Manuel Cantacuzeno
Manuel Cantacuzeno (en lingua grega, Μανουήλ Καντακουζηνός, Manuēl Kantakuzēnós), nado sobre 1326 en finado en Mistras, Peloponeso, o 10 de abril de 1380, foi Déspota de Morea do 25 de outubro de 1349 até a súa morte. Foi tamén pretendente ao título de Príncipe de Acaia.
Nome orixinal | (el) Μανουήλ Καντακουζηνός |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1326 (Gregoriano) Mistras, Grecia (pt) |
Morte | 10 de abril de 1380 (53/54 anos) Mistras, Grecia (pt) |
Déspota de Morea | |
Familia | |
Familia | Família Cantacuzeno (pt) |
Cónxuxe | Isabelle de Lusignan |
Pais | Xoán VI Cantacuzeno e Irene Asanina |
Irmáns | Mateo Cantacuzeno Maria Kantakouzene Teodora Cantacuzena Helena Cantacuzena Andronikos Kantakouzenos |
Traxectoria
editarFoi o segundo fillo do Emperador Bizantino Xoán VI Cantacuzeno. Foi gobernador de Veria e Constantinopla nos anos 1340. En 1348, foi nomeado gobernador de Morea polo seu pai. Foi o primeiro en levar o título de «Déspota».
Restableceu a orde na provincia sometendo aos notábeis gregos locais (arkhontes). Mantivo boas relacións cos seus veciños latinos do Principado de Acaia e asegurou un período de prosperidade á rexión. Unha alianza cos señores latinos permitiulle mesmo facer fronte ás razias de Murad I nos anos 1360. Animou tamén as migracións de albaneses para repoboar a península.
Contraeu matrimonio con Isabel (ou Zampea ou María) de Lusignan, filla de Guy de Lusignan, que reinaba en Armenia baixo o nome de Constantino IV.
Á súa morte en 1380, sucedeuno o seu irmán Mateu Cantacuzeno.