Harry W. Bass

empresario, político, filántropo e numismático estadounidense


Harry Wesley Bass, nado en Oklahoma City, Oklahoma, o 6 de xaneiro de 1927 e finado en Dallas, Texas, o 4 de abril de 1998, foi un político republicano, empresario, filántropo e numismático estadounidense, que presidiu a American Numismatic Society.

Infotaula de personaHarry W. Bass
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1927
Oklahoma City, Oklahoma.
Morte4 de abril de 1998. (71 anos)
Dallas, Texas.
Lugar de sepulturaHillcrest Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de Texas.
Universidade Metodista do Sur.
Actividade
OcupaciónEmpresario, político e numismático.
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMary Mathewson (1947).
Doris Wampler Calhoun (1979).
PaiHarry Wesley Bass Sr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bass-7134 Find a Grave: 36695628 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Bass naceu en 1927 en Oklahoma City, Oklahoma, fillo de Wilma Olive Schuessler e de Harry W. Bass,[1] un empresario cofundador das compañías petroleiras e gaseiras Goliad Corporation e Goliad Oil and Gas Corporation, en Duncanville, preto de Dallas, Texas.[2] Tiña un irmán, chamado Richard Bass.[3]

Harry Bass educouse na St. Mark's School, de Texas, daquela coñecida como Texas Country Day School, e logo cursou os seus estudos superiores na Universidade de Texas e na Universidade Metodista do Sur, no mesmo estado.[4][5]

Durante a segunda guerra mundial, participou no Pacífico Sur coa Armada dos Estados Unidos.[4][5]

Carreira empresarial e política editar

Harry Bass comezou a súa carreira como empresario en Calgary, na provincia canadense de Alberta, no seo das empresas de petróleo e gas propiedade do seu pai.[5]

A finais da década de 1950 fundou unha compañía dedicada á recollida de datos de votantes, que resultou ser un fracaso financeiro. No ámbito político foi presidente de finanzas do Partido Republicano no condado de Dallas,[2] e en 1957 resultou elixido presidente do Partido Republicano nese condado,[4] aínda que dimitiu ese mesmo ano.[6] En 1960, xunto co representante republicano Bruce Alger, organizou unha manifestación contra o senador demócrata Lyndon B. Johnson —máis tarde presidente— cando este visitou Dallas.[7][8] Tamén foi delegado na Convención Nacional Republicana de 1964.[5]

Bass era copropietario de H. W. Bass and Sons, unha compañía privada con sede en Dallas. Tamén investiu no desenvolvemento de estacións de esquí en Aspen, Colorado, en 1955. Máis tarde, foi propietario, xunto co seu irmán, do 7 % da Aspen Ski Corporation. Investiu tamén no desenvolvemento das instalacións de esquí de Vail, Colorado, e converteuse no accionista maioritario da empresa Vail Associates, Inc.,[4] co 57 % das accións en 1978, o que o levou á presidencia da compañía en 1979. Posteriormente ampliou as súas participacións para incluír Beaver Creek Resort.[2]

Numismática e filantropía editar

Bass comezou a coleccionar moedas en 1966, logo dunha compra nunha poxa organizada por James Kelly,[4][9] e desde entón foi un asistente asiduo a poxas numismáticas.[10]

En 1976 comentou que investira "millóns de dólares" en moedas, e engadiu que tiña o 25 % da súa carteira en moedas, a maioría delas de ouro do século XIX e ata 1933.[4][9][11] En 1966 ingresou na American Numismatic Society e en 1978 foi elixido presidente desta entidade, cargo que ocupou ata 1984.[4][12][13]

En 1970 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.[4]

Harry Bass instituíu en 1991 a entidade filantrópica Harry W. Bass Jr. Research Foundation,[4] co obxectivo principal de apoiar a numismática.[14] O 9 de maio de 2023 anunciouse unha doazón de 40 millóns de dólares da Fundación á Universidade de Texas en Dallas. Tamén se anunciou que a Escola de Artes, Humanidades e Tecnoloxía desa universidade recibiría o nome de Harry W. Bass Jr., en recoñecemento da súa figura.[15]

Igualmente, na súa honra, a biblioteca numismática da American Numismatic Society recibe o nome de The Harry W. Bass Jr. Library.[16]

Recoñecementos editar

Vida persoal e legado editar

Bass contraeu matrimonio en dúas ocasións, a primeira en 1947, con Mary Mathewson,[5] e en segundas nupcias con Doris Wampler Calhoun, en 1979.[1][19]

Faleceu o 4 de abril de 1998 en Dallas, e foi soterrado no cemiterio Sparkman-Hillcrest Memorial Park.[1][19] Pouco despois do seu pasamento, a súa fundación fusionouse coa fundación filantrópica do seu defunto pai, a Harry Bass Foundation, para constituír a Harry W. Bass Jr. Foundation. A dotación económica desta entidade procede dos investimentos petroleiro, así como dos ingresos xerados polas poxas da súa colección numismática.[14][20][21] Por exemplo, trinta moedas da súa colección foron vendidas en poxa pública en 2014 en Dallas.[22]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Harry Wesley Bass Jr.". Findagrave.com
  2. 2,0 2,1 2,2 Heisen, L. (1979). "Owning a Piece Of the Rockies.How Harry Bass got to be king of the mountain". En DMagazine.com. 1 de febreiro.
  3. Peppard, A.; Granberry, M.(2015). "Dallas exec and mountain climber Dick Bass dies at 85". En The Dallas Morning News. 27 de xullo.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 Smith, P. (2012).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Elam, L. A. "Harry W. Bass, Jr. Biography". Harry W. Bass Jr. Foundation.
  6. "Bass Quits GOP Post". En Brownwood Bulletin. 13 de decembro de 1957. Páxina 8.
  7. "Lyndon Bitter At GOP Dallas Rudeness". En The Bryan Daily Eagle. 6 de novembro de 1960. Páxina 1.
  8. "Rude Reception Is Given L.B.J. Friday In Dallas". En The Mexia Daily News. 6 de novembro de 1960. Páxina 1.
  9. 9,0 9,1 Reif, R. (1976). "Coin collectors an optimistic bunch". En Corpus Christi Caller Times. 7 de abril. Páxina 25.
  10. "Coin Game Stakes And Players Vary". En The Lincoln Star. 18 de abril de 1976. Páxina 72.
  11. "Harry W. Bass Jr. Gallery". American Numismatic Association (Money.org).
  12. "Harry W. Bass, Jr.". American Numismatic Society (Numismatics.org).
  13. "Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society.
  14. 14,0 14,1 "History of the Foundation". Harry W. Bass Jr. Foundation.
  15. "Arts School Gets New Name with Bass Foundation’s $40 Million Gift". The University of Texas at Dallas. 9 de maio de 2023.
  16. "The Harry W. Bass Jr. Library". American Numismatic Society (Numismatics.org).
  17. "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org).
  18. "Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association.
  19. 19,0 19,1 "Deaths BASS, HARRY WESLEY, JR". En The New York Times. 6 April 1998.
  20. McMorrow-Hernandez, J. "Legendary Harry W. Bass, Jr. Collection Hits the Auction Block for Good Causes". Professional Coin Grading Services. 1 de decembro de 2022.
  21. The Harry W. Bass Jr. Collection. Part I". Bowers and Merena, Inc. 7-9 de maio de 1999, Nova York.
  22. "30 coins from 19th century to sell at Rosemont auction". En Daily Herald. 7 de agosto de 2014.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar