Guillermo Meijón

político galego

Guillermo Antonio Meijón Couselo, nado en Pontecesures o 14 de marzo de 1958, é un mestre e político socialista galego.

Modelo:BiografíaGuillermo Meijón

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
9 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
30 de novembro de 2011 – 27 de outubro de 2015

Circunscrición electoral: Pontevedra

Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Partido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

Páxina webguillermomeijon.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: guillermomeijon Twitter: guillermomeijon Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación. Aprobou as oposicións a mestre e exerceu o posto con distintos destinos dende 1979.

Na súa traxectoria como político, foi escollido concelleiro do PSdeG-PSOE na cidade de Pontevedra nas locais de 1999, e reeditou o seu posto nas municipais de 2003. A metade de lexislatura concorreu nas listas socialistas ao Parlamento de Galicia, e foi elixido por Pontevedra nas galegas de 2005 e reelixido nas de 2009. Na cámara galega ocupouse das tarefas relacionadas coa política educativa.

En 2011 foi elixido deputado por primeira vez, nas xerais de 2011. Volveu ser elixido deputado nas xerais de 2015

Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidato na lista do PSdeG-PSOE ao Congreso pola Provincia de Pontevedra, resultando elixido deputado.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar