Cordeiro, Valga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Santa Comba de Cordeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.166 habitantes (1020 homes e 1146 mulleres), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.327 habitantes.
Cordeiro | |
---|---|
![]() igrexa parroquial | |
Concello | Valga[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′35″N 8°40′56″O / 42.69305556, -8.68222222Coordenadas: 42°41′35″N 8°40′56″O / 42.69305556, -8.68222222 |
Poboación | 2166 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada ao pé do monte Fontebecha, a última altura significativa cara ao norte do cordal no que se atopa o Monte Xiabre.
HistoriaEditar
En 1028 Bermudo III doou esta vila ao bispado de Compostela. Nese momento o topónimo era Cordario[2]. No lugar existiu un mosteiro até 1478, na súa orixe feminino e despois de cóengos.
PatrimonioEditar
Até o século XVIII existiu a Igrexa vella de Santa Comba de Louro, construción medieval sobre un templo tardorromano. Logo do seu abandono, a súa pedra foi utilizada para a construción da actual igrexa, situada 300 m máis ao norte.
A igrexa parroquial é unha colexiata de estilo barroco, rematada en 1733. Ten planta de cruz latina con bóveda de canón e cuberta a dúas augas. O cruceiro ten bóveda de aresta e cuberta a catro augas. A nave está dividida en tres tramos por arcos faixóns. No primeiro hai altares laterais con arco de medio punto, no segundo xanelas cadradas formando lunetos na bóveda, e no terceiro coro con balaustrada. A sancristía está acaroada á ábsida. A fachada ten porta alintelada moldurada, fornela con volutas, xanela rectangular, remate a dúas augas con pináculo e cruz. A torre – campanario é lateral con decoración de placas e escaleira de subida con patín sobre columnas.
Embutido na parede dunha casa particular do lugar de Beiro consérvase un panel dun baldaquino que representa o nacemento de Xesús.
No lugar de Vilar érguese un cruceiro de capela, único exemplar que se conserva nesta tipoloxía fóra da súa área de distribución, que se limita á comarca de Barbanza.
Galería de imaxesEditar
|
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CordeiroEditar
Lugares da parroquia de Cordeiro no concello de Valga (Pontevedra) | |
---|---|
Balleas | Barcia | Barro | Beiro | A Canle | A Carballa | Carracido | A Casanova | Castiñeiras | Os Cotriños | As Eiras | Ferreirós | O Forno | A Gandra | Laxes | Moldes | O Outeiro | Socastro | A Torre | Vilar | Vilarello |
Parroquias de ValgaEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Valga | |
---|---|
Campaña (Santa Cristina) | Cordeiro (Santa Comba) | Setecoros (San Salvador) | Valga (San Miguel) | Xanza (Santa María) |