Gonzalo Fernández de la Mora

político español
(Redirección desde «Gonzalo Fernández de la Mora y Mon»)

Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, nado en Barcelona o 30 de abril de 1924 e finado en Madrid o 10 de febreiro de 2002, foi un político e ensaísta español.

Gonzalo Fernández de la Mora
Nome completoGonzalo Fernández de la Mora y Mon
Nacemento1924 e 30 de abril de 1924
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento10 de febreiro de 2002
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico, diplomático e Intelectual
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz de la Orden Civil de Sanidad, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, premio Mariano de Cavia, Gran Cruz de Afonso X o Sabio e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
Na rede
Dialnet: 965328
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cando tiña dous anos a súa familia trasladouse a Madrid e durante un tempo viviu en Galicia (Mondariz, Guitiriz e Vigo), de volta a Madrid estudou filosofía e letras e dereito, e en 1946 entrou na Escola Diplomática e alí entrou en contacto con grupos monárquicos liberais. Membro do Consello Privado de Xoán de Borbón dende 1959. Progresivamente foise achegando ao círculo de poder franquista e foi nomeado subsecretario no Ministerio de Asuntos Exteriores e entre 1970 e 1974 foi ministro de obras públicas. Na transición fundou a Unión Nacional Española que foi un dos partidos que formou Alianza Popular que tiña a Fernández de la Mora como vicepresidente. Deputado por Pontevedra nas primeiras eleccións a Cortes (1977). Conselleiro da Xunta preautonómica. En 1977 deixou AP e a dirección da UNE cando deron o seu apoio á Constitución de 1978. En 1979 foi un dos fundadores do partido Derecha Democrática Española

Véxase tamén editar

Outros artigos editar