Bieite, Leiro

parroquia civil do concello de Leiro

Santo Adrao de Bieite é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 123 habitantes, deles 54 eran homes e 69 eran mulleres, isto supón un aumento de habitantes en relación ao ano 2002.

Bieite
Vista de Bieite co río Avia ó seu carón.
ConcelloLeiro[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°20′34″N 8°07′33″O / 42.34280556, -8.12591944
Poboación97 hab. (2022)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar
 
Igrexa de Santo Adrao de Bieite.
 
Escultura de Santo Adrao na fachada da igrexa.

A igrexa parroquial é barroca, do século XVIII, con retablos desta época e custodia do renacemento. A sancristía está abovedada e posúe retablo rococó presidido por un Cristo.

O monumento máis representativo é o Calvario, situado a 50 m da igrexa, da que parte un Via crucis delimitado por un pequeno muro, que chega ata aquel.

No centro do recinto están os tres cruceiros cunha mesa de ofrendas. Os cruceiros son sinxelos, sen imaxes nos crucifixos, alzados sobre un baseamento común, duns 3 x 1,2 m de base e 0,5 de altura, cuns chanzos de acceso. A cruz central, a de maior tamaño.

Os tres cruceiros son distintos entre eles, de bastante antigüidade pero posiblemente feitos en diferentes momentos. Posiblemente o Calvario foi construído recuperando materiais procedentes doutros lugares.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Bieite

editar
Lugares da parroquia de Bieite no concello ourensán de Leiro

Barzamedelle | Bieite

Parroquias de Leiro

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro

Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar