Xosé Arias Fernández

guerrilleiro antifranquista galego

Xosé Arias Fernández, coñecido como Cristo ou Dapena, nado en Paredes de Arriba (Castro de Rei de Lemos, Paradela) en 1918 e finado no mesmo lugar o 27 de maio de 1954,[1] foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Modelo:BiografíaXosé Arias Fernández
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor en Wikidata
Paredes de Arriba, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 1954 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Paredes de Arriba, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 517

Traxectoria

editar

Fillo de Manuel Arias e Florentina Fernández. Próximo ao Partido Comunista de España botouse ao monte e participou en accións contra a Garda Civil como lugartenente de Xosé Castro Veiga Piloto. En 1946 foi elixido segundo xefe da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, participou en case todas as súas accións. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba e Elías López Armesto en febreiro de 1948.[2] En 1949 dispersáronse os restos da III Agrupación e Xosé volveu ao seu lugar natal, onde se agochou. O 27 de maio de 1954 morreu nun enfrontamento coa Garda Civil mentres se preparaba para marchar ao estranxeiro.

  1. Máiz, Bernardo; op.cit. páx. 166.
  2. El Progreso, 29-2-1948, p. 2,

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar