Barclaycard Arena (Hamburgo)

O Hamburger Barclaycard Arena (orixinalmente chamado Color Line Arena) é un pavillón multiúsos situado na cidade de Hamburgo, Alemaña. Inaugurouse no 2002 e conta cunha capacidade de 16.000 espectadores. Está ao lado do Imtech Arena e xunto ao Volksbank Arena no barrio de Bahrenfield.

Barclaycard Arena
Datos
Coordenadas53°35′21″N 9°53′57″L / 53.589167, 9.899167
LocalizaciónHamburgo, Alemaña Alemaña
Construción
Inauguración8 de novembro do 2002
Custo83 millóns de €
Estadio
Capacidade13.800 (balonmán)
13.000 (hóckey sobre xeo)
16.000 (concertos)
PropietarioAnschutz Entertainment Group
LocalíaHSV Hamburg (Handball-Bundesliga)
Hamburg Freezers (DEL)
Webhttps://www.barclays-arena.de
Eventos
Campionato Mundial de Balonmán Masculino de 2007
editar datos en Wikidata ]

Neste polideporivo xogan como locais o club de balonmán HSV Hamburg e o equipo de hóckey sobre xeo Hamburg Freezers. Ademais, este multiúsos albergou a fase final do Campionato Mundial de Balonmán Masculino de 2007 e varios dos combates de boxeo de Wladimir Klitschko.

Eventos impotantes

editar

En novembro do 2005, a WWE organizou un evento como parte do tour das Survivor Series.

O 19 de outubro do 2010, o músico Sting realizou un concerto coa Royal Philharmonic Orchestra.

Véxase tamén

editar