O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Acada unha altitude de 641 metros no punto coñecido como Alto da Meda.

Monte Xiabre.
IX Rapa das Bestas do Xiabre en Catoira.

Características editar

Ten abundante vexetación, debido a ter unhas precipitacións anuais duns 1.500 mm. É o máis alto dunha serie de cumios da mesma serra, como Agudelo (413 m), Lobeira (290 m), A Xaiba ou Monte do Fento (280 m) ou o Pousadoiro (220 m).

Dende a aba oeste obsérvase Vilagarcía de Arousa e a ría de Arousa.

 
Vista desde Lobeira.

A zona de Fontefría é unha pradeira con regatos, que conta cunha área recreativa con mesas.

Nos últimos anos sufriu moitos incendios forestais que devastaron decenas de hectáreas. Un dos incendios máis importantes tivo lugar o 23 de agosto de 2005 que arrasou moitas zonas da montaña.

Este monte sufriu tamén, como outras zonas, a vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia, cando en Xiabre arderon centos de hectáreas que provocaron unha fumareda de máis de 5 quilómetros de radio.

No pico da Gaiba atópase un poboado castrexo aparentemente ben conservado. En diversos chans, como a denominada Rosa de Parroibas, localizáronse diversos túmulos funerarios de probable cronoloxía neolítica. Un destes túmulos, o máis grande, está nun esporón chamado Fonte Loureiro. Os veciños de Castrogudín contan diversas lendas que unen o castro da Xaiba co pobo a través dunha gabia (de onde viría o nome). Tamén sinalan a existencia dun túnel ou gabia dende Fonte Loureiro.

 
Monte Xiabre.

En 2007 a prensa publicou a localización de petróglifos neste monte.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar