Celestino Carbia Campaña

político galego

Celestino Carbia Campaña, nado en Valga cara a 1898 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1937, foi un político galego.

Infotaula de personaCelestino Carbia Campaña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Valga, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Valga
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Francisco Carbia Fariña, foi fundador do Sindicato Agrario de Cordeiro e impulsor do cooperativismo. Coa ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Valga a partir do 9 de marzo de 1924 xunto ao seu pai Francisco Carbia. Porén ambos dimitiron do cargo un ano despois como “protesta ante a forma en que se efectuou a segregación da freguesía de San Xulián de Requeixo para constituír o Concello de Pontecesures”. Logo das elección de 1931 foi concelleiro de Valga e tenente de alcalde. Asumiu a alcaldía ao renunciar Maximino Mosquera por problemas de saúde. Foi alcalde de Valga até 1933. Presidente de Izquierda Republicana de Valga,[1] foi reposto como alcalde despois do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar foi condenado a pena de morte e fusilado en Pontevedra o 11 de maio de 1937. Soterrado no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, a súa familia logrou traer os seus restos en 1977 ao cemiterio de Cordeiro.


Predecesor:
Maximino Mosquera Castromán
  
Alcalde de Valga
 
1931 - 1933
Sucesor:
?
Predecesor:
?
  
Alcalde de Valga
 
1936
Sucesor:
Andrés García Cortés

Querela arxentina contra os crimes do franquismo editar

A súa familia sumouse á Querela arxentina contra os crimes do franquismo.[2]

Notas editar

  1. El País, 11-2-1935, p. 2.
  2. Redacción. "A 'querela arxentina' suma a adhesión de cinco familias". Nós Diario. Consultado o 2021-04-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar