Handball-Bundesliga
A Handball-Bundesliga ou DKB Handball-Bundesliga, é a máxima categoría do balonmán en Alemaña. Foi creada en 1966 e actualmente é o campionato máis destacado a nivel internacional xunto coa Liga ASOBAL do estado español.
Nome na lingua orixinal | (de) Handball-Bundesliga ![]() |
---|---|
Tipo | handball league (en) ![]() ![]() |
Deporte | balonmán ![]() |
Organizador | Federação Alemã de Handebol (pt) ![]() ![]() |
Liga inferior | 2. Handball-Bundesliga (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 18 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Alemaña e Alemaña do Oeste ![]() |
Vixencia | 1966 – ![]() |
Número de edición | 50 ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | liquimoly-hbl.de ![]() |
Historia
editarAs dúas primeiras tempadas, (1947-48 e 1948-49) foron organizadas pola Deutschen Arbeitsausschuss für Handball (DAH). A Deutsche Handballbund (DHB) tomou o relevo en outubro de 1949. A competición realizábase en forma de grupos rexionais cun torneo final ao final da tempada.
En 1966 naceu a Bundesliga como tal, primeiro constituída por dous grupos (Norte e Sur) e logo, dende 1977, nun único grupo formado por dezaoito equipos. En 1981 creouse unha segunda categoría que actualmente está formada por dous grupos (Norte e Sur) formados por dezaoito equipos cada un.