Canibalismo (zooloxía)
En zooloxía, o canibalismo é o acto dun individuo dunha especie que come a todo ou unha parte dun individuo da mesma especie para alimentarse. O canibalismo é común nas interaccións ecolóxicas no reino animal e foi rexistrada en máis de 1 500 especies.[1]
O caniblismo non ocorre soamente, como antes se cría, como resultado dunha extrema escaseza de comida ou en condicióis artificiais, senón que tamén é común en condicións naturais en diversas especies.[1][2][3] O canibalismo parece ser especialmente frecuente en comunidades acuáticas, nas cales aproximadamente o 90% dos organismos presentan canibalismo nalgún momento do seu ciclo de vida. O canibalismo tampouco está restrinxido ás especies carnívoras, senón que se encontra tamén nalgunhas herbívoras e detritívoras.[2]
Canibalismo sexual
editarO canibalismo sexual é un caso especial de canibalismo no cal unha femia mata e come un macho conespecífico antes, durante ou despois da copulación. Raramente, se inverten estes papeis.[4][5] O canibalismo sexual foi detectado por exemplo nas femias de barbantesas, das arañas Latrodectus e dos escorpións, entre outros.
Camibalismo estruturado polo tamaño
editarO canibalismo estruturado polo tamaño é aquel na que os individuos máis maduros, grandes e vellos comen a outros máis novos da súa especie. Nas poboacións estruturadas por tamaño (que están formadas por individuos de varios tamaños, idades e graos de madurez), o canibalismo pode ser responsable do 8% (no roedor Urocitellus beldingi) ao 95% (en larvas de libélulas) da mortalidade total,[6] polo que que un factor importatne na dinámica das poboacións[7] e da comunidade.[8]
O canibalismo estruturado por tamaño foi observado comunmente na ntureza en varios taxons. Un exemplo en vertebrados son os chimpancés, nos que se observou que grupos de machos adultos atacaban e comían crías en certos casos.[9][10][11]
Canibalismo filial
editarO canibalismo filial é un tipo específico de canibalismo estruturado polo tamaño no cal os adultos comen a súa propia proxenie.[12] Aínda que normalmente se considera que consiste en que os pais coman os fillos, tamén inclúe o consumo polos pais de fetos mortos e abortados e ovos infértiles ou aínda en incubación. Exemplos en vertebrados son os porcos, nos que os ataques da nai ás crías supoñen unha porcentaxe considerable das mortes de bácoros (que despois ás veces come), os gatos,[13] e o demo de Tasmania, que come os neonatos que non conseguen chegar a algunha das catro tetas do animal.
O canibalismo filial é especialmente común en peixes teleósteos, e dáse en polo menos dezasete familias.[14] Dentro deste diverso grupo de peixes, propuxéronse moitas e variadas explicacións do posible valor adaptativo do canibalismo filial. Unha destas é a hipótese baseada na enerxía, que suxire que os peixes comen os seus descendentes cando teñen pouca enerxía como un investimento para o seu éxito reprodutivo futuro.[12] Isto foi apoiado por probas experimentais que mostraron que os machos das especies Gasterosteus aculeatus (espiñentos),[12][15][16] Etheostoma olmstedi[17] e Aidablennius sphynx[18] comen ou absorben os seus propios ovos para manter as súas condicións físicas.
Outra hipótese sobre o valor adaptativo do canibalismo filial en teleósteos é que incrementa a supervivencia dos ovos dependente de densidade. Noutras palabras, o canibalismo filial simplemente incrementa o éxito reprodutivo global ao axudar que os outros ovos que quedan cheguen á madurez ao diminuír a súa cantidade. Posibles explicacións disto son o incremento da dispoñibilidade de oxíxeno para o resto dos ovos,[19] os efectos negativos da acumulación de residuos dos embrións,[20] e a predación.[20]
Nalgunhas especies de avespas eusociais, como Polistes chinensis, a femia reprodutora mata e dá de comer as larvas máis novas ás súas crías máis vellas. Isto ocorre cando hai escaseza de comida para segurarse que a primeira xeración de obreiras emerxa sen atraso.[21] Outras evidencias suxiren que ocasionalmente o canibalismo filial podería ser o subproduto infortunado da infidelidade en peixes. Os machos consomen niñadas, que poden incluír a súa propia descendencia, cando cren que unha certa porcentaxe da niñada contén material xenético que non é o seu.[15][22]
Antes sospeitábase que os dinosauros Coelophysis practicaban esta forma de canibalismo, pero isto considérase agora incorrecto, aínda que Deinonychus pode que si o fixese. Os restos esqueléticos de subadultos con partes desaparecidas sospéitase que foron comidos por outros Deinonychus adultos.
Infanticidio
editarUn concepto relacionado co canibalismo é o infanticidio. O infanticidio consiste en que un animal adulto mate a outro non adulto da mesma especie. O infanticido está ás veces acompañado de canibalismo, pero non sempre. Un exemplo son os leóns, nos que o macho que conquista ao territorio a outro macho dominante anterior adoita matar todas as crías existentes do macho anterior; isto fai que as leoas entren en celo rapidamente e el poida enxendrar as súas propias crías. Este é un bo exemplo de canibalismo nun contexto xenético.
Canibalismo intrauterino
editarO canibalismo intrauterino é un comportamento que presentan algunhas especies carnívoras, nas cales se forman moitos embrións, pero só nacen un ou dous. Os maiores e máis fortes comen os outros menos desenvolvidos como unha fonte de nutrientes en estado embrionario.
Na adelfofaxia ou embriofaxia, o feto come os embrións dos seus irmáns, mentres que a oofaxia consiste simplemente en alimentarse de ovos.[23][24]
A adelfofaxia ocorre nalgúns gasterópodos mariños (caliptreidos, murícidos, vermétidos e buccínidos) e nalgúns anélidos mariños (Boccardia proboscidia en Spionidae).[25]
Sábese que hai caniblismo intrauterino en tiburóns lamniformes[26] como o Carcharias taurus, e na píntega Salamandra salamandra,[27] e tamén nalgúns peixes teleósteos.[24] As quimeras fósiles Delphyodontos dacriformes do Carbonífero sospéitase que practicaban o canibalismo intrauterino, debido aos afiados entes dos xuvenís neonatos (ou posiblemente abortados), e a presenza de materia fecal nos intestinos dos xuvenís.[28]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 G. A. Polis, The evolution and dynamics of intraspecific predation. Annual Review of Ecology and Systematics 12, 225-251 (1981).
- ↑ 2,0 2,1 Laurel R. Fox, Cannibalism in natural populations. Annual Review of Ecology and Systematics 6, 87-106 (1975).
- ↑ M. A. Elgar and B. J. Crespi (eds), Cannibalism: Ecology and evolution among diverse taxa. (Oxford University Press, New York, 1992).
- ↑ Kenwyn Blake Suttle (1999). "The Evolution of Sexual Cannibalism". University of California, Berkeley.
- ↑ Min-Li Tsai & Chang-Feng Dai (2003). "Cannibalism within mating pairs of the parasitic isopod Ichthyoxenus fushanensis" (abstract page). Journal of Crustacean Biology 23 (3): 662–668. doi:10.1651/C-2343.
- ↑ G. A. Polis, The evolution and dynamics of intraspecific predation. Annual Review of Ecology and Systematics 12, 225-251 (1981)
- ↑ David Claessen, A. M. De Roos, and L. Persson, Population dynamic theory of size-dependent cannibalism. Proceedings of the Royal Society of London Series B-Biological Sciences 271 (1537), 333-340 (2004)
- ↑ V. H. W. Rudolf, Consequences of stage-structured predators: Cannibalism, behavioral effects and trophic cascades. Ecology 88, 2991-3003 (2007)
- ↑ A. C. Arcadi and R. W. Wrangham, Infanticide in chimpanzees: Review of cases and a new within-group observation from the Kanyawara study group in Kibale National Park. Primates 40 (2), 337-351 (1999).
- ↑ M. L. Wilson, W. R. Wallauer, and A. E. Pusey, New cases of intergroup violence among chimpanzees in Gombe National Park, Tanzania. International Journal Of Primatology 25 (3), 523-549 (2004).
- ↑ D. P. Watts, J. C. Mitani, and H. M. Sherrow, New cases of inter-community infanticide by male chimpanzees at Ngogo, Kibale National Park, Uganda. Primates 43 (4), 263-270 (2002)
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Rohwer, S. 1978. Parent Cannibalism of Offspring and Egg Raiding as a Courtship Strategy. American Naturalist 112:429-440.
- ↑ Hartwell, S, Cats that kill kittens
- ↑ Manica, A. 2002. Filial cannibalism in teleost fish. Biological Reviews 77:261-277.
- ↑ 15,0 15,1 Mehlis, M., T. C. M. Bakker, L. Engqvist, and J. G. Frommen. 2010. To eat or not to eat: egg-based assessment of paternity triggers fine-tuned decisions about filial cannibalism. Proceedings of the Royal Society B-Biological Sciences 277:2627-2635.
- ↑ Mehlis, M., T. C. M. Bakker, and J. G. Frommen. 2009. Nutritional benefits of filial cannibalism in three-spined sticklebacks (Gasterosteus aculeatus). Naturwissenschaften 96:399-403.
- ↑ DeWoody, J. A., D. E. Fletcher, S. D. Wilkins, and J. C. Avise. 2001. Genetic documentation of filial cannibalism in nature. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 98:5090-5092.
- ↑ Kraak, S. B. M. 1996. Female preference and filial cannibalism in Aidablennius sphynx (Teleostei, Blenniidae); a combined field and laboratory study. Behavioural Processes 36:85-97.
- ↑ Payne, A. G., C. Smith, and A. C. Campbell. 2002. Filial cannibalism improves survival and development of beaugregory damselfish embryos. Proceedings of the Royal Society of London Series B-Biological Sciences 269:2095-2102.
- ↑ 20,0 20,1 Klug, H., K. Lindstrom, and C. M. S. Mary. 2006. Parents benefit from eating offspring: density-dependent egg survivorship compensates for filial cannibalism. Evolution 60:2087-2095.
- ↑ Kudo, K.; Shirai, A. (5 January 2012). "Effect of food availability on larval cannibalism by foundresses of the paper wasp Polistes chinensis antennalis". Insect Soc. 59: 279–284.
- ↑ Gray, S. M., L. M. Dill, and J. S. McKinnon. 2007. Cuckoldry incites cannibalism: male fish turn to cannibalism when perceived certainty of paternity decreases. American Naturalist 169:258-263.
- ↑ Thierry Lodé 2001. Les stratégies de reproduction des animaux (reproduction strategies in animal kingdom). Eds Dunod Sciences, Paris
- ↑ 24,0 24,1 Crespi, Bernard; Christina Semeniuk (2004). "Parent-Offspring Conflict in the Evolution of Vertebrate Reproductive Mode". The American Naturalist 163 (5): 635–654. PMID 15122484. doi:10.1086/382734.
- ↑ Thomsen O., Collin R. & Carrillo-Baltodano A. (2014). "The Effects of Experimentally Induced Adelphophagy in Gastropod Embryos". PLoS ONE 9(7): e103366. doi 10.1371/journal.pone.0103366.
- ↑ Hamlett, William C.; Allison M. Eulitt; Robert L. Jarrell; Matthew A. Kelly (1993). "Uterogestation and placentation in elasmobranchs". Journal of Experimental Zoology 266 (5): 347–367. doi:10.1002/jez.1402660504.
- ↑ Stebbins, Robert C.; Nathan W. Cohen (1995). A Natural History of Amphibians. Princeton, NJ: Princeton University Press. p. 9. ISBN 0-691-10251-1.
- ↑ Lund, R. 1980. Viviparity and intrauterine feeding in a new holocephalan fish from the Lower Carboniferous of Montana. Science, 209: 697‑699.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Canibalismo |
- M. A. Elgar e Bernard J. Crespi (eds.). 1992. Cannibalism: Ecology and Evolution of Cannibalism among Diverse Taxa Oxford University Press, Nova York. (361pp) ISBN 0-19-854650-5