tvG2

canle de TV pública de Galicia
(Redirección desde «G2»)

A tvG2[1], ata setembro do 2009 chamada G2, é a segunda canle de televisión da Corporación de Radio-Televisión de Galicia.

tvG2
Inicio das emisións 2 de febreiro de 2009 (15 anos)
Operado por TVG
Propiedade de CRTVG
Formato da imaxe 720p HDTV
Datos de audiencia 0,9% (Xullo de 2013, VerTele)
Slogan A outra galega
País Galicia Galicia
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Sede central Santiago de Compostela
Nome(s) anterior(es) G2 (Febreiro - setembro do 2009)
Canle/s irmá(s) TVG
TVG Europa
TVG América
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 25 (A Coruña)
40 (Santiago)
59 (Lugo)
50 (Ourense)
58 (Pontevedra)
Cable
R Dial 118
Televisión por Internet
TVG á carta TVG á carta

Na rede
Páxina web da CRTVG

Características

editar

A súa programación de luns a venres está enfocada a un público infantil e xuvenil, e ten tamén espazos culturais e de divulgación. A fins de semana céntrase no ámbito deportivo, incluíndo retransmisións da Primeira RFEF, da Segunda RFEF, da Terceira RFEF, da Liga Galega de Traiñeiras, da Liga ACT e do Campionato Mundial de Motocrós entre outras.

A canle emite só en TDT as 24 horas do día, desde que o 14 de setembro de 2009 se presentase a nova grella de programación, na que a G2 é unha canle con programación completa. A súa cota de pantalla é do 0,8%.

En setembro do 2009 a canle cambiou o seu nome de G2 a tvG2.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar