Helena Cantacuzena

Helena Cantacuzena (en grego: Έλενα Καντακουζηνή), nada en 1333 e finada o 10 de decembro de 1396, foi a emperatriz consorte de Xoán V Paleólogo no Imperio bizantino.

Infotaula de personaHelena Cantacuzena
Biografía
Nacemento1333 Editar o valor em Wikidata
Imperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Morte10 de decembro de 1396 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Byzantine empress (en) Traducir
1379 – 1391
← Keratsa da Bulgária (pt) TraducirHelena Dragas (pt) Traducir →
Byzantine empress (en) Traducir
1347 – 1376
← Irene AsaninaKeratsa da Bulgária (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmpress consort (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaFamília Cantacuzeno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeXoán V Paleólogo Editar o valor em Wikidata
FillosManuel II Paleólogo, Irene Palaiologina (en) Traducir, Miguel Paleólogo (pt) Traducir, Teodoro I Paleólogo, Andrónico IV Paleólogo Editar o valor em Wikidata
PaisXoán VI Cantacuzeno Editar o valor em Wikidata  e Irene Asanina Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Cantacuzeno, Mateo Cantacuzeno, Andronikos Kantakouzenos (en) Traducir, Maria Kantakouzene (en) Traducir e Teodora Cantacuzena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Familia editar

Era filla de Xoán VI Cantacuzeno e Irene Asanina.

Foi a irmá de Mateo Cantacuzeno e Manuel Cantacuzeno. As súas irmás María e Teodora eran as respectivas esposas de Nicéforo II Orsini e Orhan I.

Emperatriz editar

Xoán V e Xoán VI foron emperadores rivais nunha guerra civil que se desatou desde 1341 até 1347. As dúas partes por fin chegaron a un acordo. Segundo os seus termos Xoán VI sería recoñecido como principal coemperador con Xoán V máis novo que el. O matrimonio foi selado co matrimonio de Helena con Xoán V.

O matrimonio tivo lugar o 28 de maio de 1347 ou o 29 de maio de 1347. Helena tiña uns trece anos, mentres que ao seu noivo lle faltaba un mes para cumprir o seu décimo quinto aniversario[1]. A paz só durou até 1352 cando o seu esposo renovou as hostilidades contra o seu pai. Xoán VI viuse obrigado a renunciar ao trono o 4 de decembro de 1354. O seu irmán Mateo retería o seu título de coemperador até a súa propia derrota en 1357.

Helena e Xoán V tiveron polo menos nove fillos:

Últimos anos editar

O 12 de agosto de 1376, Xoán V foi deposto nun golpe de estado polo seu fillo Andrónico IV. Helena foi tomada cativa xunto coa maioría da familia imperial. Andrónico IV foi apoiado principalmente pola República de Xénova. A súa principal oposición proveu da República de Venecia, o inimigo tradicional de Xénova, e Murad I. Andrónico IV cooperara con Savci Bey, un fillo de Murad, nun intento conxunto para depor aos seus respectivos pais en 1373. Murad mantívose hostil cara a el e apoiou a Xoán V.

Murad foi o responsábel da restauración de Xoán V o 1 de xullo de 1379. Andrónico retirouse a Gálata, que estaba baixo control xenovés. Helena foi tomada como refén e permaneceu en cativerio até 1381[2].

O conflito de Xoán V e Andrónico IV continuou até a morte deste último en 1385. Andrónico IV foi substituído polo seu fillo Xoán VII Paleólogo que logrou derrocar brevemente ao seu avó en 1390. O papel de Helena no conflito foi mínimo xa que poucas fontes aínda a mencionan.

Xoán V foi restaurado no trono pero morreu o 16 de febreiro de 1391. Helena sobreviviulle e retirouse ao convento de Santa Marta adoptando o nome monástico de Hipomona (Paciencia)[3]. Morreu aí como monxa.

Notas editar

  1. Ducæ Michælis Nepotis, 5 e 10, pp. 20 e 39.
  2. Nicol (1972), pp. 292-3.
  3. Nicol (1972), p. 305.