Henri Rochefort
Victor Henri Rochefort, Marqués de Rochefort-Luçay, nado en París o 30 de xaneiro de 1830 e finado en Aix-les-Bains o 30 de xuño de 1913, foi un escritor, xornalista e político francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Victor Henri de Rochefort-Luçay 30 de xaneiro de 1831 París, Francia |
Morte | 30 de xuño de 1913 (82 anos) Aix-les-Bains, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre |
Deputado da Asemblea Nacional | |
1885 – 1886 Circunscrición electoral: Seine (pt) | |
Deputado da Asemblea Nacional | |
1869 – 1871 Circunscrición electoral: Seine (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | xornalista , novelista , escritor , dramaturgo , político , comuneiro |
Empregador | município de paris (pt) Le Figaro (pt) Le Charivari (en) Le Nain jaune (en) |
Pseudónimo literario | Grimsel |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Fillos | Octave Rochefort (en) |
Pai | Claude Louis Marie Rochefort-Luçay (en) |
Irmáns | Caroline de Rochefort (en) |
Parentes | Armand Dufaux (pt) (neto) Henri Dufaux (pt) (neto) Auguste-Frédéric Dufaux (pt) (xenro) |
Cronoloxía | |
abril de 1878-outubro de 1878 | Noivado (Morges (pt) ) |
Traxectoria
editarDespois de iniciar os estudos de medicina, traballou durante un tempo nun sonado hotel parisiense, para logo adicarse a escribir teatro e ao xornalismo. En 1863 entrou a formar parte do xornal Le Figaro, mais unha serie de artigos, que posteriormente publicaría baixo o título xenérico de A decadencia francesa, provocaron un conflito do xornal coas autoridades e a rescisión do seu contrato.
En colaboración con outros dramaturgos adicouse a escribir unha serie de vodeviles de certo éxito. Tras a saída de Le Figaro fundou o seu propio xornal, La Lanterne. Porén, o xornal foi secuestrado ao saír do prelo o seu undécimo número e Rochefort multado con 10.000 francos e condenado a un ano de prisión.
Pasou entón a publicar o xornal en Bruxelas, dende onde era introducido clandestinamente en Francia, impreso en francés, castelán, inglés, italiano e alemán. Máis tarde, en 1869, consegue ocupar un escano no parlamento francés. Aproveita para encetar un novo xornal, A Marsellesa, que fixo do Segundo Imperio Francés o branco das súas críticas, algunhas baixo a forma de artigos moi violentos. A causa dun deles un colaborador del, Victor Noir, foi asasinado por Pierre Napoleon Bonaparte, sobriño de Napoleón I de Francia. Tanto Rochefort coma outro dos seus colaboradores, Paschal Grousset foron condenados a seis meses de prisión e o xornal clausurado en 1870.
Tras as revoltas parisienses de 1870 foi liberado e formou parte do goberno da Terceira República Francesa, pero as súas simpatías polos comuneiros socialistas fixo que o abandonase. Logo do efémero control do poder ostentado por estes, na primavera de 1871, tentou fuxir de París disfrazado, mais foi novamente apreixado e condenado desta vez a cadea perpetua. Malia os esforzos do escritor Victor Hugo por conseguir a súa liberación foi deportado a Nova Caledonia. En 1874 logrou escapar e viviu exiliado en Londres e Xenebra, ata que a amnistía decretada en 1880 permitiu a súa volta a París, onde volveu fundar outro xornal, L'Intransigeant, de ideario socialista.
A axitación provocada polos partidarios de Georges Boulanger dálle unha nova oportunidade a Rochefort para facer uso do seu xornalismo incendiario e violento. En 1889 seguiu no exilio ao militar e, tras o suicidio de Boulanger, continuou coa polémica dende Londres. Volvería a París seis anos despois. En 1897 estalou o caso Dreyfus. Tomou parte polos anti-dreyfusards, encargándose de organizar a súa campaña de prensa.
Por toda a súa axitada carreira profesional, Rochefort pasou a historia do mundo do xornalismo co significativo alcume de Le prince des polémistes ("O príncipe dos polemistas").
Obras
editar- Les Petits Mystères de l'Hôtel des Ventes (1862).
- Les Dépravés (1882)
- Les Naufrageurs (1876)
- L'Évadé (1883)
- Napoléon dernier (3 vols., 1884)
- Les Aventures de ma vie (5 vols., 1896)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía de Rochefort nunha páxina web adicada á análise do caso Dreyfus Arquivado 24 de abril de 2013 en Wayback Machine.