Gregory Clinton Foster, nado o 3 de outubro de 1968 en Oakland (California), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que disputou trece tempadas da NBA en nove equipos diferentes. Con 2,11 metros de altura, xogaba na posición de ala-pivote. Foi campión da liga profesional na tempada 2000-01 con Los Angeles Lakers. Actualmente traballa como adestrador asistente nos Milwaukee Bucks.

Greg Foster
Posición Ala-pivote
Dorsal 42, 44, 45, 40
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Nacemento 3 de outubro de 1968 (55 anos)
Oakland (California)
Carreira
Universidade UCLA
NBA Draft 1990 / Rolda: 2 / Elección: 35
Por Washington Bullets
Tempadas 19892003
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     2 538 (3,9 pp)
Rebotes     1 691 (2,6 pp)
Asistencias     351 (0,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria editar

Universidade editar

Comezou a súa andaina universitaria na Universidade de California, Os Ánxeles, a popular UCLA, onde xogou as súas dúas primeiras tempadas, coincidindo no equipo con Reggie Miller.[1] Pero a súa falta de oportunidades fixéronlle ser transferido á Universidade de Texas-El Paso, onde no seu ano júnior coincidiu con dúas futuras estrelas da NBA, Tim Hardaway e Antonio Davis, cos que gañou ese ano o título da Western Athletic Conference. Na súa tempada sénior logrou os seus mellores rexistros, facendo 15,0 puntos e 6,3 rebotes por partido, repetindo título da WAC.[1]

No total da súa carreira universitaria fixo 8,2 puntos e 5,2 rebotes por partido.[2] Antes da celebración de Draft da NBA, Foster chegou a xogar en Galicia co Club Baloncesto Breogán, na liga ACB, onde fixo medias de 17,7 puntos e 10 rebotes por encontro.[3]

Profesional editar

Foi elixido na trixésimo quinta posición do Draft da NBA de 1990 por Washington Bullets, equipo co que asinou contrato, e onde disputou os seus dúas primeiras tempadas. Foi desde o primeiro momento un xogador de banco, algo que non variaría ao longo da súa dilatada carreira. Pouco despois de comezar a tempada 1992-93 foi cortado polo equipo, converténdose en axente libre. Quince días despois de quedar no paro, foi contratado por Atlanta Hawks,[1] onde pasou a ser o terceiro ala-pivote do equipo, por detrás de Kevin Willis e Jon Koncak, xogando apenas seis minutos por noite nos trinta e tres partidos que disputou en Atlanta.[4]

Ao ano seguinte foi cortado polos Hawks pouco antes de comezar a tempada, fichando por Milwaukee Bucks, onde apenas disputou 3 partidos antes de verse de novo na rúa, non volvendo aparecer na liga durante toda a sesión. En 1994 ficha por Chicago Bulls, pero unicamente disputa 17 partidos antes de ser novamente despedido. Catro días despois, xa tiña novo equipo, os Minnesota Timberwolves, onde xogou o resto da tempada.

Na tempada 1995-96 ficha por Utah Jazz, onde por fin lograría unha estabilidade que até ese momento non tivera. Co equipo mormón disputou 4 tempadas, sendo no seu primeiro ano o terceiro pivote do equipo, tras Felton Spencer e Greg Ostertag, facendo 3,8 puntos e 2,4 rebotes en 11 minutos por partido.[1] Ao ano seguinte formou unha poderosa tripleta de pivotes xunto a Greg Ostertag e Antoine Carr, axudando ao seu equipo a acabar con 64 vitorias na tempada regular, primeiros da División Medio Oeste. Fixo 3,5 puntos e 2,4 rebotes por encontro,[5] pero acabou a fase regular moi forte, facendo 6,5 puntos nos seus 11 últimos partidos. Chegou cos Jazz ás Finais da NBA, xogando o mellor partido da súa carreira cando o seu equipo máis o necesitaba, tras empezar perdendo os dous primeiros partidos. No terceiro, Foster conseguiu 17 puntos e 6 rebotes, o segundo máximo anotador tras Karl Malone, axudando ao seu equipo a poñerse 2-1 nas finais.[6] A pesar diso o seu equipo acabaría perdendo 4-2 ante os Bulls de Michael Jordan.

Ao ano seguinte repetiríase a historia, cos Jazz accedendo de novo ás Finais, caendo derrotados por idéntico marcador outra vez ante os Bulls. Foster xogou ese ano 49 dos 78 partidos que disputou como titular, logrando as súas mellores estatísticas da súa carreira profesional, con 5,7 puntos e 3,5 rebotes por partido.[7] Xogou un ano máis en Utah, perdéndose media tempada por lesión.

En 1999 ficha por Seattle SuperSonics, onde conta con moi poucas posibilidades de xogo, e ao ano seguinte recala nos Los Angeles Lakers, equipo co que chega ás Finais e co que gaña o que ao cabo sería o seu único título de campión, aínda que unicamente disputou tres minutos nas series finais.[1] Xogou durante dúas tempadas máis na liga profesional, de novo nos Bucks e o seu último ano en Toronto Raptors, pero disputando unicamente un total de 35 partidos entre as dúas tempadas. Retirouse a finais da tempada 2002-03, con 34 anos de idade. No total da súa traxectoria profesional fixo 3,9 puntos e 2,6 rebotes por partido.

Logros editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Greg Foster Bio". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2010. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  2. Ficha de Foster en TDR
  3. "Estatísticas de Foster en ACB.com". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  4. "1992-93 Atlanta Hawks". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2009. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  5. "1996-97 Utah Jazz". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2020. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  6. Chicago Bulls at Utah Jazz Box Score, June 6, 1997
  7. "1997-98 Utah Jazz". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2010. Consultado o 18 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar