Jack Laviolette
John "Jack" Laviolette, nado o 17 de xullo de 1879 en Belleville (Ontario, Canadá)[1] e finado o 9 de xaneiro de 1960 en Montreal (Quebec, Canadá), foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo canadense profesional. Laviolette xogou durante nove tempadas nos Montreal Canadiens, equipo do que foi o seu primeiro capitán, adestrado, e general manager. Laviolette foi unha das primeiras estrelas francófonas do hóckey sobre xeo.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1879 Belleville, Canadá (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de xaneiro de 1960 (80 anos) Quebec, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 170 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Hockey Association (pt) e National Hockey League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defenseman (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | right-handed shot (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Laviolette foi un goleador excepcional dende a posición de defensa. Mais o verdadeiro lugar de Laviolette na historia do hóckey ten menos que ver co seu valor como anotador e máis co seu papel como verdadeiro organizador da fundación dos Canadiens, dos que foi o primeiro xogador, adestrador e general manager na súa tempada inaugural en 1910.
Traxectoria
editarInfancia e debut
editarJack Laviolette naceu en Belleville (Ontario), fillo de Antoine Rufiange Laviolette e Eliza Hébert, mais criouse en Salaberry-de-Valleyfield (Quebec), a onde se trasladou a súa familia cando tiña 12 anos.[2][3][4] Descubriu o hóckey sobre xeo patinando sobre a superficie conxeada das esclusas supervisadas polo pai de Didier Pitre[5].
Na tempada 1902-1903, Laviolette xogou no Bell AAA, que competía na liga do hockey da cidade de Montreal.[2] Na tempada seguinte, Pitre e el asinaron xuntos[6] para xogar no National de Montréal na nova Federal Amateur Hockey League. No transcurso da tempada de 1904 xogáronse seis partidos, e os xogadores do National clasificáronse en segunda posición por detrás dos Montreal Wanderers.[7] Laviolette, que podía xogar tanto en defensa como en ataque finalizou con oito goles en seis partidos, sendo o sexto máximo goleador da tempada.[4][8]
Profesional en América do Norte
editarNos Estados Unidos e a principios do século XX, a industria do cobre estaba en plena expansión para satisfacer as demandas crecentes de electricidade. Míchigan posuía numerosas minas e a vila de Houghton é un dos exemplos.[9] O Portage Lakes Hockey Club atraeu multitudes e James R. Dee, o seu propietario, quixo facer un negocio lucrativo e decidiu crear a primeira liga profesional do mundo. Jack « Doc » Gibson, un dentista chegado de Berlin (Ontario) que foi expulsado do hóckey de Ontario despois de ter aceptado moedas de ouro do alcalde de Berlin logo dunha vitoria contra unha cidade vechiña e responsable de recrutar xogadores do Canadá.[10] Cando Gibson regresou ao Canadá e correuse a voz de que en Míchigan se pagaba aos xogadores por xogar ao hóckey, Laviolette foi un dos primeiros xogadores en probar sorte e deixou Montreal.[11]
Laviolette xogou a tempada 1904-05 cos Michigan Soo Indians da LIH, un equipo con base en Sault Sainte-Marie. De volta a Montreal ao final da tempada, convenceu a Pitre, que aínda era xogador do National.[11] Esperaron aos dous xogadores na Estación Windsor, mais Pitre foi retenido polos propietarios do National, ao que lle impediron unirse a Laviolette na estación. Finalmente, conseguiu reunirse co seu amigo, fíxolle asinar un contrato e os dous xogadores agocháronse na estación para coller un tren rápido sen cruzarse cos directivos do National.[12] A aventura nos Estados Unidos non durou máis que tres tempadas en total, xa que os presidentes dos equipos canadenses decidiron dar o paso ao profesionalismo para tentar parar o éxodo dos seus mellores xogadores.[12] A LIH non puido manter aos seus xogadores mentres as ligas profesionais eran creadas en todas partes. Pitre e Laviolette regresaron a Montreal para xogar e a súa elección foron os Montreal Shamrocks da Eastern Canada Amateur Hockey Association para as dúas seguintes tempadas.[6]
Nacemento dos Montreal Canadiens
editarO 13 de novembro de 1909, a raíz dunha disputa entre os propietarios dos clubs membros da Eastern Canada Amateur Hockey Association e o propietario dos Montreal Wanderers, decidiuse formar unha nova liga, a National Hockey Association of Canada. A raíz da fundacióne por consello de Strachan, Jimmy Gardner, un director dos Wanderers, e John Ambrose O’Brien decidiuse explotar comercialmente a rivalidade entre os anglófonos e os francófonos de Montreal e crear un club de hóckey maioritariamente, senón totalmente, composto por xogadores de fala francesa. Para iso, encargáronlle a Laviolette recrutar xogadores francófonos para poder formar un novo club de hóckey que puidera rivalizar cos Wanderers. Naceu entón un novo equipo co nome de «Canadien» o 4 de decembro de 1909.[13] Laviolette puido entón contar coa axuda financeira de O'Brien para construír o novo equipo.[14] A misión de Laviolette era recrutar novos xogadores, ser director xeral, capitán, adestrador e xogador do equipo. Conseguiu recrutar a Pitre para xogar en defensa con el, Édouard "Newsy" Lalonde como rover,[Nota 1], Joseph Cattarinich nos goles do equipo e ataque: Ed Décarie como centro, e Arthur Bernier e Georges Poulin nos postos de aleiros.[5] Algúns destes xogadores que asinaron por ese primeiro equipo pasaron a formar parte posteriormente do Hockey Hall of Fame, como Newsy Lalonde, Didier Pitre e, o posteriormente incorporado Georges Vézina. O equipo que construíu Laviolette converteríase na franquía máis exitosa do hóckey profesional.
Como pola sinatura con Sault Sainte-Marie, a chegada de Pitre ao seo do equipo de Montreal complicouse e non se solucionou ata que se acudiu aos tribunais.[15] O primeiro partido do equipo foi unha vitoria, mais o resultado non se ten en conta porque pouco tempo despois, a Canadian Hockey Association fusionouse coa NHA e os contadores puxéronse a cero. Finalmente, o equipo finalizou na derradeira posición a liga regular con dúas vitorias en 12 encontros.[16] O equipo contou co reforzo de Georges Vézina para a seguinte tempada, cando remataron na segunda posición da clasificación con oito vitorias e outras tantas derrotas.[17]
Lalonde deixou o Club de hockey Canadien antes de comezar a tempada 1911-12 e Pitre tomou o relevo marcando 28 goles na súa conta particular.
Laviolette gañou a Stanley Cup en 1916 cos Canadiens, sendo esta a primeira vez que o club conseguía alzarse co trofeo.[18] No transcurso da súa única tempada nas pistas da NHL (1917-18), rexistrou 18 partidos e 2 goles. O 1 de maio de 1918, o seu coche bateu contra un poste e tiveron que amputarlle o pé dereito, o que puxo fin á súa carreira como xogador.[19] No inverno de 1921 xogouse un partido benéfico para Jack no Aréna Mont-Royal, no que non só foi o invitado de honor, seón que tamén arbitrou o partido.[20]
Morreu o 10 de xaneiro de 1960 en Montreal. O mesmo ano da súa morte, Laviolette foi introducido no Canada's Sports Hall of Fame como xogador de lacrosse,[21] e dous anos despois da súa morte foi introducido no Hockey Hall of Fame.[20]
Estatísticas
editarEstatísticas como xogador
editarLiga regular | Play-offs | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Equipo | Liga | PX | G | A | Pts | PIM | PX | G | A | Pts | PIM | ||
1903–04 | Montreal Le National | FAHL | 6 | 8 | 0 | 8 | — | — | — | — | — | — | ||
1904–05 | Michigan Soo Indians | IHL | 24 | 15 | 0 | 15 | 24 | — | — | — | — | — | ||
1905–06 | Michigan Soo Indians | IHL | 17 | 15 | 0 | 15 | 28 | — | — | — | — | — | ||
1906–07 | Michigan Soo Indians | IHL | 19 | 10 | 7 | 17 | 34 | — | — | — | — | — | ||
1907–08 | Montreal Shamrocks | ECAHA | 6 | 1 | 0 | 1 | 36 | — | — | — | — | — | ||
1908–09 | Montreal Shamrocks | ECHA | 9 | 1 | 0 | 1 | 36 | — | — | — | — | — | ||
1909–10 | Montreal Canadiens | NHA | 12 | 4 | 0 | 4 | 41 | — | — | — | — | — | ||
1910–11 | Montreal Canadiens | NHA | 16 | 0 | 0 | 0 | 24 | — | — | — | — | — | ||
1911–12 | Montreal Canadiens | NHA | 17 | 7 | 0 | 7 | 10 | — | — | — | — | — | ||
1912–13 | Montreal Canadiens | NHA | 20 | 8 | 0 | 8 | 77 | — | — | — | — | — | ||
1913–14 | Montreal Canadiens | NHA | 20 | 7 | 9 | 16 | 30 | 2 | 0 | 1 | 1 | 0 | ||
1914–15 | Montreal Canadiens | NHA | 18 | 6 | 3 | 9 | 35 | — | — | — | — | — | ||
1915–16 | Montreal Canadiens | NHA | 18 | 8 | 3 | 11 | 62 | — | — | — | — | — | ||
1915–16 | Montreal Canadiens | Stanley Cup | — | — | — | — | — | 4 | 0 | 0 | 0 | 6 | ||
1916–17 | Montreal Canadiens | NHA | 17 | 7 | 3 | 10 | 24 | — | — | — | — | — | ||
1916–17 | Montreal Canadiens | St-Cup | — | — | — | — | — | 4 | 1 | 2 | 3 | 9 | ||
1917–18 | Montreal Canadiens | NHL | 18 | 2 | 1 | 3 | 6 | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||
Totais IHL | 60 | 40 | 7 | 47 | 86 | — | — | — | — | — | ||||
Totais NHA | 138 | 47 | 18 | 65 | 303 | 4 | 0 | 1 | 1 | 0 | ||||
Totais St-Cup | — | — | — | — | — | 8 | 1 | 2 | 3 | 15 |
Estatísticas como adestrador
editarLaviolette adestrou únha única tempada aos Montreal Canadiens co seguinte registro:[22]
Liga regular | Play-offs | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Equipo | Liga | PA | V | D | E | Pts | PA | V | D | E | ||
1909–10 | Montreal Canadiens | NHA | 12 | 2 | 10 | 0 | — | — | — | — | — |
Premios e logros
editar- 1904-05, 06-07 - Primeiro equipo All-Star como á dereita, IPHL
- 1915-16 - Campión da Stanley Cup
- 1960 - Introducido no Canada's Sports Hall of Fame
- 1963 - Introducido on Hockey Hall of Fame[23]
Notas
editar- Referencias
- ↑ "Rexistro parroquial de St. Michael the Archangel, Belleville" (en inglés). familysearch.org. Consultado o 21 de novembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 (Normand & Bruneau 2008, p. 712)
- ↑ "Généalogie Elise Hebert" (en inglés). Généalogie du Québec et française d'Amérique. Consultado o 7 de decembro de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Jack Laviolette". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 7 de decembro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 (Normand & Bruneau 2008, p. 39)
- ↑ 6,0 6,1 (Diamond 1998, p. 1786)
- ↑ (Diamond 1998, p. 13)
- ↑ Diamond 1998, p. 744
- ↑ (McKinley 2006, p. 43)
- ↑ (McKinley 2006, p. 42)
- ↑ 11,0 11,1 (McKinley 2006, p. 48)
- ↑ 12,0 12,1 (McKinley 2000, p. 63)
- ↑ (McKinley 2006, p. 73)
- ↑ (Strachan 2000, p. 18-19)
- ↑ (McKinley 2006, p. 74)
- ↑ "Saison 1909-1910". Notre Histoire (en francés). Montreal Canadiens. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Saison 1910-1911". Notre Histoire (en francés). Montreal Canadiens. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Jack Laviolette". Notre Histoire (en francés). Montreal Canadiens. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ (Normand & Bruneau 2008, p. 76)
- ↑ 20,0 20,1 "Jack Laviolette. Biography". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Jack Laviolette" (en inglés). Canada's Sports Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Entraîneurs. Jack Laviolette (1909-1910)". Notre Histoire (en francés). Montreal Canadiens. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2015.
- ↑ (Hockey Hall of Fame 2003, p. 56)
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Bibliografía
editar- Diamond, Dan (1998). Total Hockey: The Official Encyclopedia of the National Hockey League (en inglés). Total Sports. pp. 1879. ISBN 978-0836271140.
- Hockey Hall of Fame (2003). Honoured Members: Hockey Hall of Fame. Bolton, Ontario: Fenn Publishing. ISBN 1-55168-239-7.
- Mason, Daniel S. (1998). The International Hockey League and the Professionalization of Ice Hockey, 1904-1907 (PDF). Journal of Sport History (en inglés) 25. p. 17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de agosto de 2010. Consultado o 20 de novembro de 2015.
- McKinley, Michael (2000). Putting a Roof on Winter: Hockey's Rise from Sport to Spectacle (en inglés). Vancouver, Columbia Británica: Greystone Books. p. 320. ISBN 1-55054-798-4.
- McKinley, Michael (2006). Hockey: A People's History (en inglés). McClelland & Stewart. p. 384. ISBN 0-7710-5769-5.
- Normand, Léandre; Bruneau, Pierre (2008). La glorieuse histoire des Canadiens (en francés). Montreal: Éditions de l'Homme. p. 823. ISBN 2-7619-1860-6.
- Strachan, Al (2000). Cent ans de hockey (en francés). Hurtubise HMH ltée. ISBN 2-89428-439-X.
- Zeisler, Laurel (2012). Historical Dictionary of Ice Hockey. Scarecrow Press. p. 450. ISBN 0810878631.
Ligazóns externas
editar- Jack Laviolette en Legends of Hockey (en inglés)
Predecesor: Creación do posto |
Adestrador dos Montreal Canadiens 1910–11 |
Sucesor: Adolphe Lecours |
Predecesor: Creación do posto |
Capitán dos Montreal Canadiens 1910 |
Sucesor: Newsy Lalonde |
Predecesor: Newsy Lalonde |
Capitán dos Montreal Canadiens 1911–12 |
Sucesor: Newsy Lalonde |
Predecesor: Creación do posto |
General Manager dos Montreal Canadiens 1909–10 con Joseph Cattarinich |
Sucesor: George Kennedy |