Gomariz, Leiro
parroquia civil do concello de Leiro
Santa María de Gomariz é unha parroquia do concello de Leiro, a medio camiño entre O Carballiño e Ribadavia. Segundo o IGE en 2011 tiña 153 habitantes (78 homes e 75 mulleres).
Gomariz | |
---|---|
![]() Fachada románica da Igrexa | |
Concello | Leiro[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 153 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
A igrexa de Santa Mariña de Gomariz, románica da segunda metade do século XII, está orientada cara ao río Avia. Tamén se atopa nesta parroquia a Casa dos Arias cun escudo timbrado con casco de fronte empenachado e orlado, divido en cinco cuarteis, os dous primeiros das familias Araujo e Feijoo, e os de Sotelo e Salgado. A casa pertence na actualidade á familia Sánchez da zona de Pena da Barra.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de GomarizEditar
Lugares da parroquia de Gomariz no concello ourensán de Leiro | |
---|---|