Henrique III de Bar
Henrique III de Bar, nado en 1259 e finado en Nápoles en setembro de 1302, foi conde de Bar desde 1291 ata 1302. Era fillo de Teobaldo II, conde de Bar, e de Xoana de Toucy.
Nome orixinal | (fr) Henri III de Bar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1259 valor descoñecido |
Morte | setembro de 1302 (42/43 anos) Nápoles |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Lingua | Lingua francesa |
Outro | |
Título | Count of Bar (en) (1291–1302) |
Familia | House of Scarpone (en) |
Cónxuxe | Leonor de Inglaterra, condesa de Bar (1293 (Gregoriano)–) |
Fillos | Eduardo I de Bar, Jeanne van Bar (en) , Lady Eleanor de Bar (en) |
Pais | Theobald II, Count of Bar (en) e Jeanne of Toucy (en) |
Irmáns | Reginald of Bar (en) , Theobald, Bishop of Liège (en) e Philippa de Bar (en) |
Traxectoria
editarFixeron as súas primeiras armas durante un conflito entre o pai e o bispo de Metz, Bucardo de Avesnes; logo serviu a Frederico III, duque de Lorena. Dispoñíase a partir para loitar a Terra Santa cando morreu seu pai.
Sete anos antes, a condesa de Champaña Xoana I casara co futuro rei de Francia Filipe IV o Belo, facendo do Barrois o veciño inmediato do dominio real. Desexando manter boas alianzas cun veciño tan poderoso, casou en 1293 con Leonor, filla do rei Eduardo I de Inglaterra (1269-1297).
A guerra pronto estalou entre Francia e Inglaterra e Henrique estivo implicado nos conflitos, que rematou o 4 de xuño de 1301 polo Tratado de Bruxas. Henrique tivo que lle ceder algunhas forzas ao seu poderoso veciño, pero sobre todo renderlle homenaxe a Filipe IV de Francia por unha parte do seu condado que se chamará Barrois Movedizo e prometeu ir a Chipre para loitar contra os infieis.
Foi ao reino de Nápoles para embarcarse cara Oriente. En Nápoles prestou axuda ao rei Carlos II, que tivo que rexeitar unha invasión do rei Frederico I de Sicilia. Foi ferido grave durante un enfrontamento e morreu pouco despois.
Matrimonio e fillos
editarCasou en Bristol o 20 de setembro de 1293 con Leonor de Inglaterra (1269- 1297), filla de Eduardo I de Inglaterra, rei de Inglaterra e Leonor de Castela e tivo:
- Eduardo I (1295 - 1336), conde de Bar.
- Xoana (1295 † 1361), casada con Xoán, conde de Warren, de Sussex e de Strathein. O matrimonio foi anulado en 1315 e Xoana será a rexente do Ducado de Bar a partir de 1354 (ano no que o condado de Bar foi elevado a ducado).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Georges Poull, La Maison souveraine et ducale de Bar, 1994
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique III de Bar |