Abrir o menú principal
O Jack Adams Award.

O Jack Adams Award é outorgado anualmente ao adestrador da National Hockey League (NHL) que foi "considerado que contribuíu máis ao éxito do seu equipo".[1] O premio ao "Adestrador do Ano" foi entregado 39 veces a 34 adestradores distintos. O gañador é seleccionado mediante unha votación da National Hockey League Broadcasters Association ao final da liga regular. Catro adestradores gañaron o trofeo dúas veces, mentres que Pat Burns o gañou en tres ocasións, o maior número de calquera adestrador. O trofeo recibe o seu nome en honor a Jack Adams, un xogador dos Toronto Maple Leafs, Vancouver Canucks e Ottawa Senators introducido no Hall of Fame, e durante moito tempo adestrador e mánager xeral dos Detroit Red Wings. Foi entregado por primeira vez á conclusión da liga regular da tempada 1973-74.

Jacques Demers é o único adestrador que gañou o trofeo en dúas tempadas consecutivas. Catro adestradores gañaron o trofeo con dous equipos diferentes: Jacques Lemaire, Pat Quinn, e Scotty Bowman o gañaron dúas veces, mentres que Pat Burns é o único adestrador que o gañou en tres ocasións. As franquías con máis gañadores do Jack Adams Award son os Philadelphia Flyers, os Detroit Red Wings e os Phoenix Coyotes con catro gañadores cada un, aínda que os Coyotes teñen dous gañadores pertencentes á súa etapa en Winnipeg, antes de trasladarse a Arizona. Bill Barber, Bruce Boudreau e Ken Hitchcock son os únicos adestradores que conseguiron o trofeo logo de substituír ao adestrador que comezara a tempada. Barber substituíu a Craig Ramsay nos Flyers durante a tempada 2000-01, Boudreau remprazou a Glen Hanlon un mes nos Capitals durante a tempada 2007-08, mentres que Hitchcock ocupou o posto de Davis Payne un mes nos Blues na tempada 2011-12. A votación máis axustada tivo lugar na tempada 2005-06, cando o gañador Lindy Ruff superou a Peter Laviolette por un só punto.[2]

GañadoresEditar

 
Scotty Bowman, gañador nas tempadas 1976–77 e 1995–96.
 
Marc Crawford, gañador na tempada 1994–95.
 
Ted Nolan, gañador na tempada 1996–97.
 
Lindy Ruff, gañador na tempada 2005–06.
 
Dan Bylsma, gañador na tempada 2010–11.
Gañadores do Jack Adams Award
Tempada Gañador Equipo Galardóns
1973-74   Fred Shero[nota 1] Philadelphia Flyers 1
1974-75   Bob Pulford Los Angeles Kings 1
1975-76   Don Cherry Boston Bruins 1
1976-77   Scotty Bowman[nota 1][nota 2] Montreal Canadiens 1
1977-78   Bobby Kromm Detroit Red Wings 1
1978-79   Al Arbour[nota 2] New York Islanders 1
1979-80   Pat Quinn[nota 2][nota 3] Philadelphia Flyers 1
1980-81   Red Berenson St. Louis Blues 1
1981-82   Tom Watt Winnipeg Jets 1
1982-83   Orval Tessier Chicago Blackhawks 1
1983-84   Bryan Murray Washington Capitals 1
1984-85   Mike Keenan[nota 2][nota 3] Philadelphia Flyers 1
1985-86   Glen Sather[nota 2] Edmonton Oilers 1
1986-87   Jacques Demers Detroit Red Wings 1
1987-88   Jacques Demers Detroit Red Wings 2
1988-89   Pat Burns[nota 3] Montreal Canadiens 1
1989-90   Bob Murdoch Winnipeg Jets 1
1990-91   Brian Sutter St. Louis Blues 1
1991-92   Pat Quinn Vancouver Canucks 2
1992-93   Pat Burns Toronto Maple Leafs 2
1993-94   Jacques Lemaire New Jersey Devils 1
1994-95   Marc Crawford Quebec Nordiques 1
1995-96   Scotty Bowman[nota 2] Detroit Red Wings 2
1996-97   Ted Nolan Buffalo Sabres 1
1997-98   Pat Burns Boston Bruins 3
1998-99   Jacques Martin Ottawa Senators 1
1999-00   Joel Quenneville[nota 2] St. Louis Blues 1
2000-01   Bill Barber[nota 4] Philadelphia Flyers 1
2001-02   Bob Francis Phoenix Coyotes 1
2002-03   Jacques Lemaire Minnesota Wild 2
2003-04   John Tortorella[nota 1] Tampa Bay Lightning 1
2004-05[nota 5]
2005-06   Lindy Ruff Buffalo Sabres 1
2006-07   Alain Vigneault Vancouver Canucks 1
2007-08   Bruce Boudreau[nota 4] Washington Capitals 1
2008-09   Claude Julien Boston Bruins 1
2009-10   Dave Tippett Phoenix Coyotes 1
2010-11   Dan Bylsma Pittsburgh Penguins 1
2011-12   Ken Hitchcock[nota 4] St. Louis Blues 1
2012-13   Paul MacLean Ottawa Senators 1
2013-14   Patrick Roy Colorado Avalanche 1

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Adestradores cuxos equipos gañaron a Stanley Cup.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Equipos que tiveron o mellor rexistro na liga regular (o Presidents' Trophy é entregado ao equipo co mellor rexistro na liga regular dende a tempada 1985–86)
  3. 3,0 3,1 3,2 Adestradores cuxo equipo perdeu nas finais da Stanley Cup.
  4. 4,0 4,1 4,2 Adestradores cuxos equipos remprazaron ao adestrador que comezara a tempada.
  5. Non houbo gañador a causa do lockout.
Referencias
  1. National Hockey League (ed.). "Jack Adams Award" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2008. Consultado o 7 de xuño de 2015. 
  2. ESPN, ed. (23 de xuño de 2006). "Thornton, Lidstrom, Ovechkin win at NHL awards" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar