Fran Vieites
Francisco Barbosa Vieites, máis coñecido como Fran Vieites, nado en Pontecesures o 7 de maio de 1999, é un futbolista galego que xoga como porteiro no Betis, da Primeira División.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (gl) Francisco Barbosa Vieites 7 de maio de 1999 (25 anos) Pontecesures, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,96 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarFormouse como gardameta de fútbol nas categorías inferiores do Bertamiráns ata completar a súa etapa como cadete. Con só 15 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División, substituíndo a Fran Dacuña nos minutos finais dun partido ante o Cerceda no Roxo.[1] En 2015 ingresou na canteira do Celta de Vigo.[2] Tras xogar co xuvenil na División de Honra, para a tempada 2018/19 formou parte do Celta B na Segunda División B, aínda que non chegou a xogar ningún minuto, sendo Iván Villar o gardameta aliñado por Rubén Albés en case tódolos partidos. Debutou finalmente na tempada 2019/20, na que disputou 15 partidos co filial e foi convocado 6 veces polo primeiro equipo.
En setembro de 2020 fichou polo Lugo, da Segunda División, nun principio como terceiro porteiro por detrás de Ander Cantero e Varo.[3] Na tempada 2021/22 pasou a ser o segundo gardameta do equipo e na sexta xornada tivo a oportunidade de debutar ante o Cartagena, aproveitando a lesión do porteiro titular, Óscar Whalley.[4] Continuou defendendo a portería do Anxo Carro durante as seguintes 11 xornadas, ata a recuperación do aragonés.
En xullo de 2022 fichou polo Betis Deportivo, da Segunda División RFEF, onde foi titular indiscutible durante a 2022/23.[5] O 16 de setembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Betis na Primeira División, nun encontro ante o FC Barcelona no Lluís Companys, substituíndo na segunda parte ao lesionado Rui Silva. Entrou cando o marcador reflectía unha vitoria local por 2-0 e no minuto 62 encaixou o seu primeiro gol na máxima categoría, obra do valenciano Ferran Torres. Rafinha e João Cancelo completaron a goleada catalá (5-0).[6]
Dous meses despois, e por mor das baixas de Rui Silva e Claudio Bravo, volveu actuar co primeiro partido, disputando o derbi contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán.[7] Na seguinte xornada xogou ante o Las Palmas no Benito Villamarín, sendo un dos máis destacados do equipo bético, que gañou por 1-0.[8]
Para a tempada 2024/25 pasou a ser xogador do primeiro equipo a todos os efectos.[9]
Selección galega
editarFoi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[10]
Notas
editar- ↑ Díaz Rolle, Iván (9 de setembro de 2020). "Otro vuelo de A Madroa al Ángel Carro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2023.
- ↑ "Vieites firma por el Celta". canteiraceleste.com (en castelán). 10 de xuño de 2015. Consultado o 8 de decembro de 2023.
- ↑ Lorenzo, Álvaro (8 de setembro de 2020). "Vieites el futuro en la portería del Lugo". Marca (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2023.
- ↑ "El Lugo se pone en manos de Vieites". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2021 2021. Consultado o 8 de decembro de 2023.
- ↑ "Fran Vieites, nuevo refuerzo para el Betis Deportivo" (en castelán). 18 de xullo de 2022. Consultado o 8 de decembro de 2023.
- ↑ Sánchez, Gonzalo (17 de setembro de 2023). "El cesureño Fran Vieites debutó en Primera División" (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2023.
- ↑ "La emoción de Fran Vieites tras el derbi: rompe a llorar con su madre" (en castelán). 13 de novembro de 2023. Consultado o 8 de decembro de 2023.
- ↑ Lagos, Rubén (26 de novembro de 2023). "El héroe es Fran Vieites". As (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2023.
- ↑ "Fran Vieites tendrá ficha del primer equipo en la 24/25" (en castelán). 19 de marzo de 2024. Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).