Gaio Xulio Fedro

Caio ou Gaio Xulio Fedro[a], nado ca. -15 e finado ca. 50, foi un fabulista romano. Seguidor de Esopo, introduciu mordaces alusións contemporáneas.

Gaio Xulio Fedro
Phaedrus Fabulist 1745 engraving.jpg
Nacementoanos 20 a. C.xuliano
Lugar de nacementoMacedonia Central
Falecementoanos 50xuliano e 50
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor e poeta
Na rede
Bitraga: 76 Discogs: 3410159 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fedro foi un escravo orixinario de Macedonia. Recibiu a liberdade de mans de Augusto e desenvolveu a súa actividade literaria durante os reinados de Tiberio, Calígula e Claudio.

PublicaciónsEditar

Publicou en cinco libros a súa colección de fábulas latinas en verso. Moitos dos temas destas composicións están tomados de Esopo; outros, con todo, proceden da súa experiencia persoal ou inspíranse na sociedade da súa época.

CaracterísticasEditar

Como el mesmo declara no prólogo da súa obra, a fábula foi inventada porque os escravos, medorentos do castigo se ousaban dicir o que sentían, enmascararon as súas ideas expresándoas en forma de fábulas para evitar con bromas finxidas as reaccións violentas dos seus señores.

Sexa ou non real esta afirmación, o certo é que no cento unha fábulas de Fedro que se conservaron apréciase con claridade a intención didáctica e moralizante que introduce o breve relato, protagonizado preferentemente por animais. Nelas desenvólvese o concepto de protesta social, adaptándoo ao contido e aos costumes da súa época. Altivo e ambicioso, quixo conferir ao apólogo moralista popular a elegancia e o garbo da poesía.

 
Clásicos en Galego 2: Fábulas.

Con todo, aínda que Fedro confesa que só se limita a representar de forma xenérica a vida e os costumes dos homes do seu tempo (ipsam vitam et mores hominum ostendere), o certo é que as veladas alusións críticas a personaxes contemporáneos valéronlle un proceso por parte de Sexano, o poderoso prefecto do pretorio e favorito do emperador Tiberio.

NotasEditar

  1. En latín, C. Iulius Phaedrus.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar