Berán, Leiro

parroquia civil e entidade local menor do concello de Leiro

San Breixo de Berán é unha entidade local menor e parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando tiña 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.

Berán
Igrexa de San Breixo de Berán.
ConcelloLeiro[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°21′04″N 8°08′35″O / 42.35104722, -8.14305833
Poboación184 hab. (2022)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro. Desde o 13 de decembro de 1924 está considerada unha das nove entidades locais menores de Galiza.

Patrimonio

editar

A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII,[2] con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada.

Festas e tradicións

editar

As festas patronais de Berán celébranse a finais do mes de xullo (19, 20 e 21), sendo o día grande o día de Santa Margarida, o día 20. Ademais, tamén se celebra o San Roque en agosto na capela do mesmo nome, no barrio de Trasouteiro, e a festa de Mozos e Vellos, tamén no mes de agosto.

A finais de outubro celébrase a festa do licor café, a única en Galicia dedicada a esta bebida tradicional galega.

Balneario

editar

O balneario de Berán está situado no lugar de Caldelas, na estrada comarcal que une Berán co concello limítrofe de Beade. As súas augas destacan polo seu alto contido en xofre, polo que se indican para problemas de pel (sobre todo a psoríase), reuma, trastornos hepáticos, dixestivos e respiratorios. As augas saen do manancial a unha temperatura media de 28 °C.

Na actualidade o balneario encóntrase nunha fase de transición que comezou no ano 1999, cando se comezaron as obras para a construción dun edificio novo. Non obstante, tras varios problemas xudiciais e políticos, e a pesar de estar rematada a obra, aínda se está a usar a instalación vella, que data de mediados do século XX.[3] As vellas instalacións constan dunha pequena piscina de auga termal ao aire libre, sete bañeiras individuais, duchas, vestiarios e unha fonte para a bebida.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Berán

editar
Lugares da parroquia de Berán no concello ourensán de Leiro

Berán | Caldelas

Parroquias de Leiro

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro

Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar