Gregorio Cenitagoya González

guerrilleiro antifranquista

Adolfo Gregorio Cenitagoya González, coñecido como Asturiano, nado en Muros (Asturias) o 3 de abril de 1921 e finado en Baiona o 15 de febreiro de 2018,[1] foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaGregorio Cenitagoya González
Biografía
Nacemento3 de abril de 1921 Editar o valor em Wikidata
Muros de Nalón, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 2018 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Baiona, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiMercedes González López Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Terceiro fillo do vasco José Cenitagoya Echeandía e da galega Mercedes González López, cando tiña tres anos a familia trasládase a San Esteban de Pravia. O seu pai estaba afiliado ao PCE e participou xunto co fillo máis vello na revolución de Asturias de 1934. Como consecuencia o pai tivo que marchar a Francia e o seu irmán foi detido e torturado. A nai quedou con sete fillos ao cargo e Gregorio tivo que deixar a escola para traballar no porto. Na campaña electoral de febreiro de 1936 apoiou á Fronte Popular.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 uniuse ao comité de guerra; a familia permaneceu en San Esteban ata que foi evacuado cando as tropas rebeldes o tomaron o 7 de setembro. O pai embarcounos no tren con destino ás concas mineiras. Gregorio enrolouse e foi destinado a un batallón de minadores-zapadores que estaba fortificando a fronte en Candamu e pouco despois foi integrado no Batallón de Infantaría nº 251 Pablo Iglesias como axudante de cociña e de correo. Durante un permiso en Avilés, onde estaba a súa nai que formou parte do Comité Antifascista, sufriu un bombardeo da aviación rebelde cando axudaba a uns feridos e perdeu un pulmón. Cando caeu a fronte de Asturias en outubro de 1937, volveu coa súa nai a San Esteban de Pravia. Ao ser recoñecidos por uns falanxistas, foron detidos. Foi recluído no campo de concentración de Candás e logo obrigado a traballar na estrada de Lluanco a Cabo de Peñas (Gozón), onde sufría malleiras de falanxistas e gardas civís. En 1938 puido fuxir a Sarria, onde estaban os seus avós maternos e o seu pai fuxido. A súa nai foi condenada a vinte anos polas súas actividades políticas republicanas. Marchou traballar co seu pai a Madrid e despois a Valencia onde foi detido por roubar uns ovos de galiña. Estivo catro meses no cárcere e ao saír regresou a Sarria. Montou unha célula comunista e contactou coa guerrilla.

Cara a 1943 integrouse na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia mandada por Xosé Castro Veiga con José Pardo Rodríguez, Maximino Rodríguez Pérez, Julián Mateo Vázquez e Julio Fernández Rodríguez. Logrou pasar a Francia a principios de 1947, onde xa estaban o seu irmán e o seu pai. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba, Elías López Armesto e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.[2] Nos anos cincuenta marchou a Chile e a Arxentina, pero volveu a Francia. Intentou entrar en España en 1960, pero foi detido en Irún e devolto a Francia despois de varios días. Obtivo un pasaporte e puido a viaxar a Asturias e Galicia. En 2013 volveu novamente para visitar San Esteban de Pravia e presentar un poemario.[3]

Obras editar

  • Con sentimiento y amor, mi vida y mis recuerdos, 2012, Colectivo Misiva.

Vida persoal editar

Casou en Galicia con Fina López nos anos corenta, e foi pai de Carlos Cenitagoya López.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 50. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar