Nicéforo II Orsini

Nicéforo II Orsini (en grego: Νικηφόρος Β΄ Δούκας, Nikēphóros II Dúkas), foi o gobernante de Epiro desde 1335 até 1338 e desde 1356 até a súa morte en 1359, ademais de gobernante de Tesalia na segunda época do seu reinado.

Infotaula de personaNicéforo II Orsini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1328 Editar o valor em Wikidata
Morte1359 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
Acheloos, Grecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Despot of Epirus (en) Traducir
1335 – 1355
← Xoán II OrsiniSimeón Uroš → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamília Orsini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisXoán II Orsini Editar o valor em Wikidata  e Anna Palaiologina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsThomais Orsini (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nicéforo foi o fillo de Xoán II Orsini de Epiro e Ana Paleóloga Anxelina (da dinastía Paleólogo). Cando a súa nai presuntamente envelenou ao seu pai en 1335, Nicéforo II sucedeuno como un neno de 7 anos de idade. A súa nai Ana asumiu a rexencia do seu pequeno fillo, pero non acougou a inimizade do emperador bizantino Andrónico III Paleólogo, quen invadiu e anexou a parte epirota de Tesalia en 1336 e avanzou cara a Ioánnina. Os albaneses tomaron vantaxe dun conflito no sur para atacar as posesións bizantinas no norte, pero foron derrotados polo emperador en 1337.

Andrónico convocou a Ana para negociar en 1338 pero negouse a aceptar ao seu fillo como vasalo bizantino e instalou os seus gobernadores en Epiro. Mantendo a Ana como refén, Andrónico organizou o matrimonio entre Nicéforo e María Cantacuzena, a filla da súa man dereita Xoán Cantacuzeno. Con todo, a facción anti-bizantina da nobreza fixo saír a Nicéforo fóra do país e enviouno á corte da emperatriz titular de Constantinopla Catarina II de Valois en Tarento, coa esperanza de efectuar a súa restauración coa axuda anxevina.

En 1338 Catarina pasou polo Peloponeso para atender aos seus intereses alí, levando a Nicéforo con ela. Por instigación de Catarina os epirotas rebeláronse en Arta en nome de Nicéforo en 1339, e foi enviado oportunamente a Epiro. Con todo, Andrónico III e Xoán Cantacuzeno someteron rapidamente a rebelión e cercaron a Nicéforo en Thomokastron. Garantindo a súa seguridade persoal, Xoán Cantacuzeno persuadiu á gornición a renderse. Nicéforo casou con María Cantacuzena e foi honrado co título de panhypersebastos. Levado a Constantinopla, Nicéforo mantívose unido á familia de Cantacuzeno durante a guerra civil bizantina de 1341-1347 . Cando o seu sogro se autoproclamou a si mesmo emperador Xoán VI en 1347, Nicéforo recibiu o rango de déspota. Desde 1351 confióuselle a gobernación de Ainos e as cidades ao longo do Helesponto.

A finais de 1355, aproveitando a continuación da guerra civil bizantina e a morte do emperador (tsar) Estevo Uroš IV Dušan de Serbia, que conquistara Epiro a finais a década de 1340, Nicéforo regresou a Grecia e reuniu apoio. Aproveitando a anarquía causada pola morte do gobernador serbio de Tesalia, Nicéforo tomou a rexión na primavera de 1356, e avanzou cara a Epiro. Expulsou o irmán de Dušan Simeón Uroš (que casou coa irmá de Nicéforo Tomasa) de Arta e asegurou o seu control sobre as cidades da rexión.

A cidade, con todo, fora invadida polos clans albaneses e foi efectivamente imposíbel de controlar. Para fortalecer a súa posición e evitar unha reacción serbia, Nicéforo puxo ao carón á súa esposa María Cantacuzena e dispúxose a casar con Teodora de Bulgaria, a irmá da viúva de Dušan, Helena, quen gobernaba Serbia polo seu fillo. Con todo, María era popular e o seu esposo viuse obrigado a recuperala pola nobreza epirota. Nicéforo tamén entrou en negociacións co seu cuñado Simeón Uroš. Pouco despois de recuperar á súa esposa, Nicéforo foi asasinado en 1359 mentres loitaba contra os albaneses na Batalla de Aqueloo en Etolia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar