Giambattista della Porta

(Redirección desde «Giovanni Battista della Porta»)

Giovanni Battista della Porta, así mesmo coñecido como Giovan Battista della Porta ou Giambattista della Porta, nado en Vico Equense en 1535 e finado en Nápoles en 1615, foi un astrónomo, alquimista, comediógrafo, filósofo natural e investigador tardorrenacentista italiano.

Infotaula de personaGiambattista della Porta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1535 Editar o valor em Wikidata
Vico Equense (Reino de Nápoles) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de febreiro de 1615 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Nápoles (Reino de Nápoles) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSan Lorenzo Maggiore (en) Traducir, controfacciata 40°51′03″N 14°15′29″L / 40.850931, 14.258119 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAlquimia Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncriptógrafo , dramaturgo , astrólogo , filósofo , médico , inventor , físico , químico , matemático , astrónomo Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresDonato Antonio Altomare (pt) Traducir e Giovanni Antonio Pisano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX929224

Traxectoria

editar

Publicou pronto a Magia naturalis; escribiu unha Criptologia e un Ars reminiscendi, sobre a memoria, tema moi desenvolvido no século XVI, pero é lembrado pola súa obra De humana physiognomonia.[1] Foi, doutra banda, autor de numerosos descubrimentos experimentais tales como a cámara escura (o concepto de "cámara" en óptica introduciuno por primeira vez o físico e matemático musulmán Alhacén) e a "lanterna máxica"[2] (tamén atribuída ao xesuíta Athanasius Kircher que o seguiu no tempo), así como as primeiras e rudimentarias ideas ou propostas sobre como construír un anteollo astronómico.

Magiae naturalis sive de miraculis rerum naturalium

editar

En 1558 publicou a Magiae naturalis. No prefacio, afirma que escribiu a obra, orixinalmente en catro volumes, aos quince anos. Posteriormente, tivo nove edicións, nas que pasou até un total de vinte volumes, finalmente reunidos nun só volume en 1584: este compendio foi amplamente difundido e traducido do latín ás principais linguas europeas.

O traballo trata sobre divulgación científica, cosmoloxía, xeoloxía, óptica, vexetais, medicamentos, velenos, cociña, transformacións químicas de metais, destilación, coloración de vidro, esmaltes e materiais cerámicos, propiedades magnéticas, cosmética, pólvora, criptografía. Cítanse autores antigos, como Aristóteles e Teofrasto, pero tamén coñecementos contemporáneos. Trátase, porén, dunha compilación escolástica, non baseada na súa propia actividade investigadora, senón no estudo de autores antigos e modernos. Nunha das edicións describiu unha cámara escura equipada cunha lente convexa.

As viaxes e a Accademia secretorum naturae

editar

En 1563 publicou un traballo de criptografía, o De Furtivis Literarum Notis, no que describe o primeiro exemplo de substitución poligráfica codificada, sinalando o concepto de substitución polialfabética.[3] Por este traballo considérase o maior criptógrafo do Renacemento.

Neste período, no que xa se consolidaba a súa fama, presentoulle ao rei Filipe II o seu libro de criptografía e tamén viaxou por Francia e Italia. De 1566 é unha publicación sobre Arte del ricordare, posteriormente reeditada en latín, en 1602.

Della Porta fundara a Accademia Secretorum Naturae (Academia dos Segredos); para pertencer a ela era necesario demostrar un novo descubrimento científico, descoñecido para o resto da humanidade, no ámbito das Ciencias Naturais. Porén, non foi precisamente o método científico o que se valorou, senón o carácter "marabilloso" do descubrimento. Coa sospeita da implicación no ocultismo, Della Porta foi cuestionado pola Inquisición en 1579 e a Academia fechada por orde papal, porén, sen levantar obxeccións aos seus estudos de ciencias naturais. Entre 1579 e 1581 foi acollido en Roma e despois en Venecia e Ferrara polo cardeal Luigi d'Este.

En 1583 publicou o tratado Pomarium sobre o cultivo de árbores froiteiras e ao ano seguinte o Olivetum, máis tarde incluído na súa enciclopedia sobre agricultura. En 1586 publicou co editor J. Cacchi di Vico Equense a obra De humano physionomonia, que máis tarde influiría na obra do suízo Johann Kaspar Lavater. En 1599, co editor Tarquinio Longo de Nápoles, publicou unha segunda edición ampliada. A súa obra Phytognomics (1588) enumera as plantas segundo a súa localización xeográfica.

En 1589 a súa casa foi frecuentada por Tommaso Campanella e en 1592 retomou, nunha nova estancia en Venecia a amizade con Paolo Sarpi. Tamén coñeceu a Giordano Bruno antes do seu encarceramento. A partir desa data, por orde do inquisidor veneciano, Della Porta tivo que solicitar permiso para as súas publicacións en Roma. En 1593 coincidiu en Padua con Paolo Sarpi e con Galileo. En 1601 recibiu en Nápoles o nobre francés Nicolas-Claude Fabri de Peiresc. En 1603 coñeceu o mozo Federico Cesi e foi invitado a Praga polo emperador Rodolphe II, ao que dedicou o tratado sobre Taumatoloxía, hoxe perdido.

Tamén escribiu sobre óptica (De refractione optiques, en 1589), agricultura (Villae, en 1592), astronomía (Coelestis physionomoniae en 1601), hidráulica e matemáticas (Pneumaticorum, en 1602), arte militar (De munitione, en 1606), meteoroloxía (De aeris transmutationibus, en 1609), e química (De distillatione en 1610). A súa obra de lectura manual (Chirofisinomia), escrita en 1581, non foi publicada até moito despois da súa morte, en 1677.

Galería de imaxes

editar
  • Magia naturalis, 1558 (definitiva, 1589)
  • Criptologia
  • Ars reminiscendi, 1566
  • De humana physiognomonia, 1586 e 1601
  1. "Un manual de 1586 que compara a humanos y animales" (en castelán). Consultado o 2022-02-16. 
  2. Durbin, P. T. (2012-12-06). Philosophy of Technology: Practical, Historical and Other Dimensions (en inglés). Springer Science & Business Media. ISBN 978-94-009-2303-4. 
  3. Foi por este acusado de plaxio por Giovan Battista Bellaso, quen afirmou ser o primeiro en propoñer este tipo de cifrado

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • J. Caro Baroja, Historia da fisiognómica, Madrid, Istmo, 1998.
  • M. Torrini (ed.), Giovan Battista della Porta nell'Europa do suo tempo, Nápoles, Guida, 1990. 

Ligazóns externas

editar