Giacomo Devoto, nado en Xénova o 19 de xullo de 1897 e morto en Florencia o 25 de decembro de 1974, foi un glotólogo e lingüista italiano, un dos mellores nestas disciplinas do século XX neses país.

Giacomo Devoto
Nome completoGiacomo Devoto
Nacemento19 de xullo de 1897
Lugar de nacementoXénova
Falecemento25 de decembro de 1974
Lugar de falecementoFlorencia
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Ocupaciónlingüista, profesor universitario e romanista
Coñecido porIl Devoto–Oli
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

En 1939 fundou con Bruno Migliorini a revista Lingua Nostra[1]. En xaneiro de 1945, xusto despois da caída da República Social Italiana, fundou en Florencia xunto con Piero Calamandrei, Corrado Tumiati, Enzo Enriques Agnoletti e Paride Baccarini a AFE: Associazione Federalisti Europei [2], confluíndo despois no Movemento Federalista Europeo fundado por Altiero Spinelli, no que tivo nos anos 1947-1948 un papel de primeira orde.

Recibiu doutoramentos "honoris causa" pola Universidade de París, Basilea, Estrasburgo, Berlín (Humboldt), Cracovia, Zagreb e Lima.

Foi Presidente da Accademia della Crusca a partir de decembro de 1963, Académico de Dinamarca e Finlandia, Emérito de glotoloxía e Reitor da Universidade de Florencia. Foi, finalmente, un dos máximos expertos a nivel internacional de lingüística indoeuropea (Origini indoeuropee, 1962), latina (Storia della lingua di Roma, publicado en 1940) e italiana (Avviamento alla etimologia italiana, de 1968, Il linguaggio d'Italia, editado en 1974 etc.).

Os estudos Editar

Entre as úas contribucións á indoeuropeística figura tamén a elaboración do concepto de "periindoeuropeo", é dicir, todo o que presenta caracteres híbridos indoeuropeos e non indoeuropeos ("anaindoeuropeos"). O termo indica tanto linguas como territorios ("áreas" ou "fasces peri-indoeuropeas2) pero tamén pobos e outras cousas. O periindoeuropeo preséntase nunha esfera marxinal respecto á área de difusión indoeuropea, onde tradicións estrañas á indoeuropea se terían alterado progresivamente polo contacto coas indoeuropeas. Pode ser visto como un "indoeuropeo periférico" en formación, definida por Devoto como unha «indoeuropeidade aproximativa». Devoto propuxo e sostivo a definición da lingua etrusca como periindoeuropea[3].

Obras Editar

  • Antichi italici. 1931.
  • Storia della lingua di Roma. Capelli Editore, 1991, I ed. 1939.
  • Pelasgo e peri-indeuropeo (1943) in Studi etruschi, Firenze, Olschki, 1971.
  • Studi di stilistica, 1950.
  • I fondamenti della storia linguistica. 1951.
  • Profilo di storia linguistica italiana. 1953.
  • Origini indoeuropee. Edizioni di Ar, 2008, I ed.1962.
  • I dialetti delle regioni d'Italia. Sansoni, Firenze 1972, con Gabriella Giacomelli.
  • Le origini e la lingua dei Lettoni in "Lettonia". 1939 (Res Balticae 1997).
  • Le letterature dei paese baltici. (a cura di), Sansoni 1969.

Notas Editar

  1. "Ficha sobre Lingua nostra en LeLettere.it". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2009. 
  2. Cfr. Piero Calamandrei e la Costituzione, Atti del Convegno tenuto a Salice Terme nel 1997, Milán, M&B, 1997, pp. 59-60.
  3. Giacomo Devoto, Pelasgo e peri-indeuropeo (1943) in Studi etruschi, Florencia, Olschki, 1971.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Voce "Giacomo Devoto" in AA.VV., Biografie e bibliografie degli Accademici Lincei, Roma, Acc. dei Lincei, 1976, pp. 891–892.
  • Luigi Heilmann, Ricordando Giacomo Devoto (1897-1974), in «Atti dell'Accademia delle Scienze dell'Istituto di Bologna. Rendiconti», LXIII/2 (1974-1975), pp. 279–301

Ligazóns externas Editar