Hélène Pierre-Nicolet

numismática e bibliotecaria francesa


Hélène Pierre-Nicolet, nada en Le Havre, departamento de Seine-Maritime, é unha bibliotecaria e numismática francesa especializada na moeda da Grecia antiga, que ocupou o cargo de directora do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.

Infotaula de personaHélène Pierre-Nicolet
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1930
Le Havre, Seine-Maritime.
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa
EducaciónÉcole normale supérieure de jeunes filles.
Actividade
OcupaciónBiblioteconomía, numismática.
EmpregadorGabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, directora (1976–1987) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClaude Nicolet.

Traxectoria editar

Dedicación á docencia editar

Logo de dous anos de clases preparatorias no Lycée Thiers de Marsella, Hélène Nicolet ingresou no curso 1949-1950 na École Normale Supérieure de Jeunes Filles de Sèvres, nos Altos do Sena. En 1953 accedeu ao corpo de profesores de ensino secundario na especialidade de Clásicas e a partir dese momento exerceu a docencia durante un período de oito anos.[1]

Carreira na Biblioteca Nacional de Francia editar

En 1961 tomou un ano sabático para preparar o seu acceso ao Diploma Superior de Biblioteconomía. En outubro de 1962 foi admitida á oposición para a contratación de bibliotecarios e ese mesmo ano incorporouse á Biblioteca Nacional de Francia, no departamento de Ingresos, dende a súa primeira dedicación foi a redacción de notas bibliográficas para obras en inglés.[1]

En 1966 incorporouse ao Gabinete de Medallas, cando a colección de Jean e Marie Delepierre pasou a formar parte das coleccións nacionais, e en 1975 asumiu o cargo de directora do Gabinete de xeito interino, cando Georges Le Rider o deixou para acceder ao de administrador xeral da Biblioteca Nacional. En 1976, foi confirmada formalmente na dirección do departamento, posto que ocupou ata a súa xubilación a finais de 1987. Un dos logros máis salientables da súa etapa como directora do Gabinete de Medallas foi a transformación do seu museo, que abriu as súas portas ao público en 1981.[1]

Investigadora numismática editar

Hélène Nicolet foi unha gran coñecedora da numismática grega, materia sobre a que centrou as súas publicacións. Baixo a dirección do profesor profesor Henri Van Effenterre chegou a iniciar a súa tese de doutoramento sobre as cuñaxes da ila de Naxos, que non chegou a concluír, aínda que lle serviu para publicar varios artigos sobre o tema.[2] Os seus artigos sobre a moeda grega antiga e o Gabinete de Medallas publicáronse en diversas publicacións conxuntas e en revistas especializadas da súa época, como no Bulletin de correspondance hellénique, en Schweizerische Numismatische Rundschau e en Revue numismatique, publicada pola Sociedade Francesa de Numismática, que en 2006 lle dedicou un número especial de homenaxe.[1][3] Durante o seu período de dirección do Gabinete, Hélène Pierre Nicolet formou tamén parte da terna de directores de Revue Numismatique.[4]

En 1983 participou no proxecto internacional Sylloge Nummorum Graecorum coa publicación da Colección de Jean e Marie Delapierre, xunto con Georges Le Rider.[5] En 2002, publicou tamén unha monografía titulada Numismatique grecque, escrita en conxunto con Armand Colin.[1]

Publicacións editar

A seguir, preséntase unha escolma dos artigos publicados por Hélène Pierre-Nicolet ao longo da súa traxectoria científica, así como unha referencia dos seus traballos monográficos:[6][5]

Escolma de artigos editar

Monografías editar

  • (1981). Louis-Félicien-Joseph Caignart de Sauley, 1807-1880 (con D. Guerin). Bibliothèque nationale, París. ISBN 9782717715811
  • (1983). Sylloge Nummorum Graecorum France. Bibliothèque Nationale. Cabinet des Médailles, Collection Jean et Marie Delapierre (con G. le Rider). Bibliothèque nationale, París.
  • (2002). Numismatique grecque. Armand Colin, París. ISBN 978-2200217815

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire.
  2. Véxase "Bibliografía" (1999).
  3. "Journée en l'honneur d'Hélène Nicolet-Pierre". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 162. 2006. Páxinas 7-116.
  4. "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). Páxina 47.
  5. 5,0 5,1 "Travaux de numismatique grecque publiés par Hélène Nicolet-Pierre". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 162. 2006. Páxinas 13-17.
  6. "Nicolet-Pierre, Hélène 1930- Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Predecesor:
Georges Le Rider
Directora do
Gabinete de Medallas de París

1976-1987
Sucesor:
Cécile Morrisson