). "Top players lose steam in East finals". ESPN (en inglés). Archived from the original on 03 de decembro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  160. Brownlee, Robin (20 de febreiro de 2011). "Kiprusoff bests temps, pucks, for first outdoor shutout". National Hockey League (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  161. "Clock ticking down on Heritage Classic in Calgary". The Sports Network (en inglés). 17 de febreiro de 2011. Archived from the original on 20 de outubro de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  162. "Canadiens fire Gauthier and begin search for new GM". The Sports Network (en inglés). 30 de marzo de 2012. Archived from the original on 30 de xuño de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  163. "Marc Bergevin appointed General Manager" (en inglés). Canadiens.nhl.com. 2 de maio de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  164. "Michel Therrien appointed head coach of the Montreal Canadiens". Canadiens.nhl.com (en inglés). 6 de maio de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  165. "Randy Cunneyworth and Randy Ladouceur relieved of their duties as assistant coaches". Canadiens.nhl.com (en inglés). 26 de xuño de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  166. Associated Press (24 de xuño de 2015). "NHL awards: Carey Price tops big night with Hart trophy" (en inglés). CBC/Radio-Canada. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  167. "Dashboard – Players" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  168. (Kay 2009, p. 27)
  169. (Kay 2009, p. 31)
  170. (Kay 2009, p. 45)
  171. "The Legends – Jean Beliveau". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  172. 172,0 172,1 (Kay 2009, p. 33)
  173. 173,0 173,1 173,2 (Kay 2009, p. 17)
  174. "No. 1 retired forever" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  175. "Canadiens retire No. 12 twice for Moore and Cournoyer". USA Today. 12 de novembro de 2005. Consultado o 2009-08-01. 
  176. (Kay 2009, p. 37)
  177. "Bernie Geoffrion dead at 75". Canadian Broadcasting Corporation (en inglés). 11 de marzo de 2006. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  178. (Kay 2009, p. 49)
  179. (Kay 2009, p. 51)
  180. (Kay 2009, p. 57)
  181. "Canadiens to retire Roy's number at Bell Centre". The Sports Network (en inglés). 9 de novembro de 2008. Archived from the original on 15 de setembro de 2008. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  182. "Habs retire jerseys of Hall of Famers Bouchard and Lach". The Sports Network (en inglés). 4 de decembro de 2009. Archived from the original on 18 de outubro de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  183. "Canadiens to retire Lapointe's jersey in 2014-15". National Hockey League (en inglés). 18 de xuño de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  184. "The Canadiens launch "Builders Row"" (en inglés). Montreal Canadiens Hockey Club. 14 de decembro de 2006. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  185. "Hall of Fame members by induction year". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  186. 186,0 186,1 "Induction facts & figures". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2009. Consultado o 2 de agosto de 2009. 
  187. "Doug Harvey treasure chest". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Archived from the original on 29 de xuño de 2011. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  188. Shea, Kevin (21 de novembro de 2008). "One on one with Doug Harvey" (en inglés). Hockey Hall of Fame. Archived from the original on 29 de xuño de 2011. Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  189. "Honoured Members of the Montreal Canadiens". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 16 de xullo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar