Mercedes González López

política galega


Mercedes González López, nada en Sarria o 18 de xaneiro de 1900 e finada en Riga en 1969, foi unha política galega.

Infotaula de personaMercedes González López
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Morte1969 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Riga, Letonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGregorio Cenitagoya González Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Jesús González Díaz e Carmen López. Pasou a súa xuventude en Gernika-Lumo como sobriña do carcereiro da prisión. Alí coñeceu a José Cenitagoya Echeandía, preso que viñera fuxindo da Primeira guerra mundial en Francia. Casaron e foron vivir a Muros (Asturias) cando José conseguiu un traballo no ferrocarril. Aos poucos anos instaláronse en San Esteban de Pravia. Como consecuencia da revolución de Asturias de 1934 o seu home, militante do PCE, fuxiu a Francia e o seu fillo máis vello foi detido e torturado. Mercedes quedou soa con sete fillos ao seu cargo. Iniciou a súa militancia no Partido Comunista de España nesas datas.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu en San Esteban ata que as tropas rebeldes tomaron a vila o 7 de setembro; foi evacuada xunto cos seus fillos nun tren con destino ás concas mineiras. Instalouse en Avilés, onde formou parte do Comité Antifascista e foi secretaria do Socorro Vermello Internacional. En setembro de 1937 os seus fillos Adolfo, Francisco, Carmen, Manuel e Mercedes foron evacuados desde El Musel con dirección a Saint-Eser (Francia), para rematar en Leningrado.

Cando caeu a fronte de Asturias en outubro de 1937, volveu a San Esteban de Pravia co seu fillo Gregorio. Ao ser recoñecidos por falanxistas, foron detidos. Librou de ser fusilada no piñeiral de Salinas in extremis e foi recluída en San Esteban, nos almacéns de Gurín. Foi trasladada ao cárcere de Pravia estando embarazada de xemelgos. Foi condenada a vinte anos polas súas actividades políticas republicanas e estivo nas prisións de Oviedo (onde naceron os seus fillos José Luis e Juan) e Bilbao. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1938,[1] e un segundo expediente en decembro de 1943.[2] Logrou pasar a Francia onde estaban exiliados o seu home e o seu fillo. Viaxou á Unión Soviética co seu home en 1954 para reunirse cos seus fillos. Permaneceu na URSS como pensionista instalándose en Riga, onde morreu en 1969.

Vida persoal editar

Casou con José Cenitagoya Echeandía e foi nai de once fillos, entre eles Gregorio Cenitagoya González.

Notas editar

  1. Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo, 17-11-1938, p. 3.
  2. Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo, 11-1-1944, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar