Francisco Rey Drox

político e guerrilleiro antifranquista

Francisco Rey Drox, coñecido como Coronel Chacama ou Comandante Chacama, nado en Naranjito (Porto Rico)[1] en 1893 e finado en Burgos o 25 de decembro de 1960, foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaFrancisco Rey Drox
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata
Naranjito, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Burgos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Rey Pena, tenente da Garda Civil, e Francisca Drox, asentados en Pontevedra. Soldado en Marrocos, foi condecorado en 1916 coa Cruz do Mérito Militar pensionada.[2] Marchou a Arxentina en 1919 e instalouse en Rosario. Foi viceconsul de España nesa cidade a alí casou con Aurea Vidal Rodríguez en 1925.[3] Retornou a España en xullo de 1928.[4] Foi mozo da Subdelegación de Pesca de Getaria en 1934,[5] renunciando ao posto en 1935.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Murcia como sospeitoso a finais de xullo.[6] Loitou no exército leal alcanzando o grao de maior.[7] Detido, estivo preso en Cartaxena e despois na Prisión de Murcia,[8] e saíu en liberdade provisional en xullo de 1944.[9] Exiliado en Francia, volveu do exilio para loitar coa guerrilla. Asentouse en Ourense como empregado. Foi un dos membros do comité provincial do Partido Comunista de España en Ourense reconstituído no verán de 1942. A súa muller Aurea Vidal foi detida no Pereiro de Aguiar en agosto de 1943, reclamada por un xulgado de Barcelona.[10] Detido en febreiro de 1945, acusado na causa 94/45 de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Comesaña, Leandro Aroca, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González e Rosa González Calvo, foi posto en liberdade por falla de probas. Foi procesado con Víctor García García, Estanislao Cantero Izquierdo e Teófilo Fernández Canal na causa 75/1946 da Coruña.[11] Volveu ser procesado na causa 159/1946 da Coruña contra Marta Pérez Mellid e outros.[12]

Detido o 1 de setembro de 1947, foi procesado polo xulgado militar Para la represión del Comunismo, la Masonería y el espionaje con outras 19 persoas na causa 438/1947, acusado de ser o promotor dun grupo pertencente ao Socorro Rojo Internacional e introducir o movemento da Unión de Intelectuales Libres en Galicia. Afrontaba outras dúas acusacións no xuízo e como tiña procesos previos, foi condenado a 20, 12 e 6 anos, un total de 38 anos.[13] Morreu na prisión de Burgos en decembro de 1960.

Notas editar

  1. Outras fontes afirman que naceu no municipio de Bayamón (Porto Rico).
  2. El Progreso, 12-3-1916, p. 3.
  3. El Heraldo Gallego, 23-8-1925, p. 8.
  4. El Heraldo Gallego, 22-7-1928, p. 5.
  5. Boletín Oficial del Ministerio de Marina
  6. El Tiempo, 30-7-1936, p. 2.
  7. Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 6-9-1938, p. 916.
  8. Expediente personal del recluso Francisco Rey Drox
  9. BOE, 22-8-1944, p. 6363.
  10. El Pueblo Gallego, 18-8-1943, p. 11.
  11. La Voz de Galicia, 10-4-1946, p. 2.
  12. La Voz de Galicia, 7-5-1946, p. 2.
  13. Amnistie. Conférence d'Europe occidentale pour l'amnistie aux emprisionnés et exilés politiques espagnols, p. 11.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-079-3. 

Ligazóns externas editar