Alhazen
Abu Ali al-Hasan Ibn Al-Haitham (en árabe: أبو علي، الحسن بن الحسن بن الهيثم), latinizado como Alhazen, nado en Basora en 965 e finado no Cairo en 1040, foi un matemático e astrónomo árabe.
Abu Ali al-Hasan Ibn Al-Haitham أبو علي، الحسن بن الحسن بن الهيثم | |
---|---|
![]() Alhazen | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de xullo de 965 EC[1] (354 CM)[2] |
Lugar | Basora hoxe en día en Iraq. |
Falecemento | 6 de marzo de 1040 (74 anos)[1] (430 CM)[3] |
Lugar | O Cairo, Exipto, Califato fatimida |
Residencia | Basora e O Cairo |
Actividade | |
Campo | óptica, astronomía, matemáticas |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Book of Optics |
Influído por | Averroes, Roger Bacon, Witelo |
Influíu en | Aristóteles, Euclides, Tolomeo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Físico e matemático árabe, Alhazen foi pioneiro no estudo da óptica, enxeñería e astronomía. Segundo Giambattista della Porta, foi o primeiro en explicar o fenómeno dos corpos celestes no horizonte, aínda que Roger Bacon atribúe este descubrimento a Tolomeo.
O seu tratado de óptica Kitab al-Manazir foi traducido ao latín por Witelo en 1270, a obra gozou de gran reputación durante a Idade Media. O libro de Alhazen é posiblemente o traballo máis antigo en usar o método científico: Alhazen empregou os resultados de experimentos para probar as súas teorías. A influencia de Alhazen chegou ata Francis Bacon e Johannes Kepler.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Lorch 2008
- ↑ Charles M. Falco (novembro 27–29, 2007). "Ibn al-Haytham and the Origins of Computerized Image Analysis" (PDF). International Conference on Computer Engineering & Systems (ICCES). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2011. Consultado o 2010-01-30.
- ↑ Franz Rosenthal (1960–1961). Brill Publishers, ed. "Al-Mubashshir ibn Fâtik. Prolegomena to an Abortive Edition". Oriens 13: 132–158 [136–7]. JSTOR 1580309.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alhazen |
Bibliografía Editar
- Lorch, Richard (2008). "Ibn al-Haytham". Encyclopædia Britannica. Consultado o 2008-08-06.