Grao
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo grao designa en xeral un nivel dunha determinada escala. No entanto, pódese definir máis especificamente nos seguintes campos:
- Grao académico como distinción académica en educación.
- Grao, en gramática, de comparación ou significación dun adxectivo; Graos comparativo e superlativo en Wikibooks.
- Grao en matemática, ademais de ser o nome de distintas unidades de medida de ángulos nomea:
- o grao dun polinomio e, por extensión, do dunha ecuación polinómica
- o grao dunha extensión de corpos
- o grao na teoría de grafos.
- Grao, en metroloxía, é a unidade de ángulo no plano. Existen varias escalas:
- Grao sesaxesimal, cando a circunferencia se divide en 360 graos.
- Grao centesimal, cando a circunferencia se divide en 400 graos.
- Grao como unidade de temperatura. Existen varias escalas, nas que na actualidade están vixentes:
- o grao Celsius;
- o grao Fahrenheit.
- Grao como unidade de acidez: Dornic, graos Soxleth-Henkel e graos Thorn.
- Grao, en xeoloxía (sismoloxía), é a unidade de medida da intensidade dun sismo: graos Richter, graos Mercalli etc.
- O símbolo grao (°)
- Grao de parentesco entre persoas.
- Grao de dureza da auga, que comprende varias escalas (grao hidrotimétrico, alemán, francés...).
- Grao alcohólico, porcentaxe de alcohol en volume que contén unha bebida alcohólica.
- Grao da escala que, en música,designa a posición dunha nota dentro da escala musical.
- Grao ou grau: formas non estándares (dialectais) da palabra gran.