O gazpacho ou gaspacho[1] é unha sopa fría elaborada con ingredientes en cru, tradicional do sur da Península Ibérica. Desde tempos moi antigos era unha versión fría das sopas de allo, é dicir que ten como ingredientes básicos pan, auga, aceite de oliva, allo, cogombro e sal, ás veces sós, coma no gazpacho estremeño, e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo ovo cocido (así é no gazpacho cordobés).

Gazpacho

Nome orixinalgazpacho Editar o valor en Wikidata
Subclase desopa fría, prato de tomate e alimento Editar o valor en Wikidata
Temperaturafrío Editar o valor en Wikidata
Pratoprato principal Editar o valor en Wikidata
Gastronomíagastronomía de España e gastronomía de Portugal Editar o valor en Wikidata
Ingredientes
tomate, aceite de oliva, vinagre, zume de limón, sal común, xeo, pan, tomate, pementeira, cogombro, pemento, auga potable, cebola e allo Editar o valor en Wikidata
Orixe
País de orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Relacionados
CoincidenteAjoblanco (pt) Traducir e salmorejo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
TasteAtlasEditar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as améndoas na variante chamada ajoblanco de Andalucía oriental (Granada e Málaga); noutros casos, laranxas amargas coma en Sevilla ou a fariña de fabas secas. Á hora de servir poden poñerse por enriba uns anacos pequenos de alimento, tropezones, que no caso do ajoblanco tradicionalmente son uvas.

Ingredientes para unha variedade de gazpacho.
  1. "DICIONARIO DE ALIMENTACIÓN E RESTAURACIÓN". p. 123. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 3 de febreiro de 2015.