Hedda Hopper, nada en Hollidaysburg (Pensilvania) o 2 de maio de 1890 e finada en Hollywood (California) o 1 de febreiro de 1966, foi unha actriz e xornalista estadounidense, rival xornalística de Louella Parsons.[1][2]

Infotaula de personaHedda Hopper

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1885 Editar o valor em Wikidata
Hollidaysburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1966 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Hollywood (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPensilvania Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFofoca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Hollywood Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , locutora de radio , crítica de cinema , actriz de televisión , actriz de teatro , actriz de cinema , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1908 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorLos Angeles Times Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDeWolf Hopper (pt) Traducir (1913–1922) Editar o valor em Wikidata
FillosWilliam Hopper (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0394407 Rottentomatoes: celebrity/hedda_hopper Allmovie: p33223 IBDB: 45580
Musicbrainz: 81dd4588-756c-4909-ac0b-4ec860567588 Discogs: 1481865 WikiTree: Furry-134 Find a Grave: 504 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu verdadeiro nome era Elda Furry. Os seus pais eran David e Margaret Furry, ambos os dous cuáqueros. Os seus irmáns eran Dora Furry (nada en marzo de 1880); Sherman Furry (nado en xuño de 1882); Cameron Furry (setembro de 1887); Edgar Furry (20 de abril de 1889-novembro de 1975); Frank M. Furry (agosto de 1891); e Margaret Furry (xullo de 1897).

A familia mudouse á próxima Altoona, Pensilvania, cando Elda tiña tres anos de idade. O seu pai posuía unha carnizaría. Ela finalmente viaxou a Nova York e empezou a súa carreira actuando en coros teatrais de Broadway. Hopper non tivo éxito nesta aventura, chegando a ser despedida polos famosos irmáns Shubert. Así mesmo, Florenz Ziegfeld criticou a aspirante a artista. Tras uns anos conseguiu entrar na compañía teatral de DeWolf Hopper. Así, permaneceu no coro e viaxou coa compañía por todo o país. Co tempo quixo actuar no canto de participar unicamente como membro do coro. Tivo coñecemento de que Edgar Selwyn buscaba actores para facer unha xira coa súa obra The Country Boy, polo que se presentou ás probas. Conseguiu un papel e ela viaxou coa compañía durante 35 semanas.

Durante o verán estudou canto e no outono viaxou con The Quaker Girl no segundo papel. O show finalizou en Albany, Nova York.

Carreira editar

 
Con Carole Lombard en The Racketeer (1929).

Hopper empezou a actuar no cine mudo en 1915. O seu debut foi co filme Battle of Hearts (1916). Traballou en máis de 120 títulos nos seguintes 23 anos, habitualmente interpretando distinguidas damas da alta sociedade.

Cando a súa carreira cinematográfica declinou a mediados da década de 1930, Hopper buscou outras fontes de ingresos. En 1937 recibiu unha oferta para redactar unha columna xornalística de crónica de sociedade. A súa columna, chamada "Hedda Hopper's Hollywood", debutou en Los Angeles Times o 14 de febreiro de 1938.[3] Tras anos de loitar como actriz, finalmente atopou o seu posto. Bautizou a casa que adquiriu en Beverly Hills (California), como "The House That Fear Built (A casa que edificou o medo)." Nesta ocupación tivo unha contenda notoria con Louella Parsons, xornalista de longa traxectoria na especialidade. Hopper e Parsons rivalizaron polo título de "Raíña de Hollywood", aínda que quen as coñeceron afirmaban que Hopper era a máis sádica.

As actividades de Hopper foron moi controvertidas, son rechamantes as relacionadas con Charlie Chaplin, Katharine Hepburn e Spencer Tracy ou Joseph Cotten e Deanna Durbin.[4] Tamén foron albo dos seus comentarios Cary Grant e Randolph Scott, ademais de Michael Wilding e Stewart Granger.[5] Hopper recibiu a crítica das actrices ZaSu Pitts e Joan Fontaine.[6]

Radio e televisión editar

Coñecida polos seus comentarios e entrevistas ás estrelas cinematográficas, Hopper debutou como presentadora do seu propio programa radiofónico, The Hedda Hopper Show, estreado o 6 de novembro de 1939. Patrocinado por Sunkist Growers, Incorporated, emitiuse na cadea CBS tres veces por semana até outubro de 1942. Entre outubro de 1944 e setembro de 1945 foi patrocinado por Treet e emitido unha vez á semana. O 10 de setembro de 1945 trasladouse á cadea ABC, aínda baixo patrocinio de Treet, radiando unha emisión semanal até xuño de 1946. Hopper volveu a CBS o 5 de outubro de 1946 cun programa semanal de 15 minutos de duración chamado This Is Hollywood, e patrocinado por Procter & Gamble. A súa última emisión foi o 28 de xuño de 1947.

Na NBC presentou un programa de variedades de 30 minutos, The Hedda Hopper Show, emitido desde o 14 de outubro de 1950 até o 20 de maio de 1951, Neste programa combinábase a música, a conversa e os extractos dramatizados de películas con invitados famosos, tales como Broderick Crawford facendo unha escena de All the King's Men.

O 10 de xaneiro de 1960 emitiuse un especial televisivo na NBC, Hedda Hopper's Hollywood, presentado por Hopper, e con entrevistas a Lucille Ball (antiga amiga de Hopper), Francis X. Bushman, Liza Minnelli, John Cassavetes, Robert Cummings, Marion Davies (a súa última aparición en público), Walt Disney, Janet Gaynor, Bob Hope, Hope Lange, Anthony Perkins, Debbie Reynolds, James Stewart e Gloria Swanson.

Hopper tamén fixo breves actuacións no último tramo da súa carreira, incluíndo breves cameos nos filmes Sunset Blvd. (1950) e The Patsy (1964), así como en episodios de I Love Lucy e The Beverly Hillbillies. Escribiu unha autobiografía, From Under My Hat (Doubleday, 1952), e o título The Whole Truth and Nothing But (1963), tamén publicado por Doubleday.

Hopper seguiu escribindo até a súa morte, producindo seis columnas diarias e unha dominical para o Chicago Tribune, así como incontables artigos para revistas de celebridades tales como Photoplay.

Vida persoal editar

Hopper casou o 8 de maio de 1913 con DeWolf Hopper en Nova Jersey. Tiveron un fillo, o actor William Hopper, coñecido por interpretar a Paul Drake na serie Perry Mason.[7] A parella divorciouse en 1922.[8]

Hopper faleceu por mor dunha pneumonía no Hospital Cedars of Lebanon, en Hollywood. Tiña 75 anos de idade. Está enterrada no cemiterio Rose Hill de Altoona, Pensilvania.[7]

Pola súa contribución á industria cinematográfica ten unha estrela no paseo da fama de Hollywood, no 6313 1/2 de Hollywood Boulevard.

Filmografía editar

Películas:

  • The Battle of Hearts (1916)
  • Seven Keys to Baldpate (1917)
  • Her Excellency, the Governor (1917)
  • Nearly Married (1917)
  • The Beloved Traitor (1918)
  • By Right of Purchase (1918)
  • Virtuous Wives (1918)
  • The Third Degree (1919)
  • Sadie Love (1919)
  • The Isle of Conquest (1919)
  • The Man Who Lost Himself (1920)
  • The New York Idea (1920)
  • Heedless Moths (1921)
  • The Inner Chamber (1921)
  • Conceit (1921)
  • Sherlock Holmes' (1922)
  • What's Wrong with the Women? (1922)
  • Women Men Marry (1922)
  • Has the World Gone Mad! (1923)
  • Reno (1923)
  • Another Scandal (1924)
  • Gambling Wives (1924)
  • Why Men Leave Home (1924)
  • Happiness (1924)
  • Miami (1924)
  • Sinners in Silk (1924)
  • The Snob (1924)
  • Her Market Value (1925)
  • Declassée (1925)
  • Dangerous Innocence (1925)
  • Zander the Great (1925)
  • A. J. Raffles (1925)
  • The Teaser (1925)
  • Borrowed Finery (1925)
  • Dance Madness (1926)
  • The Caveman (1926)
  • Pleasures of the Rich (1926)
  • Skinner's Dress Suit (1926)
  • Lew Tyler's Wives (1926)
  • The Silver Treasure (1926)
  • Don Juan (1926)
  • Fools of Fashion (1926)
  • Obey the Law (1926)
  • Orchids and Ermine (1927)
  • Venus of Venice (1927)
  • Matinee Ladies (1927)
  • Children of Divorce (1927)
  • Black Tears (1927)
  • The Cruel Truth (1927)
  • Adam and Evil (1927)
  • Wings (1927)
  • One Woman to Another (1927)
  • The Drop Kick (1927)
  • A Reno Divorce (1927)
  • French Dressing (1927)
  • Companionate Marriage (1928)
  • Love and Learn (1928)
  • The Whip Woman (1928)
  • The Port of Missing Girls (1928)
  • The Chorus Kid (1928)
  • Harold Teen (1928)
  • Green Grass Widows (1928)
  • Undressed (1928)
  • Runaway Girls (1928)
  • Girls Gone Wild (1929)
  • The Last of Mrs. Cheyney (1929)
  • His Glorious Night (1929)
  • Half Marriage (1929)
  • The Racketeer (1929)
  • A Song of Kentucky (1929)
  • Such Men Are Dangerous (1930)
  • High Society Blues (1930)
  • Murder Will Out (1930)
  • Holiday (1930)
  • Let Us Be Gay (1930)
  • Our Blushing Brides (1930)
  • War Nurse (1930)
  • The Easiest Way (1931)
  • The Prodigal (1931)
  • Men Call It Love (1931)
  • A Tailor Made Man (1931)
  • Shipmates (1931)
  • The Common Law (1931)
  • The Mystery Train (1931)
  • Rebound (1931)
  • Flying High (1931)
  • West of Broadway (1931)
  • Good Sport (1931)
  • The Man Who Played God (1932)
  • Night World (1932)
  • As You Desire Me (1932)
  • Skyscraper Souls (1932)
  • Downstairs (1932)
  • Speak Easily (1932)
  • The Unwritten Law (1932)
  • Men Must Fight (1933)
  • The Barbarian (1933)
  • Pilgrimage (1933)
  • Beauty for Sale (1933)
  • Bombay Mail (1934)
  • Little Man, What Now? (1934)
  • Let's Be Ritzy (1934)
  • No Ransom (1934)
  • One Frightened Night (1935)
  • Lady Tubbs (1935)
  • Society Fever (1935)
  • Alice Adams (1935)
  • I Live My Life (1935)
  • Three Kids and a Queen (1935)
  • Ship Cafe (1935)
  • The Dark Hour (1936)
  • Doughnuts and Society (1936)
  • Dracula's Daughter (1936)
  • Bunker Bean (1936)
  • You Can't Buy Luck (1937)
  • Dangerous Holiday (1937)
  • Topper (1937)
  • Artists and Models (1937)
  • Vogues of 1938 (1937)
  • Nothing Sacred (1937)
  • Tarzan's Revenge (1938)
  • Maid's Night Out (1938)
  • Dangerous to Know (1938)
  • Thanks for the Memory (1938)
  • Midnight (1939)
  • The Women (1939)
  • The Aldrich Family - What a Life (1939)
  • That's Right - You're Wrong (1939)
  • Laugh It Off (1939)
  • Queen of the Mob (1940)
  • Cross-Country Romance (1940)
  • The Aldrich Family - Life with Henry (1941)
  • I Wanted Wings (1941)
  • Reap the Wild Wind (1942)
  • Breakfast in Hollywood (1946)
  • The Corpse Came C.O.D. (1947)
  • Sunset Blvd. (1950)
  • Pepe (Cameo, 1960)
  • The Patsy (1964)
  • The Oscar (1966)

Curtametraxes:

  • Mona Lisa (Filme experimental en Technicolor, 1926)
  • Cat, Dog & Co. (1929)
  • The Stolen Jools (1931)
  • Apples to You! (1934)
  • Hedda Hopper's Hollywood No. 1 (1941)
  • Hedda Hopper's Hollywood No. 2 (1941)
  • Hedda Hopper's Hollywood No. 3 (1942)
  • Hedda Hopper's Hollywood No. 4 (1942)
  • Hedda Hopper's Hollywood No. 5 (1942)
  • Hedda Hopper's Hollywood No. 6 (1942)
  • Unusual Occupations (1946)
  • Screen Snapshots: Hollywood Movie Columnists (1947)
  • Screen Snapshots: The Walter Winchell Party (1957)
  • Screen Snapshots: WAIF International Ball (1957)

Notas editar

  1. Hedda Hopper's grave
  2. Associated content "The Bitter Feud Between Louella Parsons and Hedda Hopper" - en inglés
  3. "Hedda Hopper Timeline". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2008. Consultado o 05 de xullo de 2008. 
  4. The Grove Book of Hollywood. Grove Press. 1998. ISBN 0-802-13878-0. 
  5. Drama Queens: Wild Women of the Silver Screen. Conari. ISBN 1-573-24136-9. 
  6. MacNair, Jennifer (2002). The Bad & the Beautiful: Hollywood in the Fifties. W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-32436-2. 
  7. 7,0 7,1 Fade to Black: A Book of Movie Obituaries. Omnibus. 2005. ISBN 1-844-49430-6. 
  8. Made in Heaven: The Marriages and Children of Hollywood Stars. Bonus Books. 1991. ISBN 0-929-38724-4. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar