Hipercor

Hipercor é unha cadea de hipermercados de España, pertencente ao grupo El Corte Inglés, cuxo presidente é Isidoro Álvarez Álvarez. Ten a súa sede no edificio corporativo de Madrid.

Hipercor
Hipercor logo.svg
Hipercor Xanadu.jpg
TipoSociedade Anónima
Fundación5 de setembro de 1980
LocalizaciónMadrid, España España
Persoas claveIsidoro Álvarez (Presidente)
IndustriaHipermercados
Páxina webhipercor.es
editar datos en Wikidata ]
O edificio de El Corte Inglés en Madrid ten a sede de Hipercor.
Hipercor do Centro Comercial Madrid Xanadú.

O sufixo 'Cor' (de Corte) é o que caracteriza a todas aquelas empresas propietarias do grupo El Corte Inglés. Está presente noutras cadeas como Supercor (supermercados), Opencor (tendas de conveniencia) ou Bricor (gran superficie de bricolaxe e decoración).

HistoriaEditar

Hipercor inaugurouse o 5 de setembro de 1980 en Sevilla, como novo formato do grupo El Corte Inglés, para satisfacer as necesidades dunha sociedade cada día máis ampla en hábitos e comportamentos de compra. O primeiro Hipercor foi creado seguindo as pautas dos hipermercados tradicionais, en localización e implantación e distribución interna, pero cunha variedade e calidade máis amplo, característica típica de El Corte Inglés.

O logotipo da nova empresa era moi similar ao da súa matriz El Corte Inglés, pero o seu triángulo pasou a ser azul, en lugar do tradicional verde da empresa matriz.

Localización dos centrosEditar

Hipercor dispón de 39 centros en España:

Próximos centrosEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar