Glaucus atlanticus

especie de molusco

Glaucus atlanticus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Heterobranchia
Infraclase: Opisthobranchia
Orde: Nudibranchia
Suborde: Dexiarchia
Infraorde: Cladobranchia
Parvorde: Aeolidida
Superfamilia: Aeolidioidea
Familia: Glaucidae
Xénero: Glaucus
Especie: G. atlanticus
Nome binomial
Glaucus atlanticus
Forster, 1777
Sinonimia
  • Doris radiata Gmelin, 1791
  • Glaucus distichoicus d'Orbigny, 1837
  • Glaucus flagellum Blumenblach, 1803
  • Glaucus hexapterigius Cuvier, 1805
  • Glaucus lineatus Reinhardt & Bergh, 1864
  • Glaucus longicirrhus Reinhardt & Bergh, 1864

Glaucus atlanticus é unha especie de pequena lesma de mar de cor azul, un nudibranquio peláxico e un molusco gasterópodo sen cuncha da familia Glaucidae.[1] descrito por Georg Forster en 1777. Este nudibranquio peláxico, coñecido pola súa distintiva coloración azul, habita nas augas abertas de mares temperados e tropicais en todo o mundo, por exemplo nos do Brasil ou Mozambique, onde é chamado dragão azul, anjo azul e andorinha azul do mar.[2]

Descrición editar

 
Ilustración científica da disección ventral dun Glaucus atlanticus. Vaillant A. N. Atlas Zoologique du Voyage de la corvette La Bonite. París, Arthus Bertrand, Editeur, 1841.

O Glaucus atlanticus alcanza unha lonxitude de 3 a 4 cm e presenta un corpo troncocónico aplanado. A súa parte dorsal é de cor azul prateada, mentres que ventralmente é de un azul máis pálido con franxas azuis escuras ou negras ao longo do pé. Os seus cerata, seis apéndices que se ramifican en raios, conteñen nematocistos extraídos das súas presas.

Hábitat e comportamento editar

Esta especie é estritamente peláxica e flota boca abaixo na tensión superficial do océano, grazas a un saco de gas que ten no seu estómago. Aliméntase de organismos peláxicos como algúns cnidarios velenosos (a carabela portuguesa, Physalia physalis), dos cales extrae e almacena os nematocistos para a súa defensa, e mesmo chegou a presentar canibalismo.

Importancia para a investigación editar

A capacidade de Glaucus atlanticus para acumular e reutilizar os nematocistos das súas presas é de particular interese para os científicos, proporcionando datos sobre a evolución da inmunidade e toxicidade entre os nudibranquios.

Notas editar

  1. Lalli, C. M.; Gilmer, R. W. (1989). Pelagic snails: the biology of holoplanktonic gastropod mollusks. Stanford University Press. p. 224. ISBN 978-0-8047-1490-7. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  2. "Formas de vida estranhas e fascinantes". D. Anna; www.tudoporemail.com.br (en portugués). 2021-01-03. Consultado o 2024-04-22. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.