Dr. Haing Somnang Ngor (en chinés 吳漢潤 (Wú Hànrùn),[1] nado o 22 de marzo de 1940 en Samrong Yong, e finado o 25 de febreiro de 1996 nos Ánxeles, foi un actor, autor e médico camboxano. É coñecido por gañar en 1985 o Oscar ó mellor actor secundario no filme The Killing Fields, no que interpretou o xornalista camboxano Dith Pran.

Infotaula de personaHaing S. Ngor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Haing Somnang Ngor Editar o valor em Wikidata
22 de marzo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Indochina Francesa Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRose Hills Memorial Park (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCamboxa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina e actuación cinematográfica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , actor de televisión , actor de cinema , xinecólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsChan Sarun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0628955 Allocine: 37263 Rottentomatoes: celebrity/haing_s_ngor Allmovie: p52508 TCM: 140746
Discogs: 4679740 WikiTree: ង៉ោ-1 Find a Grave: 5681 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Samrong Young,[2] Camboxa, Ngor estudou para ser cirurxián e xinecólogo. Estaba a exercer a súa profesión en Phnom Penh en 1975 cando os Khmer vermellos de Pol Pot tomaron o control do país. Pola súa orixe chinesa tivo que enfrontarse á persecución do goberno, e viuse obrigado a ocultar a súa educación e as súas habilidades de médico para evitar a intensa hostilidade do réxime contra os intelectuais. Foi expulsado da cidade como parte do experimento socialista "Ano Cero" dos Khmer vermellos, e foi retido nun campo de concentración xunto coa súa esposa My-Huoy, que faleceu durante o parto estando no cativerio. Nunca volveu casar.

Trala caída do réxime en 1979 traballou como médico nun campo de refuxiados en Tailandia,[2] e viaxou aos Estados Unidos o 30 de agosto de 1980. En 1988 escribiu Haing Ngor: A Cambodian Odyssey, describindo a súa vida baixo o réxime dos Khmer vermellos.

Asasinato editar

O 26 de febreiro de 1996 Ngor foi tiroteado fóra da súa residencia preto do centro dos Ánxeles. Foron acusados tres destacados membros dos "Oriental Lazy Boyz", unha banda que tiña antecedentes de roubo de carteiras e xoias. Foron xulgados xuntos na Corte Superior dos Ánxeles, aínda que os seus respectivos casos foron escoitados por tres xurados diferentes. Os fiscais argumentaron que mataran a Ngor porque despois de entregar de maneira voluntaria un reloxo Rolex de ouro, se negou a entregarlles un relicario que contiña unha foto da súa esposa. Os avogados da defensa suxeriron que o asasinato tiña connotacións políticas, mais non presentaron evidencias para apoiar a súa teoría.[Cómpre referencia] Os tres foron declarados culpables.

Filmografía editar

Ano Título Papel Notas
1984 The Killing Fields Dith Pran
1986 Eastern Condors Yeung Lung
1989 Vietnam War Story: The Last Days Maior Huyen "The Last Outpost"
The Iron Triangle Coronel Tuong, NVA
1990 Vietnam, Texas Wong
1990 Last Flight Out Pham Van Minh
1991 Ambición sen escrúpulos Tatay
1993 My Life Mr. Ho
1993 Heaven & Earth Papa
1993 Fortunes of War Khoy Thuon
1994 The Dragon Gate Sensei
1996 Hit Me Billy Tungpet

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar