Francisco Carbia Fariña

agrarista e político galego

Francisco Carbia Fariña, nado en Paradela (A Estrada) en 1860 e finado en Cordeiro a principios de marzo de 1933[1], foi un agrarista e político galego que chegou a ser alcalde de Valga durante dous meses.

Infotaula de personaFrancisco Carbia Fariña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1860 Editar o valor em Wikidata
Paradela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1933 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Cordeiro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Valga
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba. Retornou da emigración en 1908. Foi un dos fundadores do Sindicato Agrario de Cordeiro, do que foi vicepresidente e presidente a partir de 1918. Coa ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Valga a partir do 9 de marzo de 1924 xunto ao seu fillo Celestino Carbia Campaña. Porén ambos dimitiron do cargo un ano despois como “protesta ante a forma en que se efectuou a segregación da freguesía de San Xulián de Requeixo para constituír o Concello de Pontecesures”. O 17 de abril de 1931 o goberno provisional da República nomeouno presidente da Xunta provisional do Concello de Valga. Permaneceu na alcaldía apenas dous meses, ata que o 5 de xuño Maximino Mosquera Castromán tomou posesión como alcalde electo.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Valga
 
1931
Sucesor:
Maximino Mosquera Castromán

Vida persoal editar

Casou en Forno con Francisca Campaña Bandín e foi pai de Celestino Carbia Campaña, que tamén sería alcalde de Valga, fusilado en 1937.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 4-3-1933, p. 11.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Palicio, Alejandro. "As telleiras de Valga e comarca e as fábricas de cerámica (1850-1965)". (XV Premio de investigación Xesús Ferro Couselo).
  • Soutelo Vázquez, Raúl. "Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: Unha microanálise dende Valga" (VIII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo).

Ligazóns externas editar